BDNS (Identif.): 850388.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/850388
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e as persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas, con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e sempre que cumpran os requisitos seguintes:
a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, a organización, a xestión, a distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.
b) Para o caso das persoas físicas (autónomas), estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.
2. Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións aquelas asociacións e fundacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.
Segundo. Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas e convócanse para o ano 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT404F).
Cuarto. Importe
Estas axudas financiaranse cun crédito total de 300.000 euros, distribuído en dúas anualidades, 150.000 euros na anualidade 2025 e 150.000 euros na anualidade 2026, imputables ás aplicacións orzamentarias 13.A1.432B.781.0 e 13.A1.432B.770.0, nos códigos de proxecto 2025 00001 e 2015 00003 da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025
José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais
