No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 263/2025 (procedemento abreviado), interposto por Andrea Rosa Ellacuría Torres contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto o 25 de marzo de 2025, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, fronte á desestimación, tamén por silencio administrativo, da solicitude de valoración do tempo traballado para dúas mutuas (Mutua Gallega e Ibermutua) en relación coa puntuación asignada nas listas de selección de persoal estatutario temporal (categoría: médico/a de familia).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
