A Resolución desta Axencia do 17 de xuño de 2025 (publicada no DOG do 27 de xuño) establece o marco das axudas para as explotacións agrícolas adscritas á indicación xeográfica protexida (IXP) Faba de Lourenzá e convoca as do exercicio orzamentario de 2025 (código de procedemento MR302C).
As axudas convocadas consisten en subvencións de 2.000 euros por hectárea sementada con feixóns destinados a seren comercializados baixo a IXP Faba de Lourenzá. Con esta axuda preténdese compensar parcialmente os sobrecustos de produción destas explotacións ocasionados polas malas condicións meteorolóxicas sufridas nas últimas campañas –especialmente na colleita de 2024– e os seus efectos na rendibilidade desta actividade produtiva. As axudas outórganse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE núm. L 352, do 24 de decembro), e convocáronse baixo o réxime de concorrencia non competitiva.
Segundo o artigo 7 da devandita Resolución do 17 de xuño de 2025, o prazo de presentación de solicitudes era dun mes, polo que rematou o día 28.7.2025. Rematado ese prazo, presentáronse dezanove solicitudes de axuda, que son a totalidade das persoas titulares de explotacións agrícolas acollidas á IXP Faba de Lourenzá con declaración de sementeira en 2024.
Unha vez revisadas todas as solicitudes de axuda, comprobouse que dezaoito cumpren os requisitos establecidos nas bases reguladoras e unha delas debe ser denegada porque na comprobación de datos se detectou que a persoa solicitante non cumpre un dos requisitos establecidos na letra c) do artigo 4 da Resolución do 17 de xuño de 2025.
Ademais, dada a natureza e os fins destas axudas, de acordo co artigo 15 das bases reguladoras, non se precisa prazo de xustificación da subvención por parte das persoas beneficiarias, xa que todos os datos necesarios se achegan coa solicitude de axuda, ou están en poder da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Neste sentido, e segundo ese mesmo artigo, a xustificación da subvención opera de maneira automática coa comprobación dos requisitos de admisibilidade das persoas solicitantes da axuda. Deste xeito, despois de analizar e validar as solicitudes, pódese resolver e pagar a axuda.
Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Ademais, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 17 de xuño de 2025 (publicada no DOG núm. 122, do 27 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR302C). Estas axudas van con cargo á aplicación orzamentaria 15.A2.713D.781.0, código de proxecto 2011 00765, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Os/as beneficiarios/as e as contías destas axudas relaciónanse no anexo I desta resolución.
Estas axudas teñen por finalidade compensar parcialmente os sobrecustos de produción das explotacións agrícolas acollidas á IXP Faba de Lourenzá ocasionados polas malas condicións meteorolóxicas sufridas nas últimas campañas –especialmente na colleita de 2024– e os seus efectos na rendibilidade desta actividade produtiva.
Segundo. Informar do seguinte as persoas beneficiarias que figuran no citado anexo I desta resolución:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na citada Resolución do 17 de xuño de 2025, que as regula e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable. Ademais, estas axudas teñen o carácter de axudas de minimis, polo que deben cumprir o establecido no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE núm. L 352, do 24 de decembro).
b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tivéronse en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Calquera modificación que afecte esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, se for o caso.
c) Dada a natureza destas axudas, para o seu pagamento non é necesario achegar documentación adicional, de xeito que tras a concesión da axuda se fará o ingreso da subvención ás persoas interesadas sen máis trámites por parte delas.
d) Infórmase, ademais, de que os datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
Terceiro. Denegar a axuda económica á persoa solicitante que se relaciona no anexo II desta resolución.
As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2025
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
ANEXO I
Solicitudes aprobadas
|
Núm. expediente |
Nome/razón social |
DNI/CIF |
Superficie sementada (m²) |
Importe axuda (€) |
|
MR302C_2025_01 |
Gómez Comendeiro, Milagros |
***2007** |
18.330 |
3.666,00 |
|
MR302C_2025_02 |
Iglesias Recalde, Gema |
***9501** |
54.120 |
10.824,00 |
|
MR302C_2025_03 |
Gandeiría Muíño Comendeiro, S.C. |
J27361682 |
22.880 |
4.576,00 |
|
MR302C_2025_04 |
Lourido Gavín, Rosita |
***5893** |
5.132 |
1.026,40 |
|
MR302C_2025_05 |
Seijo Otero, María del Carmen |
***9210** |
23.908 |
4.781,60 |
|
MR302C_2025_06 |
Gandeiría Xocas, S.C. |
J27337351 |
14.300 |
2.860,00 |
|
MR302C_2025_07 |
Amieiro López, Ramona |
***9271** |
11.400 |
2.280,00 |
|
MR302C_2025_08 |
Varela Acebo, José Luis |
***9270** |
6.000 |
1.200,00 |
|
MR302C_2025_09 |
Marful Gayoso, José Ángel |
***2488** |
30.592 |
6.118,40 |
|
MR302C_2025_10 |
Casa Valego, S.C. |
J27422823 |
30.700 |
6.140,00 |
|
MR302C_2025_11 |
Fernández Rodríguez, Agustín |
***9443** |
9.210 |
1.842,00 |
|
MR302C_2025_12 |
Rodríguez Fanego, Mª José |
***6501** |
38.885 |
7.777,00 |
|
MR302C_2025_13 |
López Fernández, María Nelly |
***6535** |
5.023 |
1.004,60 |
|
MR302C_2025_15 |
Fabas Alma do Val, S.C. |
J27471259 |
41.011 |
8.202,20 |
|
MR302C_2025_16 |
Cuadrado Oural, José |
***3550** |
7.770 |
1.554,00 |
|
MR302C_2025_17 |
Terras da Mariña, S.C.G. |
F27453844 |
2.600 |
520,00 |
|
MR302C_2025_18 |
Rego da Fórnea, TC |
E13694344 |
10.415 |
2.083,00 |
|
MR302C_2025_19 |
Polo Casariego, Ana Belén |
***8221** |
8.328 |
1.665,60 |
|
340.604 |
68.120,80 |
ANEXO II
Solicitudes denegadas
|
Núm. expediente |
Nome/razón social |
DNI/CIF |
Causa da denegación |
|
MR302C_2025_14 |
Díaz López María Isabel |
***4426** |
Incumprimento dun requisito da letra c) do artigo 4 da Resolución do 17 de xuño de 2025 |
