Na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de lingua de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2025 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de lingua de signos.
Con data do 11 de xullo de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, requírelle a este tribunal que propoña dúas novas persoas aspirantes, xa que as propostas co número 1, Irene Rivas Veiras, e con número 2, Araceli Santos Bordello, presentaron a súa renuncia por ter obtido praza no proceso selectivo extraordinario de estabilización na mesma categoría, mediante o sistema de concurso.
A base IV.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas».
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de lingua de signos, pola que se fai pública a relación de dúas novas persoas aspirante que superaron o proceso, por orde das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025
Xulio Loureiro González
Presidente do tribunal
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
9 |
***2942** |
Vázquez Vázquez, María Elizabet |
Libre |
49,76 |
|
10 |
***2608** |
Andrade Seoane, Laura Irene |
Libre |
46,48 |
