DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43673

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, (DOG núm. 244, do 26 de decembro), pola que se fai pública a relación dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron este.

Na sesión que tivo lugar o día 7 de agosto de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 11 de abril de 2025 (DOG núm. 76, do 22 de abril), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con data do 5 de agosto de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 13, Concepción Bao Fente, presentou a súa renuncia e, polo tanto, perdeu o seu dereito a adquirir a condición de persoal laboral fixo na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, eliminando a persoa aspirante renunciante, reenumerando a orde de prelación a partir do posto número 13 e incorporando unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.

Así mesmo, acorda facer pública como anexo a esta resolución os datos da nova persoa aspirante, coa puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aos efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2025

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

Núm.orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

34

***7038**

Vázquez González, Iria

Libre

39,26