No Diario Oficial de Galicia número 67, do 7 de abril de 2025, publicouse a Orde do 25 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215A).
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación.
De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.
O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificaráselles ás persoas interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude https://www.cultura.gal.
En consecuencia,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 29 de xullo de 2025, ao abeiro da Orde de 25 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215A).
O importe total das axudas concedidas ascende a 70.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.481.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Segundo. As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro de 2025, conforme as condicións e documentación establecidas no artigo 21 da orde de convocatoria.
As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.
Así mesmo, e conforme o establecido no artigo 20 da orde de convocatoria, as entidades subvencionadas con esta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra a resolución de concesión poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes, contado desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2025 (DOG número 67, do 7 de abril) pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2025.
Logo de ver as solicitudes de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.
O director xeral de Cultura, en virtude da delegación de atribucións pola persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude establecida na disposición adicional primeira da Orde do 25 de marzo de 2015, logo da elevación da proposta de resolución definitiva polo órgano instrutor, tal como establece o artigo 16 da dita orde,
RESOLVE:
Concederlles as axudas, polas contías que se indican, ás entidades que se relacionan no anexo I que se xunta.
A suma total das axudas concedidas ascende a 70.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.481.2 para subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro de 2025, conforme as condicións e documentación establecidas no artigo 21 da orde de convocatoria.
As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.
Así mesmo, e conforme o establecido no artigo 20 da orde de convocatoria, as entidades subvencionadas con esta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cómpre notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra esta resolución poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P. D (disposición adicional primeira da Orde do 25 de marzo de 2025). Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.
ANEXO I
|
Nº de expediente |
NIF |
Entidade |
Proxecto |
Importe |
|
CT215A-2025-01 |
G9****328 |
Asociación Ameixa Rock |
Ameixa Rock 2025 |
4.000 € |
|
CT215A-2025-04 |
G7****036 |
Asociación Os Liantes |
Festival de Música Bruón Folk |
1.000 € |
|
CT215A-2025-05 |
G9****303 |
Asoc. Cultural Morrazica |
XIV Kanekas Metal Fest |
5.000 € |
|
CT215A-2025-06 |
G01****535 |
Asoc. Cultural SonSistema |
Tremeterra IV Encontro de Sound Systema da Terra Brava |
4.000 € |
|
CT215A-2025-08 |
G3****729 |
Ribeira Sacra Cultural |
VII Fest Clásico Ribeira Sacra |
5.000 € |
|
CT215A-2025-09 |
G2****855 |
Asoc. Agrocuir da Ulloa |
X Festival Agrocuir da Ulloa |
6.800 € |
|
CT215A-2025-012 |
G9****722 |
Asoc. Cultural Bolarqueira |
IX Festival Nocedarock |
4.000 € |
|
CT215A-2025-013 |
G3****737 |
Asoc. Cultural Bela Auria |
Festival Internacional da Pedra |
6.000 € |
|
CT215A-2025-015 |
G3****952 |
Asoc. Cultural e Deportiva O Condado |
37º Festival de Poesía no Condado |
6.000 € |
|
CT215A-2025-018 |
G6****598 |
Lideiras Asociación Cultural |
Pícnic sesións |
2.700 € |
|
CT215A-2025-019 |
G1****358 |
Asociación de Gaiteiros Galegos |
XXXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional |
4.000 € |
|
CT215A-2025-020 |
G0****418 |
Asociación Sforza Bembrive |
IV Festival de Verán |
4.000 € |
|
CT215A-2025-025 |
G3****082 |
Asoc. CC Artístico e Recreativo Valadares |
XXXII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente |
4.000 € |
|
CT215A-2025-027 |
G2****296 |
Asociación Cultural Vertixe |
Festival Vertixe 13 |
6.000 € |
|
CT215A-2025-028 |
G3****893 |
Centro Social e Deportivo As Pedriñas |
IX Miúdo Fest |
1.500 € |
|
CT215A-2025-032 |
G3****928 |
Asociación Agrupación Musical do Rosal |
O Rosal Cámara Fest |
6.000 € |
