DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 14 de agosto de 2025 Páx. 44285

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se conceden as subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2025 (código de procedemento CT211B).

No Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 10 de marzo de 2025, publícase a Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT211B).

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificarase aos interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, https://www.cultura.gal

Segundo o artigo 16 da orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 15.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 de xullo de 2025, ao abeiro da Orde de 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT211B).

A suma total das axudas concedidas ascende a 500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Segundo. As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de novembro do ano 2025, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Terceiro. As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.

Así mesmo, e conforme o establecido no artigo 20 da orde de convocatoria, as entidades subvencionadas con esta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra a resolución de concesión poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se conceden as subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais no ano 2025 (código de procedemento CT211B)

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 9, 10, 11 e 12 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e logo da elevación da proposta de resolución definitiva polo órgano instrutor, ditará a resolución de concesión, debidamente motivada, de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Na resolución constará a identificación das entidades beneficiarias, o proxecto subvencionado e o importe subvencionado.

Os proxectos subvencionados ordenaranse por rigorosa orde de incoación dos expedientes.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVE:

Conceder as axudas sinaladas no anexo I ás entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 500.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de novembro do ano 2025, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.

Notificaralles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025. O conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude. P.D. (disposición adicional primeira da Orde do 24 de febreiro de 2025). Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

Núm.

Entidade

Proxecto

Importe

0006

Concello de Ourol

Mellora da accesibilidade no centro social-cultural de Ourol

19.000 €

0007

Concello de Monterroso

Mellora de tecnolóxicas e equipamentos na biblioteca pública municipal

1.500 €

0010

Concello de Muxía

Mellora nas instalacións da biblioteca pública municipal

22.500 €

0012

Concello de Valga

Medidas de seguridade e protección contra incendios, e equipamentos BPM

15.000 €

0019

Concello de Arteixo

Instalación-substitución de estores para protección da documentación da BPM

3.500 €

0022

Concello de Trazo

Supresión de barreiras arquitectónicas no local social de Viaño Pequeno

5.000 €

0023

Concello de Ferrol

Mellora do acondicionamento acústico da planta baixa da biblioteca pública municipal

12.500 €

0024

Concello de Ames

Equipamento para o Pazo da Peregrina de Bertamiráns

8.000 €

0026

Concello de Brión

Mellora do centro social polivalente para actividades culturais

9.500 €

0035

Concello de Mañón

Equipamento para a biblioteca pública municipal

4.000 €

0037

Concello do Carballiño

Investimento en medidas seguridade do auditorio

10.000 €

0038

Concello de Ponte Caldelas

Equipamento para a biblioteca pública municipal

3.300 €

0046

Concello de Santiso

Mellora de enerxética de novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña

25.500 €

0047

Concello de Beade

Rehabilitación de centro para uso cultural no anexo do pavillón municipal

24.500 €

0053

Concello de Bande

Equipamento xeral do salón de actos cultura

14.000 €

0057

Concello de Fene

Mellora de equipamento da biblioteca pública municipal

2.400 €

0063

Concello do Porriño

Proxecto de mellora de accesibilidade e eficiencia no centro cívico

25.000 €

0064

Concello das Somozas

Acondicionamento acústico do salón de actos do centro cívico sociocultural

8.000 €

0065

Concello de Miño

Mellora das condicións de equipamentos e técnicas do Centro Social A Rúa (BPM)

1.500 €

0066

Concello de Maceda

Acondicionamento da biblioteca municipal

9.100 €

0067

Concello de Trabada

Mellora da accesibilidade e renovación do local social na parroquia de Sante

12.000 €

0068

Concello de Cee

Adquisición de bucle magnético e divisores do auditorio da casa da cultura

6.000 €

0069

Concello de Oza–Cesuras

Adquisición de equipamento para o Museo da Fonte

11.000 €

0071

Concello de Cerdedo-Cotobade

Equipamento xeral do auditorio e biblioteca municipal sitos na casa da cultura

20.000 €

0072

Concello de Ortigueira

Mellora de equipamento da biblioteca pública municipal

4.000 €

0074

Concello de Cervo

Mellora de eficiencia enerxética funcionamento de local cultural na antiga escola Rúa

11.900 €

0078

Concello de Trasmiras

Acondicionamento escola de música casa da cultura

8.400 €

0079

Concello de Vila de Cruces

Medidas de prevención e protección contra incendios en local sociocultural

11.000 €

0080

Concello de Carnota

Mellora das instalacións da axencia de lectura municipal

11.500 €

0082

Concello de Noia

Pano cortalumes e actuación prevención de incendios no teatro Coliseo Noela

11.000 €

0091

Concello de Ribas de Sil

Mellora dos locais culturais do xeoparque

12.500 €

0097

Concello de Corcubión

Mellora da eficiencia enerxética na casa da cultura

27.000 €

0102

Concello de Burela

Adquisición de mobiliario para a biblioteca municipal

17.100 €

0104

Concello de Antas de Ulla

Eficiencia enerxética para novas aulas de lectura na antiga casa do conserxe anexa á casa da cultura

20.000 €

0106

Concello de Santa Comba

Equipamento para a biblioteca pública municipal

2.900 €

0110

Concello da Laracha

Mellora accesibilidade para a casa da cultura

10.000 €

0112

Concello de Chantada

Renovación do sistema de calefacción na casa da cultura (BPM)

30.000 €

0119

Concello de Ordes

Equipamento da biblioteca pública municipal

1.900 €

0124

Concello de Xermade

Mellora da fachada posterior da biblioteca pública municipal

6.500 €

0125

Concello de Melide

Subministración e instalación de equipamento escénico no Centro Sociocultural Mingos de Pita

8.500 €

0128

Concello de Outeiro de Rei

Mellora de accesibilidade e eficiencia enerxética no centro cultural municipal

10.000 €

0130

Concello de Zas

Equipamento cultural para o Auditorio de Baio

5.500 €

0139

Concello de Beariz

Equipamento informático na Biblioteca Pública Municipal de Beariz

2.500 €

0140

Concello de Foz

Modernización e mellora da Biblioteca Pública Salgado Toimil

15.000 €