Expediente: IN407A 2023/331-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: proxecto para LMT, CT e RBT Ladrido.
Concello: Ortigueira.
Feitos:
1. O día 11.7.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica (problemas de tensión baixa).
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Proxecto para LMT, CT e RBT Ladrido, asinado o día 3.4.2023 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 502 de Ourense; anexo 1, asinado por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 502 de Ourense, o 7.1.2025, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 9.11.2023.
• BOP: 23.11.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 16.10.2023 (Ed. Ferrol).
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 4.1.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Patrimonio Cultural, Deputación Provincial, ADIF e Concello de Ortigueira. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 18.2.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Ladrido, parroquia de Ladrido (Santalla), no concello de Ortigueira, e as súas características técnicas son as seguintes:
Modificación, sen alterar o seu actual trazado, da liña MEA-809 (antes, MEA-827) de 20 kV, no seu treito de 84,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio núm. 76-13 (matrícula: BBPR4DGC), de formigón tipo S-AL-HV-C, e o apoio con matrícula BBR8TNLT, metálico tipo AM-AL-CH-1000/13-CR, consistente en:
Instalación, intercalado entre os ditos apoios a unha distancia de 58,5 metros do apoio núm. 76-13, na parcela con referencia catastral 15062A013012350000TY, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), que se identifica no proxecto como apoio proxectado 1 (Pro-1). Neste novo apoio, que terá a condición de frecuentado, proxéctase a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control e dun paso aéreo-soterrado (PA/S).
Instalación, na parcela con referencia catastral 15062A013012150000TK, sita no lugar de Ladrido, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva).
Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 422 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 × 150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio proxectado 1 (Pro-1) e remate en cela de liña do CT proxectado.
4. Na visita realizada o 18.10.2024 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, salvo que se xustifique algunha das excepcións indicadas no dito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 21 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados concello de Ortigueira
LMT, CT y RBT Ladrido
|
Parcela proxecto |
Propietario/a titular |
Referencia catastral |
Paraxe |
Afección pleno dominio (LMT e CT e/o apoios) |
LMT subterránea (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/núm. do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido/a |
15062A013012150000TK |
Fabeiro |
CT e acceso |
21,26 |
Rústico. Agrario |
||
|
2 |
Descoñecido/a |
15062A013012350000TY |
Castiñeiral |
Novo apoio Pro-1 |
2 |
15 |
45,09 |
Rústico. Agrario |
