DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44635

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

missing image file

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Gallega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Gallega de Innovación (en diante, Gain) ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que lles permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia; fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega; promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema galego de innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta; e favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

O 8 de abril de 2022 o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo polo que se aproba a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco das políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, e o 3 de febreiro de 2025, o Plan galego de investigación e innovación de Galicia 2025-2027, que concreta, desde un punto de vista operativo, este marco estratéxico.

A RIS3 de Galicia 2021-2027 aborda a través da I+D+i tres grandes retos para a economía e a sociedade galega e defíneos do seguinte xeito:

– O reto 1 está enfocado na xestión innovadora dos recursos naturais e culturais. O seu obxectivo é modernizar os sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– O reto 2 pretende aumentar a competitividade e o coñecemento do modelo industrial galego, incrementando a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia mediante tecnoloxías esenciais facilitadoras e a evolución das cadeas de valor.

– O reto 3 céntrase na promoción dun estilo de vida saudable e do envellecemento activo da poboación, posicionando Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun estilo de vida saudable e un modelo de envellecemento activo.

Para o despregamento dos retos, a RIS3 de Galicia 2021-2027 orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais (sustentabilidade, dixitalización e enfoque cara ás persoas). Así mesmo, conta con cinco obxectivos estratéxicos e os seus correspondentes programas.

O obxectivo estratéxico 3 busca impulsar o desenvolvemento das cadeas de valor estratéxicas para Galicia consolidando os segmentos en que existe masa crítica e completando progresivamente aqueles en que hai un menor desenvolvemento desde a perspectiva da especialización intelixente de Galicia. Este obxectivo estratéxico busca dar resposta a catro desafíos: completar os segmentos menos desenvolvidos nas cadeas de valor, incorporar un maior compoñente de transformación (maior valor engadido) nas cadeas de valor, sistematizar a colaboración entre segmentos e axentes da cadea de valor e estender e aproveitar as solucións de sostibilidade e dixitalización ao longo das cadeas de valor.

As unidades mixtas de investigación que responden aos 3 retos e ás 3 prioridades teñen como obxectivo estratéxico da RIS3 de Galicia 2021-2027 o número 3 mencionado anteriormente, integrándose no programa Completa e transfire, que pretende impulsar a definición e posta en marcha de proxectos transformadores e de impacto a través da colaboración e transferencia entre os diferentes axentes público-privados de Galicia.

O programa Colaboración estratéxica do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ten como obxectivo principal impulsar a conexión efectiva entre o coñecemento, a tecnoloxía e os sectores produtivos, promovendo un modelo de I+D+i baseado na colaboración activa e no fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas. Enfócase en reforzar as sinerxías entre os axentes da cuádrupla hélice –empresas, centros tecnolóxicos, universidades, administracións públicas e sociedade civil– mediante a implementación de instrumentos específicos que aumenten a visibilidade, a participación e a colaboración en proxectos innovadores de alto impacto. Entre as principais liñas de actuación deste programa, a liña 4.1 –I+D+i en colaboración– inclúe instrumentos para impulsar proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras.

Entre os instrumentos da liña 4.1 configúranse as unidades mixtas de investigación como unha ferramenta esencial para a integración da excelencia científica coas necesidades prácticas do sistema produtivo. Estes proxectos permitirán incrementar as capacidades de innovación en Galicia, promovendo a transferencia e valorización do coñecemento, así como a competitividade dos sectores estratéxicos da rexión. Ademais, fomentarán a captación de capital privado para garantir a sustentabilidade das iniciativas, reforzando a conexión entre a investigación e a industria e contribuíndo ao crecemento económico e social.

As unidades mixtas de investigación teñen como propósito o desenvolvemento de iniciativas colaborativas focalizadas nun contexto limitado de áreas de singularidade estratéxica para o conxunto da rexión mediante a creación de consorcios estratéxicos rexionais entre as universidades e os centros de innovación tecnolóxica coas empresas. Son unha fórmula importante de achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de investigación e valorización conxuntas, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:

– Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.

– Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.

– Posta en valor dos grupos de investigación.

– Aproximar os organismos de investigación á empresa.

– Atraer a Galicia liñas de I+D+i.

– Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

No ano 2014 a Gain pon en marcha o programa de Unidades mixtas de investigación como unha nova ferramenta no mapa de apoios públicos á innovación en Galicia destinada á atracción de capital privado para xuntar o coñecemento e as capacidades dos organismos de investigación galegos coas demandas de innovación do tecido empresarial mediante a constitución de grupos mixtos de traballo para a realización conxunta de actividades de I+D+i. Para o desenvolvemento do programa e como primeira fase deste, a Gain, periodicamente e en réxime de concorrencia competitiva, está a convocar axudas de tres anos de duración, para a creación, posta en marcha e funcionamento destas unidades.

Desde o inicio do programa puxéronse en marcha unidades mixtas de investigación no marco dos tres retos da RIS3 de Galicia, que contribuíron á creación de emprego cualificado, a impulsar a transferencia de I+D+i ao tecido empresarial galego, á atracción a Galicia de empresas foráneas líderes nos seus respectivos sectores, ao desenvolvemento das capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros e á mellora da competitividade das empresas.

Estes resultados puxeron de manifesto a conveniencia de contar, dentro do programa, cunha liña complementaria de axudas orientada á consolidación destas unidades, ampliando a súa duración en tres anos, cos obxectivos, entre outros, de fortalecer a alianza estratéxica organismo de investigación-empresa, manter a actividade investigadora e innovadora, ampliar o alcance, obxectivos e expectativas das liñas de investigación/traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas, pór en valor os resultados obtidos e conservar o emprego cualificado creado.

Así, nos anos 2018, 2020 e 2022, e como segunda fase do Programa de unidades mixtas de investigación, a Gain publica a primeira, segunda e terceira convocatorias de axudas destinadas á consolidación das unidades mixtas creadas ao abeiro das convocatorias dos anos 2014-2015, 2016-2017 e 2018, respectivamente.

O importante papel que están a desempeñar as unidades mixtas de investigación nos procesos de innovación galegos, como catalizadores da colaboración entre os distintos axentes do sistema galego de I+D+i e da mellora da competitividade das empresas a través da transferencia de coñecemento, revelaron a necesidade de contar cunha terceira fase no programa de unidades mixtas de investigación que servise de panca para o afianzamento, estabilidade e continuidade destes grupos mixtos de traballo a medio e longo prazo.

Os centros mixtos de investigación constitúen a terceira fase do programa de apoio ás unidades mixtas de investigación. Esta terceira fase representa o punto de partida para a estabilización das unidades mixtas de investigación a través dunha maior implicación e participación dos seus integrantes, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.

No ano 2022 a Gain publica a primeira convocatoria de axudas destinadas á constitución dos centros mixtos de investigación das unidades consolidas, ao abeiro das convocatorias dos anos 2017 e 2018.

Os resultados que están obtendo os primeiros centros mixtos de investigación creados ao abeiro da convocatoria do ano 2022 aconsellan continuar apoiándoos no seu proceso de estabilización, permanencia e afianzamento no sistema galego de I+D+i, polo que se lles permite optar de novo a unha axuda nesta modalidade que os conduza á plena consolidación no sistema co impulso de novas liñas de traballo e o fortalecemento das xa existentes.

Mediante esta resolución convócanse en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2025, as axudas correspondentes as tres fases do Programa de unidades mixtas de investigación: creación e posta en marcha, consolidación e centros mixtos de investigación. As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva, valoran a calidade científico-técnica, a capacidade e as características destas unidades.

A estas bases reguladoras aplícaselles o principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) núm. 187, do 26 de xuño (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014), en concreto á categoría de axudas reguladas no seu artigo 25 –axudas a proxectos de investigación e desenvolvemento–.

Consecuentemente con todo o anterior, a Dirección da Gain, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Gain e se aproban os seus estatutos,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Gain no marco do Programa de unidades mixtas de investigación mediante as seguintes modalidades de axuda:

• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.

• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.

• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.

2. Estas axudas teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento de proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre os centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.

3. Así mesmo, mediante esta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, axustándose as axudas concedidas no marco desta resolución ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión; é o artigo 25 (axudas para proxectos de investigación e desenvolvemento) o que ampara os distintos conceptos subvencionables e beneficiarios desta convocatoria.

Artigo 2. Definicións

1. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar, de xeito independente, investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das actividades deberán contabilizarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.

Así, no marco desta resolución, consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no Rexistro de centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica, regulados polo Real decreto 2093/2008.

– As universidades públicas do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

2. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

3. Pequena e mediana empresa (peme): segundo o artigo 2 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos, deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

4. Grande empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Agrupación de entidades beneficiarias: para os efectos desta resolución, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese por agrupación de entidades beneficiarias, empresas e organismos de investigación, aquelas que participan de xeito conxunto no proxecto obxecto da subvención, a través dunha relación de «colaboración efectiva», entre as cales exista un acordo regulador para o seu funcionamento.

6. Colaboración efectiva: tal e como se recolle no artigo 2, punto 90, do Regulamento (UE) nº 651/2014, é a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para acadar un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así a outras partes dos seus riscos financeiros. A investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se considerarán formas de colaboración.

7. Empresa en crise: tal e como se recolle no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014, unha empresa en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) De se tratar dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para os efectos desta disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello, e «capital social» inclúe, cando cumpra, toda prima de emisión.

b) De se tratar dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; para os efectos desta disposición, «sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se encontre nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1°. A ratio débeda/capital da empresa sexa superior a 7,5.

2°. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se sitúe por debaixo de 1,0.

8. Empresa vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou dun grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte desta no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos; considérase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

9. Investigación industrial: investigación planificada ou os estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou encamiñados a lograr unha mellora significativa dos produtos, procesos ou servizos existentes, incluídos os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (incluídas, aínda que non exclusivamente, as industrias e tecnoloxías dixitais, como a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube).

A investigación industrial inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

10. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía ou sector. Pode incluír, de forma non exhaustiva, as industrias e as tecnoloxías dixitais, por exemplo, a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube ou na fronteira. Isto pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa alcanzar melloras técnicas para produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que as ditas modificacións poidan representar melloras.

11. Efecto incentivador: de acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se, antes de comezar a traballar no proxecto ou actividade, o beneficiario presentou por escrito unha solicitude de axuda. Un efecto incentivador prodúcese cando unha axuda modifica o comportamento dunha empresa de tal xeito que emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría de forma limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade en que a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Para os efectos desta convocatoria, considérase un inicio posterior dos traballos cando estes teñen lugar con posterioridade á data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta (a data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión).

12. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D, co obxectivo de conseguir un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación. Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e do rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial baseado na competitividade e no coñecemento. Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e baseado no envellecemento activo da poboación. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

13. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice cara ás que a RIS3 orienta as capacidades e os esforzos do ecosistema galego de innovación para dar resposta aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e do Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente, e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e a prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e o benestar das persoas, e consolidación de Galicia como un contorno de referencia mundial para o desenvolvemento e a valoración de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidas a elas.

14. Ámbito de priorización da RIS3: para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e nos cales se focalizan os investimentos e esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre elas, no nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.

Ámbito de priorización

Prioridade 1

Sostibilidade

• Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

• Economía circular e simbiose industrial

• Desenvolvemento de téxtiles sostibles

• Descarbonización das cadeas de valor

• Biocombustible e enerxías renovables

• Biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica

• Construción sostible

• Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sostibles na cadea de valor alimentaria

• Mellora, preservación, xestión sostible e posta en valor da biodiversidade

• Mobilidade urbana e rural

• Turismo e patrimonio cultural sostible

Prioridade 2

Dixitalización

• Administración pública dixital

• Desenvolvemento de competencias dixitais e educación dixital

• Desenvolvemento de propostas de valor ao redor dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos

• Fabricación avanzada e intelixente

• Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

• Redes intelixentes, flexibilidade e almacenamento enerxético

• Saúde dixital

• Tecnificación e dixitalización do sector primario (agricultura, gandaría e forestal, pesca e acuicultura) e da industria mineira

• Xerontotecnoloxías

Prioridade 3

Enfoque cara ás persoas

• Alimentación humana saudable e funcional

• Deporte, para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida

• Desenvolvemento de téxtiles intelixentes para saúde e deporte

• Economía prateada e dos coidados

• Medicina de prevención, rexenerativa e de precisión

• Novas solucións de hábitat e modelos de convivencia

• Saúde animal: veterinaria e alimentación de precisión

• Turismo saudable baseado en recursos naturais

Investigación básica de excelencia e na fronteira do coñecemento

Artigo 3. Actividades subvencionables

1. Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 desta resolución, ata un 40 %.

2. A cualificación da actividade subvencionable para cada unidade mixta de investigación será única. Neste sentido, considerarase predominante cando máis da metade dos custos subvencionables no proxecto se xeren a través de actividades clasificadas nese tipo de categoría.

3. O orzamento mínimo e requisitos para que unha unidade mixta de investigación poida ser subvencionada, atendendo a cada una das tres modalidades de axuda (A, B e C), recóllese no artigo 6 desta resolución. A subvención máxima que pode recibir unha unidade mixta de investigación é de 3 millóns de euros.

4. A duración máxima das axudas será de catro anualidades e estenderase ata o 30 de setembro de 2028 (data límite de execución de gastos).

5. Só se financiarán as actividades descritas na memoria técnica da unidade mixta de investigación e desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega.

6. Os proxectos financiables deberán enmarcarse nos retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 incluídas no artigo 2 desta resolución e terán como fin a conexión efectiva entre o coñecemento, a tecnoloxía e os sectores produtivos, promovendo un modelo de I+D+i baseado na colaboración activa e no fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas.

7. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados (en diante, RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que se van protexer.

1. Mitigación do cambio climático.

2. Adaptación ao cambio climático.

3. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

4. Transición cara a unha economía circular.

5. Prevención e control da contaminación.

6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

8. De conformidade co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se, antes de comezar a traballar no proxecto ou actividade, o beneficiario presentou por escrito unha solicitude de axuda. Prodúcese un efecto incentivador cando unha axuda modifica o comportamento dunha empresa de tal xeito que emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría de forma limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade en que a empresa incorrería de todos os xeitos nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Para os efectos desta convocatoria, considérase un inicio posterior dos traballos cando estes teñen lugar con posterioridade á data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta (a data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión). No caso de detectarse que calquera actividade da unidade mixta foi iniciada antes da devandita data, a totalidade desta será inadmisible e non será suficiente a eliminación do custo subvencionable do gasto correspondente á actividade.

A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades.

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados pola entidade beneficiaria, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para determinar da data de inicio da actividade.

Artigo 4. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Gain, na forma que se especifica no seguinte cadro:

Modalidade

Entidades

beneficiarias

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

Ano 2025

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

Total

Mod. A (IN853A)

Organismos de investigación privados

07.A2.561A.781.0

(CP: 2025 00003)

321.250,00

900.000,00

1.183.750,00

750.000,00

3.155.000,00

Organismos de investigación públicos

07.A2.561A.744.0

(CP: 2025 00003)

3.750,00

300.000,00

291.250,00

250.000,00

845.000,00

Total

325.000,00

1.200.000,00

1.475.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. B (IN853B)

Organismos de investigación privados

07.A2.561A.781.0

(CP: 2025 00004)

318.750,00

900.000,00

1.181.250,00

750.000,00

3.150.000,00

Organismos de investigación públicos

07.A2.561A.744.0

(CP: 2025 00004)

6.250,00

300.000,00

293.750,00

250.000,00

850.000,00

Total

325.000,00

1.200.000,00

1.475.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. C (IN853C)

Organismos de investigación privados

07.A2.561A.781.0

(CP: 2025 00004)

260.000,00

660.000,00

980.000,00

600.000,00

2.500.000,00

Organismos de investigación públicos

07.A2.561A.744.0

(CP: 2025 00004)

90.000,00

440.000,00

570.000,00

400.000,00

1.500.000,00

Total

350.000,00

1.100.000,00

1.550.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Total

1.000.000,00

3.500.000,00

4.500.000,00

3.000.000,00

12.000.000,00

2. A distribución de fondos entre as modalidades de axuda, as aplicacións orzamentarias, a tipoloxía de beneficiarios e as anualidades sinaladas son unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, e será posible incluso a incorporación de novas aplicacións orzamentarias e de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

3. As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1, «Unha Europa máis competitiva e intelixente», promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e as comunicacións, na prioridade P1.A, «Transición dixital e intelixente», obxectivo específico RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas»; liña de actuación 1.1.5 «Desenvolvemento de proxectos público-privados a través de grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que sirvan de catalizadores para o desenvolvemento en Galicia de liñas de I+D+i estratéxicas no marco da S3», e subtipos de actuación 1.1.5.1 «Creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación. 1ª fase do programa de unidades mixtas de investigación» e 1.1.5.2 «Consolidación de unidades mixtas de investigación e centros mixtos de investigación. 2ª e 3ª fase, do programa de unidades mixtas de investigación».

Respecto aos tipos de intervención, nesta liña prevese o seguinte, coa súa correspondente previsión da axuda Feder: 028 Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector do ensino superior.

O indicador de realización é o seguinte:

• RCO07. Organizacións de investigación que participan en proxectos conxuntos de investigación (institucións de investigación).

O indicador de resultado é o seguinte:

• RCR02. Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

4. A taxa de cofinanciamento do Feder é do 60 %, e o 40 % restante compútase como investimento privado ou público, segundo o caso, elixible das entidades beneficiarias.

O importe máximo de subvención será de 3.000.000 de euros por proxecto.

Artigo 5. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas das cales polo menos unha debe ser unha peme, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e atendendo aos requisitos para cada unha das modalidades de axuda recollidos no artigo seguinte, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.

No marco desta resolución, considéranse organismos de investigación os enumerados no artigo 2 desta resolución.

As empresas poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do Regulamento (UE) nº 651/2014 e contidas no artigo 2 desta convocatoria.

Ao tratarse de proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental e de conformidade co artigo 5.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión, as empresas grandes só poderán ser beneficiarias se entre os integrantes da unidade mixta de investigación hai unha peme e existe unha colaboración efectiva con ela.

2. Para as modalidades B e C, unicamente poderán ser beneficiarias:

Modalidade B. Estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas da Gain para a súa creación e posta en marcha concedidas polas resolucións do 2 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) e do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 138, do 20 de xullo), coa excepción daquelas beneficiarias que renunciasen á axuda.

Modalidade C. Centros mixtos de investigación, coas seguintes modalidades:

– Creación de centros mixtos de Investigación: estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas da Gain para a súa creación e posta en marcha concedidas pola Resolución do 2 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) ou para a súa consolidación concedidas pola Resolución do 20 de xullo de 2020 (DOG núm. 150, do 28 de xullo).

– Consolidación de centros mixtos de investigación: estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas da Gain para a creación de centros mixtos de investigación concedidas pola Resolución do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 138, do 20 de xullo).

3. As unidades mixtas de investigación non teñen personalidade xurídica propia, polo que se deberá, facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos membros da unidade, que terán, igualmente, a condición de beneficiarios. O organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta, como único interlocutor coa Administración en todo o procedemento e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á unidade mixta.

O organismo de investigación será o único perceptor das axudas da Gain previstas nesta convocatoria.

Os integrantes das unidades mixtas, empresas e organismos de investigación serán beneficiarios dos resultados xerados no desenvolvemento das liñas de investigación/actividades das unidades subvencionadas pola Gain ao abeiro da presente convocatoria. Para tal efecto, tanto as empresas como o organismo de investigación participarán e colaborarán directamente nas actividades de I+D+i da unidade mixta coa achega de coñecemento e dos recursos propios que se especifican no artigo seguinte.

4. As unidades mixtas de investigación rexeranse por un acordo regulador asinado entre as partes no cal se concretarán os compromisos e obrigas. O funcionamento interno da unidade mixta de investigación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa que o organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta, como único interlocutor coa Administración en todo o procedemento e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á unidade mixta. Este acordo, que terá natureza de acordo de constitución, acordo de consolidación ou acordo de centro mixto de investigación segundo corresponda, deberá prever, como mínimo, o seguinte:

– Características e obxectivos da unidade mixta.

– Descrición e distribución das actividades-liña/s de traballo que vai desenvolver a unidade mixta.

– Definición dos compromisos, dereitos e obrigas que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.

– Definición dos compromisos e planificación para a explotación e participación dos resultados xerados: propiedade, protección legal (patentes) e divulgación.

– Acordos de confidencialidade.

– Xestión da unidade mixta de investigación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

Este acordo regulador poderá ser modificado ao longo da súa vixencia, sempre e cando os cambios non afecten aspectos tidos en conta para a concesión das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo regulador deberá ser comunicado á Gain.

A data deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude da axuda nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio das actividades da unidade mixta de investigación.

5. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Gain realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 do 17 de xuño, da Comisión Europea, para considerar unha empresa en crise.

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias as empresas que incumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas empresas que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

De conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.

Artigo 6. Requisitos das unidades mixtas de investigación

1. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por unidade mixta de investigación a colaboración entre un organismo de investigación e unha ou varias empresas, e é imprescindible que polo menos unha sexa unha peme, para o desenvolvemento de liñas de I+D+i de forma coordinada e conxunta, e na cal se cumpran, atendo á modalidade de axuda que proceda, os seguintes requisitos:

Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A).

A1. Entidades participantes.

A unidade mixta de investigación estará constituída por un único organismo de investigación e unha ou varias empresas, como máximo tres, das cales é imprescindible que polo menos unha sexa unha peme.

O organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta de investigación, como único interlocutor ante a Gain e como solicitante da axuda.

A2. Áreas/liñas de investigación.

As áreas/liñas de investigación das unidades mixtas de investigación estarán aliñadas cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 2021-2027. A descrición destes retos e o detalle das prioridades e ámbitos de priorización detállanse no artigo 2 desta convocatoria.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

A3. Acordo de constitución e duración das unidades mixtas.

As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante un acordo de constitución asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio da súa actividade.

A4. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

A5. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá de ser de 1.800.000 euros para o marco temporal 2025-2028, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación global do conxunto das empresas no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser como mínimo dun 40 % . Ningunha empresa poderá contar cunha participación individual inferior ao 10 % do orzamento subvencionable da unidade mixta.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Gain, tal e como se especifica no artigo 5 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba da Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Gain poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os cales se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

Global: 40 % do orzamento total executado da unidade mixta

Individual: 10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 41.

– Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B).

B1. Poderán optar ás axudas de consolidación previstas nesta convocatoria aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Gain para a súa creación e posta en marcha, concedidas polas resolucións do 2 de xullo de 2020 (DOG núm.141, do 16 de xullo) e do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 141, do 16 de xullo), coa excepción daquelas que renunciasen á axuda.

B2. Entidades participantes.

A consolidación dunha unidade mixta de investigación implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación galego e a/s empresa/s asinante/s do acordo de constitución. Estes membros corresponderanse cos relacionados nas resolucións da Gain, do 2 de xullo de 2020 e do 12 de xullo de 2022, de concesión de axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

Con todo, estas unidades mixtas deberán incorporar unha peme á súa estrutura no caso de non contar inicialmente con unha, tendo en conta que, de conformidade co artigo 5.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión, as empresas grandes só poderán ser beneficiarias se entre os integrantes da unidade mixta de investigación hai unha peme e existe unha colaboración efectiva con ela.

O organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta de investigación, como único interlocutor ante a Gain e como solicitante da axuda.

B3. Áreas/liñas de investigación.

As áreas/liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas na etapa anterior e materializaranse no desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas. Estas novas actividades e novos proxectos non poderán ser nunca unha duplicidade dos traballos desenvolvidos na etapa anterior.

Estas áreas/liñas de investigación estarán aliñadas cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 2021-2027. A descrición destes retos e o detalle das prioridades e ámbitos de priorización detállanse no artigo 2 desta convocatoria.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade, coas condicións e limitacións establecidas polas partes ao efecto.

B4. Acordo de consolidación e duración das unidades mixtas.

A consolidación das unidades mixtas acreditarase mediante un acordo de consolidación asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para a súa consolidación.

B5. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

B6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 euros para o marco temporal 2025-2028, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación global do conxunto das empresas no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser como mínimo dun 40 % . Ningunha empresa poderá contar cunha participación individual inferior ao 10 % do orzamento subvencionable da unidade mixta.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser como mínimo dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Gain, tal e como se especifica no artigo 5 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba da Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Gain poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os cales se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

Global: 40 % do orzamento total executado da unidade mixta

Individual: 10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 41.

– Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación (IN853C).

C1. Poderán optar ás axudas de creación de centros mixtos de investigación, previstas nesta convocatoria, aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Gain para a súa creación e posta en marcha, concedidas pola Resolución do 2 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo), ou para a súa consolidación, concedidas pola Resolución do 20 de xullo de 2020 (DOG núm. 150, do 28 de xullo).

E poderán optar ás axudas de consolidación de centros mixtos de investigación, previstas nesta convocatoria, aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Gain para a creación de centros mixtos de investigación concedidas pola Resolución do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 138, do 20 de xullo).

C2. Entidades participantes.

O centro mixto de investigación é a última fase do programa de unidades mixtas de investigación. Esta fase implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación e a/s empresa/s asinantes do acordo regulador de constitución/consolidación/creación dun centro mixto de investigación, segundo proceda. Estes membros corresponderanse cos relacionados nas resolucións da Gain, de concesión de axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, do 2 de xullo de 2020, para a consolidación de unidades mixtas de investigación, do 20 de xullo de 2020, e para a creación de centros mixtos de investigación, do 12 de xullo de 2022.

Con todo, estas unidades mixtas deberán incorporar unha peme á súa estrutura no caso de non contar inicialmente con unha, tendo en conta que, de conformidade co artigo 5.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión, as empresas grandes só poderán ser beneficiarias se entre os integrantes da unidade mixta de investigación hai unha peme e existe unha colaboración efectiva con ela.

É requisito que as empresas participantes na fase de centro mixto de investigación teñan o seu domicilio social ou centro de traballo en Galicia. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a solicitude de axuda, deberán presentar unha declaración que acredite que se establecerá en Galicia antes de iniciarse as actividades do centro mixto de investigación.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Gain, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

C3. Áreas/liñas de investigación.

As liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas na etapa anterior, e materializaranse no desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas. Estas novas actividades e novos proxectos non poderán ser nunca unha duplicidade dos traballos desenvolvidos na etapa anterior.

Estas áreas/liñas de investigación estarán aliñadas cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 2021-2027. A descrición destes retos e o detalle das prioridades e ámbitos de priorización detállanse no artigo 2 desta convocatoria.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade, coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

C4. Acordo de centro mixto e duración das unidades mixtas.

Esta terceira fase das unidades mixtas acreditarase mediante un acordo de creación ou consolidación do centro mixto de investigación, segundo proceda, asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para o centro mixto de investigación.

C5. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

C6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá de ser de 3.500.000 euros para o marco temporal 2025-2028, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación global do conxunto das empresas no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser como mínimo dun 45 %. Ningunha empresa poderá contar cunha participación individual inferior ao 10 % do orzamento subvencionable da unidade mixta.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias, que deberá ser como mínimo o 50 % da achega global das empresas, será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento subvencionable da unidade mixta debe ser como mínimo dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Gain, tal e como se especifica no artigo 5 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba da Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Gain poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os cales se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

Global: 45 % do orzamento total executado da unidade mixta-mínimo 50 % en achega monetaria

Individual: 10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total executado da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 41.

2. Só se financiarán as actividades das unidades mixtas de investigación desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo de que as subcontratacións, asistencias técnicas ou colaboracións externas poidan encomendarse a entidades que operen fóra do territorio galego.

Artigo 7. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento das actuacións da unidade mixta de investigación. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes custos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

3. Para a anualidade 2025 só se admitirán aqueles gastos que sexan realizados dentro do período comprendido entre a data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 35 desta resolución.

Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución do gasto da anualidade anterior e a data límite de execución do gasto da anualidade corrente, tal e como se establece no artigo 35 desta resolución.

4. Conforme o artigo 25 do Regulamento UE nº 651/2014 (RXEC), son custos subvencionables os seguintes:

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente vinculados á actividade subvencionada e para os cales é posible demostrar a súa vinculación coa dita actividade. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal.

2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

4. Adquisición de patentes.

5. Subcontratacións e servizos tecnolóxicos externos.

6. Outros custos, concretamente:

• O custo derivado do informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

• O custo derivado da contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto, previsto no artigo 13 desta convocatoria.

b) Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non se poden vincular directamente á actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 15 % aos custos directos de persoal subvencionables.

c) Non se consideran subvencionables o imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional. Porén, este tipo de impostos si serán subvencionables cando pola natureza da entidade beneficiaria non poidan ser recuperados.

Artigo 8. Custos de persoal

a) Poderanse subvencionar os custos de persoal propio do organismo de investigación ou da empresa, así como os gastos de persoal de nova contratación que se incorpore ás citadas entidades, –persoal investigador, técnicos e persoal auxiliar que realice actividades de investigación–, no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D+i do plan de traballo da unidade mixta de investigación. Tamén serán subvencionables os custos de persoal xestor de proxectos de I+D+i que realice na unidade mixta de investigación, entre outras, as tarefas de planificación, organización, control de actividades de comunicación/difusión, control de gastos e estudos de oportunidades de negocio. Só será subvencionable un xestor de proxectos de I+D+i por unidade mixta de investigación. Na memoria técnica que se achega coa solicitude deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo de dedicación á unidade mixta sobre a base dos fitos ou traballos concretos que se van desenvolver nela. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

b) Serán subvencionables os custos de persoal propio do organismo de investigación e da empresa dedicado ás actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, as seguintes dedicacións medias mínimas:

Persoal propio

Dedicacións medias mínimas

Modalidades de axuda

Organismo de investigación

Empresa

Mod. A (IN853A)

25 %

25 %

Mod. B (IN853B)

25 %

25 %

Mod. C (IN853C)

25 %

25 %

Para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o persoal propio da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Serán subvencionables os custos de persoal de nova contratación que se incorpore ao organismo de investigación ou á empresa para a realización das actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, as seguintes dedicacións medias mínimas:

Persoal de nova contratación

Dedicacións medias mínimas

Modalidades de axuda

Organismo de investigación

Empresa

Mod. A (IN853A)

100 %

50 %

Mod. B (IN853B)

100 %

50 %

Mod. C (IN853C)

100 %

100 %

É requisito deste novo persoal que no momento da contratación non teña vinculación laboral co organismo de investigación e non a teña nin a tivese coa/s empresa/s integrantes da unidade mixta nos 3 meses anteriores á formalización do contrato.

Para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o persoal de nova contratación da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) No caso das modalidades B e C, tamén serán subvencionables os custos de persoal que correspondan ao mantemento do novo persoal contratado nas fases de creación e posta en marcha, consolidación e creación de centros mixtos de investigación, segundo proceda. A este persoal seranlle de aplicación as dedicacións medias mínimas ás actividades da unidade mixta de investigación indicadas no punto c) deste artigo.

Así mesmo, para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o mantemento do persoal de nova contratación da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) De conformidade coa norma 6.4 da Orde HFP/1414/2023, tanto no suposto do persoal propio como no de persoal de nova contratación, consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal do beneficiario. Estes gastos inclúen:

– Os soldos e salarios fixados nun contrato de traballo, nunha decisión de nomeamento (acordo laboral) ou na lei, que teñan relación coas responsabilidades especificadas na descrición do posto de traballo correspondente;

– E outros gastos soportados directamente polo empregador como cotizacións sociais, achegas a plans de pensións, así como outras prestacións en favor dos traballadores que sexan obrigatorias en virtude de lei ou convenio ou habituais atendendo aos usos do sector e sempre que non sexan recuperables.

f) Non se considerarán subvencionables:

– Os gastos de persoal que non teñan relación contractual laboral coa entidades integrantes da unidade mixta de investigación.

– Os conceptos incluídos na retribución bruta do traballador que non garden relación coa actividade subvencionada.

– Os custos das viaxes, indemnizacións ou axudas de custo.

– Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión da unidade mixta de investigación.

– No caso dos centros mixtos de investigación (procedemento IN853C), os gastos relacionados con aquel persoal traballador da empresa que non estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

– As contratacións de bolseiros/as.

– As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que establece a Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns e que se indican a continuación:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 años

11

g) Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao proxecto deberá ser motivada e xustificada, e para a súa realización será necesario obter a autorización previa da Gain. Só se admitirán cambios de persoal entre traballadores/as da mesma categoría profesional e cunha titulación ou traxectoria profesional que permita desempeñar as mesmas funcións.

Excepcionalmente, no caso de persoal de nova contratación, non será necesario obter a autorización previa da Gain para contratar persoal adicional sempre que o novo perfil sexa idéntico ao inicialmente concedido.

Para o persoal de nova contratación concederanse reducións das porcentaxes de dedicación ás actividades da unidade mixta de investigación se estás teñen a súa orixe na matrícula nun curso oficial para a obtención dunha titulación superior á que posúe o/a investigador/a ou nun contrato para impartir docencia no Sistema universitario de Galicia.

Artigo 9. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Se o equipamento e material instrumental se dedica exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao termo do período de execución do proxecto, será subvencionable o custo de adquisición. Deberase xustificar na solicitude do proxecto a vida útil do equipamento ou material.

Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa subvencionable, deberá detallarse na memoria da solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización, tendo en conta o tempo concreto de imputación ao proxecto e a porcentaxe de dedicación a el.

Non serán subvencionables os custos de depreciación de activos que se adquiriron con axuda de subvencións públicas.

2. Dentro desta epígrafe considéranse gastos subvencionables:

– A instalación do equipamento, sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento.

– A compra de novas licenzas e as renovacións de licenzas de software se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

– Os gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación. Só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de execución de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

3. Dentro desta epígrafe non se consideran gastos subvencionables:

– Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e técnico.

– Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

– Licenzas de software xeral.

Artigo 10. Materiais, subministracións e produtos similares

Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto, xa que se consideran incluídos dentro da porcentaxe de custos indirectos.

Poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades de I+D+i. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa na epígrafe correspondente do impreso de solicitude.

Artigo 11. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas ás entidades solicitantes, coa condición de que a operación se realice en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Quedan excluídas as patentes propias dos membros da unidade mixta de investigación.

Artigo 12. Subcontratacións e servizos tecnolóxicos externos

1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. Estas contratacións deberán estar debidamente xustificadas e motivadas na memoria técnica.

2. As entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta resolución poderán subcontratar, como máximo, ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

3. Non está permitida a subcontratación entre as entidades integrantes da unidade mixta de investigación. Tampouco está permitida a subcontratación coas entidades vinculadas aos integrantes da unidade mixta de investigación, coa excepción do previsto no punto 6 deste artigo.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice por escrito.

b) Que a súa subscrición sexa autorizada previamente pola Gain.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

5. En ningún caso as entidades beneficiarias poderán subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que perciban outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorran, algunha das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no parágrafo seguinte en relación coas entidades vinculadas.

6. Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Gain poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas coas entidades beneficiarias cando sexa imprescindible para a execución das actividades do proxecto, e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado. Estas condicións deberán ser xustificadas mediante unha memoria explicativa.

En todo caso, de acordo co artigo 43.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Gain poderá comprobar, dentro do período de prescrición, o custo, así como o valor de mercado das actividades subcontratadas.

No caso de que as entidades beneficiarias estean suxeitas á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán respectar no que proceda a citada normativa nos procedementos de contratación pública.

7. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852. Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixiralles aos subcontratistas unha declaración responsable de cumprir co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente.

Tamén lles deberá exixir un compromiso por escrito para conceder os dereitos e o acceso necesarios para que o ordenador competente, a Fiscalía Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas e, cando proceda, as autoridades nacionais e autonómicas competentes exerzan plenamente as súas respectivas competencias.

8. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes.

Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación e estar debidamente xustificadas na memoria técnica da solicitude.

Quedan expresamente excluídos os custos correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.

O alugamento de licenzas de software de uso específico para o proxecto, e non de uso xeral, considerarase un servizo tecnolóxico externo. Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto, o que se deberá indicar na memoria técnica.

Artigo 13. Outros custos

1. Será subvencionable o custo derivado da obtención dun informe de valoración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) mediante unha entidade acreditada pola Enac. O informe debe estar referido a todo o proxecto, incluíndo tanto a parte executada directamente polos beneficiarios como a parte subcontratada. Este custo será elixible para o organismo de investigación como representante da unidade mixta de investigación, cun límite de 2.000 euros.

2. Tamén será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión da unidade mixta de investigación ata un 2 % do custo subvencionable que executa cada entidade beneficiaria. O importe máximo será de 15.000 euros por beneficiario.

Artigo 14. Ofertas

Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Esta excepción deberá xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, o feito de que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor á entidade solicitante.

No caso de que algunha das entidades beneficiarias estea suxeita ao ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá respectar, no que proceda, a normativa de contratación pública na adquisición dos bens e servizos obxecto da axuda.

Artigo 15. Prazo das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de setembro de 2025. Deberá cumprirse o prazo mínimo dun mes.

Artigo 16. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

4. O organismo de investigación como representante da unidade mixta presentará unha única solicitude e a información contida nos anexos que se indican:

Formularios normalizados

(dispoñibles en https://sede.xunta.gal)

IN853A

Anexos I, IV, V e VI

IN853B

Anexos II, IV, V e VI

IN853C

Anexos III, IV, V e VI

5. Nos formularios de solicitude IN853A (anexo I), IN853B (anexo II), IN853C (anexo III) e tamén no anexo V inclúense as seguintes declaracións responsables relativas a cada un dos membros integrantes da unidade mixta:

1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e que acepta as condicións e obrigas do programa de unidades mixtas de investigación recollidas nesta resolución.

3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Declaración responsable de non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.

7. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as cales se solicita (efecto incentivador).

8. Declaración responsable de que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas. Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Gain poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas coas entidades beneficiarias cando sexa imprescindible para a execución das actividades do proxecto e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado. Estas condicións deberán ser xustificadas mediante unha memoria explicativa.

9. Declaración responsable de que, no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos nesta resolución.

10. Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da unidade mixta para a cal solicita a axuda.

11. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo da unidade mixta de investigación para o cal solicita a axuda.

12. Declaración responsable de que as dependencias da unidade mixta de investigación estarán en Galicia, perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

13. Declaración responsable de non ser considerada como empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Gain utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

14. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído na proposta.

15. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

16. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 do RDC).

17. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

18. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal ou autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

19. Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

20. Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH) e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.

21. Compromiso por escrito de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

22. No caso de organismos de investigación, declaración responsable de que as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva sobre eles (accionistas ou membro), non gozarán dun acceso preferente aos resultados que se xeren.

Artigo 17. Documentación complementaria

1. Deberá achegarse, xunto coas solicitudes a seguinte documentación:

a) Memoria económica da unidade mixta de investigación (anexo IV).

b) Declaración responsable de cada un dos membros integrantes da unidade mixta (anexo V).

c) Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI). A Gain utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

d) Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) nº 2020/852, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088, segundo se detalla no anexo IX desta convocatoria.

e) No caso das empresas, a acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

A. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

B. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por un/unha auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

f) Plan de comunicación e difusión do proxecto.

As entidades beneficiarias deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos seus resultados na unidade mixta de investigación para compartir aqueles non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, e incluirá as actividades que debe realizar cada beneficiario en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida da unidade mixta de investigación, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

O plan de comunicación e difusión debe incluír, como contido mínimo, a realización de dous eventos de difusión do proxecto: un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de dous (2) meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos, e outro no momento da súa finalización para expor os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase como máximo dous (2) meses despois da finalización do proxecto e deberá xerar un impacto medible a través da súa divulgación nos medios de comunicación e nas redes sociais. Nos eventos porase de manifesto o apoio da Unión Europea e da Gain nas actuacións do proxecto, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos destas entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo, dun mínimo de dous minutos de duración, para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».

g) Para a modalidade A (IN853A):

– Memoria técnica da creación e posta en marcha da unidade mixta de investigación, na cal se recollerá toda a información de carácter científico-técnico do proxecto, segundo se detalla no anexo VII desta convocatoria.

– Declaración asinada polas entidades participantes en que manifestan a súa intención de constituír unha unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

– Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da unidade mixta de investigación.

h) Para a modalidade B (IN853B):

– Memoria técnica da consolidación da unidade mixta de investigación na cal se recollerá toda a información de carácter científico-técnico do proxecto, segundo se detalla no anexo VIII desta convocatoria.

– Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifestan a súa intención de consolidar a unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior, acompañada dunha copia do acordo regulador da etapa anterior. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

– Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da unidade mixta de investigación.

i) Para a modalidade C (IN853C):

– Memoria técnica do centro mixto de investigación na cal se recollerá toda a información de carácter científico-técnico do proxecto, segundo se detalla no anexo VIII desta convocatoria.

– Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifestan a súa intención de crear un centro mixto de investigación ou de consolidar o centro mixto de investigación constituído na convocatoria do ano 2022, atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior, acompañada dunha copia do acordo regulador da etapa anterior. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

– De ser o caso, declaración da/das empresa/s de establecer un centro de traballo en Galicia antes de iniciar as actividades do centro mixto de investigación.

– Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da unidade mixta de investigación.

2. Os anexos IV, V e VI estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 18. Comprobación de datos

1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF das entidades solicitantes.

c) Consulta das inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

d) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. No caso de que o/a solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

5. Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A Gain realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que os beneficiarios non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, para considerar unha empresa en crise.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector publico autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda a el.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Artigo 21. Información ás persoas interesadas

1. Sobre as diferentes modalidades de axuda desta convocatoria poderase obter información adicional na Gain, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal) na súa epígrafe de axudas e na sede virtual.

b) Nos teléfonos: 981 54 10 96 e 881 99 96 33 da devandita axencia.

c) No correo electrónico xestion.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo: http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre estes procedementos poderá usarse o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia e a resolución de concesión.

Artigo 22. Información e publicidade

A Gain informará as entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo do requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Gain será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións previstas nesta resolución.

2. Corresponderalle á persoa titular da Dirección da Gain ditar a resolución de concesión das subvencións.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, ou non se xunta a documentación exixida, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistida na súa petición, despois da correspondente resolución. Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da seguinte documentación: a solicitude de axuda, a memoria técnica do proxecto, a memoria económica do proxecto e a memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH.

No caso de discrepancias entre o contido das memorias técnica e económica do proxecto e a solicitude, atenderase sempre ao contido da solicitude.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-207 en que se enmarcan estas axudas.

5. Nos casos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a realización da notificación electrónica, a notificación ou a emenda da solicitude efectuarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

6. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos/as e remitidos á Comisión de Selección.

7. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

8. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 25. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo seguinte.

2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:

(a) Un/unha director/a de Área da Gain, ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

(b) Un/unha funcionario/a da Gain, que actuará como secretario/a.

(c) Tres vogais designados pola persoa titular da Dirección da Gain.

3. A Comisión de Selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 26. Criterios de valoración e selección

1. A valoración de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos, económico-financeiros e á potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados segundo os criterios de valoración que se indican a seguir coas súas puntuacións máximas:

1.1. Modalidade A. Creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 36 puntos):

A.1) Obxectivos. Valorarase a calidade, o contido e a orixinalidade na formulación dos obxectivos. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa. A descrición da finalidade da unidade mixta deberá ser obxectiva e concreta (máximo 10 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 8 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 4 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades, deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 10 puntos).

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 5 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 4 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Aliñamento coa RIS3 Galicia (máximo 3 puntos).

Valorarase o grao de aliñamento a través da consonancia e adecuación das áreas de investigación da unidade mixta aos retos estratéxicos da RIS3 Galicia 2021-2027, dado que, ao tratarse de investigación, é necesario priorizar o potencial dos proxectos de contribuír aos retos da RIS3 a través da transferencia de coñecemento.

C) Avaliación dos integrantes da unidade mixta (máximo 19 puntos).

C.1) Antecedentes e experiencia previa nas liñas de investigación/innovación das entidades participantes da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.2) Complementariedade científico-técnica das entidades participantes para o desenvolvemento dos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.3) Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación da unidade mixta/valoración da calidade e traxectoria científico-técnica do equipo humano integrante da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.4) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados, ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

D) Capacidade dos proxectos internacionais (máximo 9 puntos).

D.1) Valorarase a capacidade de definición e presentación de proxectos en Horizonte Europa e outros programas internacionais. Valorarase a experiencia dos integrantes da unidade mixta na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias (máximo 4 puntos).

D.2) Resultados obtidos con éxito nos últimos 5 anos. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas, ata un máximo de 5 puntos. Deberase achegar documentación acreditativa do proxecto concedido, ademais de indicar de forma tabulada o título do proxecto, o programa específico e o ano de concesión. De omitir algún punto desta información, o resultado con éxito non será tido en conta.

E) Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico (máximo 16 puntos).

E.1) Efecto tractor sobre a cadea de valor. Valorarase a capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 8 puntos).

E.2) Impacto científico-tecnolóxico dos resultados previstos sobre o sector de actividade da unidade mixta (máximo 8 puntos)

F) Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 17 puntos).

F.1) Interese socioeconómico da unidade mixta atendendo ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

F.2). Xeración de emprego. Valorarase con 1 punto cada emprego xerado ata un máximo de 4 puntos.

F.3) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicaranse os seguintes baremos para a suma do número de mulleres participantes en todas as entidades da unidade mixta de investigación sobre o total do equipo investigador:

a) Se a porcentaxe de mulleres está entre o 40 % e o 60 %: 1 punto.

b) Se a porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %: 2 puntos.

F.4) A Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples actores e das persoas na investigación e na innovación, o que permite un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i e na educación científica formal e informal.

Neste sentido, outorgaranse ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación con algún dos criterios seguintes:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación do ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, a enxeñería e a tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

F.5) Para a suma de todo o persoal investigador das entidades participantes na unidade mixta de investigación, valorarase a participación de persoas con diversidade funcional da seguinte forma:

a) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 5 % e inferior ou igual ao 10 %: 0,5 puntos.

b) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 10 %: 1 punto.

F.6) Plan de comunicación e difusión do proxecto (máximo 2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado con innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da marca Galicia a nivel internacional, tamén no ámbito da I+D+i.

Concederase como máximo 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D+i e como máximo 2 puntos se ten impacto internacional.

F.7) Implicacións ambientais do proxecto: melloras ambientais e de sostenibilidade que se poidan derivar da execución do proxecto e a súa consonancia co Pacto verde europeo (máximo 2 puntos).

1.2. Modalidade B. Consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 37 puntos):

A.1) Obxectivos. Valorarase a calidade, o contido e a orixinalidade na formulación dos obxectivos das liñas de investigación/innovación, que deberán ser a continuidade, a ampliación e a evolución das definidas no momento de creación da unidade. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa baseándose nos resultados e evolución das liñas de investigación no período anterior (máximo 10 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 9 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 5 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades, deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Resultados acadados na etapa anterior (máximo 13 puntos).

Valoraranse os resultados acadados na etapa de creación e posta en marcha da unidade mixta:

B.1) Propostas aprobadas no Horizonte Europa ou noutros programas internacionais froito do traballo realizado. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas, ata un máximo de 5 puntos.

B.2) Invencións xeradas. Valorarase con 2 puntos cada solicitude para o rexistro ante organismos oficiais de invencións realizadas, ata un máximo de 4 puntos.

B.3) Impacto científico e tecnolóxico dos resultados. Valorarase a repercusión dos resultados nos procesos e produtos nas entidades participantes da unidade mixta e no sector da actividade da unidade mixta (máximo 4 puntos).

C) Internacionalización. Valorarase o plan e o grao de internacionalización dos resultados previstos, e o impacto na capacidade de liderado internacional do equipo de investigación nas liñas de investigación (máximo 6 puntos).

D) Potencial de oportunidades de negocio: valorarase a detección de oportunidades de negocio nos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación e comercialización dos resultados (máximo 15 puntos).

D.1) O potencial e as capacidades para pór en marcha as oportunidades detectadas, a competencia e os atributos diferenciadores, a análise das barreiras de entrada e a dispoñibilidade de recursos (máximo 7 puntos).

D.2) Plan de negocio e comercialización dos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

E) Repercusión dos resultados previstos na etapa de consolidación nos procesos e produtos a nivel individual e no sector da actividade da unidade mixta. Capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 10 puntos).

F) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados, ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación, as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

G) Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 15 puntos)

G.1) Xeración de emprego (máximo 6 puntos). Valorarase con 2 puntos cada emprego xerado novo nesta etapa de consolidación, tomando como base o número de empregos xerados na etapa anterior de creación e posta en marcha da unidade mixta.

G.2) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicaranse os seguintes baremos para a suma do número de mulleres participantes en todas as entidades da unidade mixta de investigación sobre o total do equipo investigador:

a) Se a porcentaxe de mulleres está entre o 40 % e o 60 %: 1 punto.

b) Se a porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %: 2 puntos.

G.3) A Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación, impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples actores e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i e na educación científica formal e informal.

Neste sentido, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación con algún dos seguintes criterios:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, a enxeñería e a tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

G.4) A Para a suma de todo o persoal investigador das entidades participantes na unidade mixta de investigación, valorarase a participación de persoas con diversidade funcional da seguinte forma:

a) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 5 % e inferior ou igual ao 10 %: 0,5 puntos.

b) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 10 % : 1 punto.

G.5) Plan de comunicación e difusión do proxecto (2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado con innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da marca Galicia a nivel internacional, tamén no ámbito da I+D+i.

Concederase 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D+i e 2 puntos se ten impacto internacional.

G.6) Implicacións ambientais do proxecto: melloras ambientais e de sustentabilidade que se poidan derivar da execución do proxecto e a súa consonancia co Pacto verde europeo (2 puntos).

1.3. Modalidade C. Centros mixtos de investigación (IN853C):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 37 puntos):

A.1) Obxectivos. Valoraranse a calidade, o contido e a orixinalidade na formulación dos obxectivos das liñas de investigación/innovación, que deberán ser a continuidade, ampliación e evolución das definidas na etapa anterior. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa baseándose nos resultados e na evolución das liñas de investigación no período anterior (máximo 10 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 9 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 5 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Resultados acadados na etapa anterior. (máximo 13 puntos).

Valoraranse os resultados acadados na etapa anterior da unidade mixta de investigación:

B.1) Propostas aprobadas en Horizonte Europa ou noutros programas internacionais froito do traballo realizado. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas, ata un máximo de 5 puntos.

B.2) Invencións xeradas. Valorarase con 2 puntos cada solicitude para o rexistro ante organismos oficiais de invencións realizadas, ata un máximo de 4 puntos.

B.3) Impacto científico e tecnolóxico dos resultados. Valorarase a repercusión dos resultados nos procesos e produtos nas entidades participantes da unidade mixta e no sector da actividade da unidade mixta (máximo 4 puntos).

C) Internacionalización. Valorarase o plan e o grao de internacionalización dos resultados previstos e o impacto na capacidade de liderado internacional do equipo de investigación nas liñas de investigación (máximo 6 puntos).

D) Potencial de oportunidades de negocio: valorarase a detección de oportunidades de negocio nos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación e comercialización dos resultados (máximo 15 puntos).

D.1) O potencial e as capacidades para pór en marcha as oportunidades detectadas, a competencia e os atributos diferenciadores, a análise das barreiras de entrada e a dispoñibilidade de recursos (máximo 7 puntos).

D.2) Plan de negocio e comercialización dos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

E) Repercusión dos resultados previstos na etapa de creación ou consolidación do centro mixto de investigación, segundo proceda, nos procesos e produtos a nivel individual e no sector da actividade da unidade mixta. Capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 10 puntos).

F) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados, ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

G) Impacto socioeconómico da unidade mixta de investigación (máximo 15 puntos).

G.1) Xeración de emprego (máximo 6 puntos). Valorarase con 2 puntos cada emprego xerado novo nesta etapa de creación ou consolidación do centro mixto, segundo proceda, tomando como base o número de empregos xerados na etapa anterior.

G.2) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicaranse os seguintes baremos para a suma do número de mulleres participantes en todas as entidades da unidade mixta de investigación sobre o total do equipo investigador:

– Se a porcentaxe de mulleres está entre o 40 % e o 60 %: 1 punto.

– Se a porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %: 2 puntos.

G.3) A Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples actores e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i e na educación científica formal e informal.

Neste sentido, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación con algún dos seguintes criterios:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, a enxeñería e a tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

G.4) Para a suma de todo o persoal investigador das entidades participantes na unidade mixta de investigación, valorarase a participación de persoas con diversidade funcional, da seguinte forma:

a) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 5 % e inferior ou igual ao 10 %: 0,5 puntos.

b) Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 10 %: 1 punto.

G.5) Plan de comunicación e difusión do proxecto (2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado con innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da marca Galicia a nivel internacional, tamén no ámbito da I+D+i.

Concederase 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D+i e 2 puntos se ten impacto internacional.

G.6) Implicacións ambientais do proxecto: melloras ambientais e de sostenibilidade que se poidan derivar da execución do proxecto e a súa consonancia co Pacto verde europeo (2 puntos).

Artigo 27. Procedemento de avaliación

1. O/a xestor/a técnico/a da Gain ao/á cal se lle encomende o proxecto realizará a avaliación e emitirá un informe técnico de idoneidade en que se determinará, co apoio de expertos externos/as, se for preciso, o custo subvencionable do proxecto e o importe de axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 28. Finalmente, no informe técnico de idoneidade deixarase constar expresamente que en cada un dos proxectos avaliados concorren os requisitos para entender que se cumpre o efecto incentivador.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas a el por calquera circunstancia e seranlles de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

No caso de contar con asesores/as científicos/as externos/as, faranse dúas avaliacións realizadas por diferentes asesores/as que sexan especialistas na materia a que se refira o proxecto. No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, unha terceira avaliación deberá corrixir a dita puntuación e esta quedará sempre comprendida entre as notas inferior e superior outorgadas polos outros dous asesores/as científicos/as externos/as.

2. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que obteña un mínimo de 60 puntos.

3. Os proxectos subvencionables serán listados de maior a menor puntuación ata esgotar os créditos dispoñibles e quedarán, de ser o caso, como suplentes aqueles para os cales non se dispón de crédito suficiente, pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima requirida.

No caso de empate nas puntuacións, terán preferencia, como criterio de desempate, as entidades que presentasen un plan de igualdade dos previstos no capítulo I do título III do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, sempre que a implementación deste plan de igualdade non sexa obrigatoria para as entidades.

Artigo 28. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención en réxime de concorrencia competitiva, dentro dos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RGEC), establecéndose unha intensidade de axuda de ata un 40 % do orzamento total subvencionable da unidade mixta.

Intensidade máxima das axudas da Gain

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme e un organismo de investigación, asumirá este, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e terá o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

40 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme e un organismo de investigación, asumirá este, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e terá o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

2. A axuda da Gain non superará o importe máximo de 3.000.000 euros.

3. As axudas concedidas pola Gain ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) nº 651/2014 que se indican na táboa seguinte ou que, de acordo coa súa normativa reguladora, fosen incompatibles.

Intensidades máximas-Regulamento (UE) nº 651/2014

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme e un organismo de investigación, asumirá este, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e terá o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

60 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme e un organismo de investigación, asumirá este, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e terá o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

4. Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, que se recollen no artigo 2 da presente resolución.

Artigo 29. Audiencia

1. Unha vez instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución en cada unha das modalidades desta convocatoria, poráselles de manifesto ás entidades interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola entidade interesada.

Artigo 30. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a Comisión de Selección emitirá o correspondente informe e o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección da Gain para ditar a resolución de concesión, que deberá estar motivada.

A proposta de resolución incluirá de forma individualizada as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, de ser o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as entidades beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

2 . Á vista da proposta exposta, e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a persoa titular da Dirección da Gain ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:

a) A denominación da unidade mixta de investigación e as entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda concedida e o orzamento total da unidade mixta, así como a desagregación dos ditos importes por anualidades.

c) No caso de solicitudes denegadas, a causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberáselle notificar a cada entidade beneficiaria (cada un dos integrantes da unidade mixta) un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA), que deberá incluír, como mínimo, a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e as súas obrigas, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. Dado que a convocatoria se financia con fondos do programa Feder Galicia 2021-2027, seranlles notificados aos interesados os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

5. O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución á persoa interesada será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, da entidade beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

7. No prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión, os beneficiarios, a través do organismo de investigación como representante da unidade de investigación, deberán achegar o acordo regulador da unidade mixta de investigación previsto no artigo 5 desta convocatoria, asinado polas entidades nela participantes. Transcorrido ese prazo, en ausencia de contestación, entenderase que o/a beneficiario/a renuncia á axuda concedida.

8. Requirirase un informe de cumprimento do principio de DNSH para toda a unidade mixta de investigación e correspóndelle ao organismo de investigación, como representante da unidade mixta, a súa presentación. O organismo de investigación, como representante da unidade mixta, deberá achegar no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) realizado por unha entidade acreditada pola Enac. No caso de non presentar o dito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida a todas as entidades beneficiarias. De xeito excepcional, o organismo de investigación poderá solicitar unha prórroga, por causas debidamente xustificadas, de ata un mes.

Artigo 31. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo XII) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e que se publicará na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal), así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A persoa titular da Dirección da Gain ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 32. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poderán interpor un recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a Presidencia da Gain, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpor un recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a Dirección da Gain, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 33. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se recollen nas resolucións de concesión. Para realizar cambios no proxecto debe obterse autorización previa da Gain.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda e, en calquera caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión por parte do órgano que concede.

3. Poderá acordarse a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria, sempre que esta presente a solicitude de modificación cunha anterioridade mínima de 15 días á data de finalización do prazo de execución da anualidade afectada, se cumpre os requisitos seguintes:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano que concede.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da entidade beneficiaria nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveren lugar con posterioridade a ela.

4. Na solicitude de modificación, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, expresará os motivos das modificacións que se propoñen, e, xustificará a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada no rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Gain, de ser o caso, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao/á interesado/a. A autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao/á interesado/a.

6. Permitirase, sen necesidade de autorización previa do órgano que concede, reducir ata o 10 % das partidas de gasto que figuren na resolución de concesión para cada un dos integrantes da unidade mixta de investigación, sempre que se compense con incrementos noutras partidas e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. Os cambios realizados deberán respectar as limitacións establecidas na convocatoria para as partidas de gasto. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

Artigo 34. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como ao cumprimento dos requisitos, dos prazos e das condicións establecidos nas normas reguladoras, nesta convocatoria, na resolución de concesión e no documento en que se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Gain, de acordo co previsto nas bases desta convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Cooperar co persoal técnico da Administración nas visitas de seguimento e inspeccións, presentando toda a información que se requira necesaria para verificar o cumprimento das condicións nas que foi outorgada a axuda, así como o correcto desenvolvemento técnico e económico do proxecto.

d) Efectuar o reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

e) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que regula a transparencia e o bo goberno no ámbito da Administración pública de Galicia.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do RDC que vaia realizar o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e no seu caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control, como a Oficina de Loita Contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, tamén auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegarase canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria (artigo 82 do RDC).

g) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, de axudas, de ingresos ou de recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Desenvolver as actividades da unidade mixta na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

j) Presentar o acordo regulador da unidade mixta de investigación no prazo máximo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia.

k) Solicitarlle á Gain autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

l) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

m) Dar publicidade da axuda recibida nos contratos de subcontratación e no equipamento e material instrumental, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances da unidade mixta de investigación, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, nos carteis ou nas publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, respectando o Manual de identidade corporativa (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual), e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado pola Unión Europea».

n) Cumprir co plan de comunicación e difusión establecido no artigo 17 desta convocatoria.

o) Ao se tratar de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027, en relación coa publicidade do financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a entidade beneficiaria deberá, durante a realización da operación, realizar o seguinte:

1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda económica da Unión Europea.

2. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación debe destacar de forma visible as axudas da Unión Europea.

3. Exhibirá unha placa permanente nun lugar ben visible para o público en que figure o emblema da Unión Europea, tan pronto como comece a execución física das operacións en que se instalen os equipos adquiridos e que teñan un custo total superior a 500.000 euros.

4. Para as operacións non encadradas no punto anterior, exporá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño A3, como mínimo, ou unha pantalla electrónica equivalente con información da actuación, en que se destaque o cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027.

5. Realizar un evento de difusión ao comezo das actividades da unidade mixta nun prazo máximo de 2 meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos, e outro á súa finalización para expor os resultados acadados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase como máximo dous (2) meses despois da finalización das actividades da unidade mixta. En ambos os eventos porase de manifesto o apoio da Gain e do Feder. As datas de realización dos eventos deberán ser comunicados á Gain cunha antelación mínima de 15 días naturais. No caso de que a operación supere o custe total de 10.000.000 €, organizarán unha actividade ou acto de comunicación segundo conveña, e farán participar a Comisión e a autoridade de xestión responsable no momento oportuno; esta actividade ou acto de comunicación poderá ser, por exemplo, o evento de difusión que debe realizar no prazo dos dous (2) meses despois da finalización das actividades da unidade mixta.

En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto cunha declaración sinxela en relación co cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea») e mais o logotipo de fondos europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poden descargarse na seguinte ligazón:

https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20982442/logos_web.zip

Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo lugar, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, as entidades beneficiarias deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase pór á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027 (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

No caso de persoal de nova contratación para o proxecto, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento por parte Unión Europea, ao nome da unidade mixta de investigación e a esta convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, a entidade beneficiara deberá comunicar por escrito que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea nos mesmos termos.

p) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos cofinanciados pola Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027.

q) O organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá informar do nivel de logro dos indicadores asociados á actuación que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. Estes indicadores son:

– Indicador de resultado:

RCR02. Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

– Indicador de realización:

RCO07. Organizacións de investigación que participan en proxectos conxuntos de investigación (institucións de investigación).

r) Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización da unidade mixta ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar rexistrados Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Gain, durante a execución e ao finalizar o proxecto (expost), as entidades beneficiarias deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os cales se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

s) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, este deberá manterse vixente durante o período de execución do proxecto e, posteriormente, durante o período de mantemento dos investimentos previstos nesta resolución.

t) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Gain sobre as obrigas desta axuda, á cal serán convocados expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa por cada unha das entidades participantes na unidade mixta de investigación.

u) En todos os materiais de comunicación e publicidade que se elaboren no marco da actuación utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e que ofreza unha imaxe diversa tanto das mulleres coma dos homes.

En todos os actos de difusión que se realicen procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

v) As entidades beneficiarias están obrigadas a facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da Unión no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poida dispor dela.

w) As entidades beneficiarias cumprirán a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade que resulte de aplicación.

x) Manter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da unidade mixta de investigación para a que se concede a axuda. A Gain verificará o cumprimento desta obriga.

y) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa ás entidades beneficiarias na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 35. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención de todos os membros da unidade mixta utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Emisión das facturas
(realización de gastos)

Realización de pagamentos
dos gastos executados

Primeira anualidade

Desde

A data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda)

Ata

31 de decembro de 2025

Ata

31 de decembro de 2025

Segunda anualidade

Desde

1 de xaneiro de 2026

Ata

30 de setembro de 2026

Ata

6 de outubro de 2026

Terceira anualidade

Desde

1 de outubro de 2026

Ata

30 de setembro de 2027

Ata

6 de outubro de 2027

Cuarta anualidade

Desde

1 de outubro de 2027

Ata

30 de setembro de 2028

Ata

6 de outubro de 2028

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Prazos de xustificación
(presentación da documentación)

Primeira anualidade

Ata

Ata o 30 de xaneiro de 2026

Segunda anualidade

Ata

Ata o 10 de outubro de 2026

Terceira anualidade

Ata

Ata o 10 de outubro de 2027

Cuarta anualidade

Ata

Ata o 10 de outubro de 2028

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución. Exceptúanse desta regra xeral os gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que á entidade beneficiaria lle corresponda liquidar eses gastos.

Non serán subvencionables aqueles custos que non se correspondan cos conceptos indicados no DECA, salvo que se solicitase e se aprobase por parte da Gain a modificación oportuna da resolución de concesión.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación científico-técnica e a documentación económica xustificativa dos custos das actividades, indicada nos artigos seguintes.

Os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal). A documentación presentarase de forma ordenada respectando a orde establecida nos citados formularios.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nos artigos seguintes, poderáselle requirir á entidade beneficiaria que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

5. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta, non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Gain requirirao para que a presente no prazo improrrogable de dez días, e advertiralle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

6. A entidade beneficiaria responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presente. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Artigo 36. Documentación xustificativa técnica

A documentación xustificativa técnica do proxecto, que será única para todos os membros da unidade mixta de investigación, é responsabilidade do organismo de investigación como representante dela, e constará de:

a) Informe científico-técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal). Este informe incluirá unha epígrafe relativa ás actividades do plan de comunicación e difusión do proxecto.

b) Memoria libre sobre a evolución do proxecto, en que deberá incluírse a xustificación das normas de publicidade do artigo 34.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade, conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060.

c) No momento da finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, deberá cubrirse a epígrafe relativa aos indicadores de seguimento do proxecto no informe técnico dispoñible na páxina web da Gain.

Artigo 37. Documentación xustificativa económica

O organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar un resumo global de execución para a totalidade das actividades do proxecto, así como o resto da documentación de cada un dos membros da unidade mixta de investigación, que se sinala a continuación:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, empregando o modelo que aparece como anexo IX desta resolución, e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) e na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal). De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

b) Certificado que debe emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á consulta ou non se preste o consentimento expreso para a comprobación por parte do órgano xestor.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Un resumo de execución económica en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto.

d) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou os documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita una análise de coherencia coa documentación técnica.

e) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, que deberán ser o emisor da factura e a entidade beneficiaria da axuda, respectivamente, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á unidade mixta de investigación, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade, selada polo banco, coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, a entidade beneficiaria deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos os pagamentos deberán estar efectivamente realizados dentro do período de execución da anualidade. Con carácter excepcional, o pagamento á entidade financeira mediante cargo na conta bancaria da entidade beneficiaria poderá realizarse dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

Respecto da documentación xustificativa do investimento e do seu pagamento, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica, poderá presentar unha copia en formato PDF dos documentos indicados, realizada pola entidade beneficiaria e acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos presentados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando a Gain llos requira.

f) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable total ou parcialmente, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado de exención ou pro rata relativo á situación da entidade beneficiaria con respecto ao IVE.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ás actividades da unidade mixta de investigación, deberá dispoñerse de:

1. Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace da xerencia ou dirección da entidade, que consistirá nunha relación detallada por traballador/a do persoal dedicado ás actividades da unidade mixta, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e indemnizacións ou axudas de custo), data de pagamento das nóminas, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado, grupo de cotización polo cal está contratado, titulación e dedicación ao proxecto. Declaración da dedicación do persoal ao proxecto, no cal deben figurar as actividades en que participa mensualmente o/a traballador/a coa súa sinatura e a sinatura do/da xefe/a técnico/a do proxecto, conforme o modelo dispoñible na páxina web da Gain.

2. Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

3. Modelos 111 de retencións e ingresos de IRPF e os seus xustificantes bancarios de pagamento.

4. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades da unidade mixta e dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos.

5. Relación nominal de traballadores (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os xustificantes bancarios de pagamento.

6.Informe de datos para a cotización de traballadores por conta allea da Seguridade Social (IDC) relativo ao período de execución de cada anualidade.

7. Informe de vida laboral referido á data de finalización do prazo de xustificación e que comprenda toda a anualidade.

8. Para o persoal de nova contratación, deberá achegarse a copia do contrato en que poidan verificarse a contratación para o desenvolvemento de actividades da unidade mixta de investigación e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o curriculum vitae.

9. Declaración responsable da non participación do persoal da unidade mixta, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional ou, no caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación á unidade mixta, a porcentaxe do 100 % , utilizando o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo X) e que estará accesible na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal).

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados por caixa ou en efectivo.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a entidade beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 14 das bases reguladoras.

Non obstante, no caso de que as entidades beneficiarias reúnan os requisitos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para ter a consideración de poder adxudicador deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos no devandito texto legal.

i) Declaración asinada polo/a representante legal na cal se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá ir acompañada dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Gain poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da entidade.

j) No caso de leasing, será necesario presentar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

k) No caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Factura emitida pola entidade subcontratada á entidade beneficiaria en que se especifique claramente o nome da unidade mixta de investigación financiada. No caso de que sexan varias facturas, todas elas deberán especificar o título da unidade mixta.

2. Xustificantes bancarios de pagamento da/das factura/s da subcontratación.

3. Memoria técnica realizada polo/a subcontratista, datada e asinada, en que se describan os servizos e as actividades realizadas no proxecto, coa desagregación dos custos e dos medios persoais e materiais empregados na súa realización.

4. A documentación que deberán achegar os/as subcontratistas segundo o indicado no artigo 12 desta convocatoria.

l) Documentación xustificativa da achega monetaria da empresa ao organismo de investigación para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación acompañada da copia das transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica.

Artigo 38. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Gain efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto das entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución, sen superar en ningún caso o importe correspondente a cada exercicio orzamentario. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán acadar ata o 90 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías, de acordo co establecido nos artigos 65.4 e 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Pagamentos anticipados: poderase solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade e logo da presentación do acordo regulador da unidade mixta mixta de investigación asinado entre os seus integrantes.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

Para a solicitude dos pagamentos anticipados, deberá presentarse a documentación que se indica a continuación:

– Solicitude motivada de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal).

– Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional (anexo XI), utilizando o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e publicado tamén na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal).

4. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

5. A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá ser superior ao 90 % da subvención total concedida.

6. Antes de efectuar o pagamento da subvención en cada anualidade, a Gain comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención. É obrigatoria a realización, como mínimo, dunha actividade de inspección por parte da Gain e, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento por parte do órgano que concede, e quedará constancia no expediente mediante unha acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma pola entidade beneficiaria.

Logo da inspección efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento coa seguinte cualificación:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo, se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto inicial por un baixo desempeño ou por unha deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento.

A Gain poderá realizar ao longo do proxecto as accións de comprobación que considere adecuadas para verificar o cumprimento das condicións técnicas e económicas exixidas á entidade beneficiaria e cando se considere oportuno.

7. Nas visitas de inspección, no caso de dúbida sobre o adecuado desenvolvemento do proxecto, poderáselle requirir á entidade beneficiaria que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para poder verificar o cumprimento das súas obrigas e a adecuada realización efectiva do proxecto.

8. A Gain poderá solicitar un novo informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente», no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 39. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da entidade beneficiaria de estar ao día nas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se aboou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 40. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da devandita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, de ser o caso, efectuará o reintegro da subvención.

Tamén deberán reintegrar total ou parcialmente a subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, a inexactitude ou a omisión dos datos proporcionados pola entidade beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda ou a ocultación dos datos que a impedisen.

b) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

c) O incumprimento total ou parcial dos obxectivos, das tarefas, dos compromisos ou das condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

d) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación dun custo inferior ao orzamento subvencionable ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

e) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 34 desta resolución.

f) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas, para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade, do emprego ou do investimento, así como do plan de igualdade do centro no caso da aplicación como criterio de desempate, de acordo co establecido no artigo 27 desta resolución.

h) Non acreditar o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores para subvencións por importe superior a 30.000 €.

i) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.

j) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da innovación, nos termos e condicións establecidos no artigo 34 desta convocatoria.

k) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 41. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da subvención, será causa de reintegro total ou parcial da subvención.

En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento os seguintes supostos:

a) O incumprimento total e manifesto dos obxectivos, das tarefas, dos compromisos ou das condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda, previsto no artigo 40.1.c), determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación. En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando o custo xustificado sobre o custo total subvencionable do proxecto sexa inferior ao 60 % . Procederase de xeito análogo cando exista un informe final negativo por non se satisfaceren correctamente os compromisos e os obxectivos do proxecto.

b) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

c) Non someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, as verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegarase canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Non dar publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido nestas bases.

e) Non lle comunicar á Gain a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

f) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

g) O incumprimento da normativa en materia de prazos de pagamento a provedores.

h) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

i) A xustificación dun custo inferior ao orzamento mínimo subvencionable previsto no artigo 6 da convocatoria.

j) Xustificar unha achega global das empresas ao orzamento executado da unidade mixta de investigación inferior a un 40 % para as unidades mixtas de nova creación (IN853A) e consolidables (IN853B) e inferior a un 45 % para os centros mixtos de investigación (IN853C).

k) No caso dos centros mixtos de investigación, non xustificar como mínimo o 50 % da achega global das empresas como achega monetaria.

l) Non xustificar unha participación do organismo de investigación cun valor medio mínimo do 10 % do orzamento executado da unidade mixta de investigación.

m) A disolución ou paralización das actividades da unidade mixta de investigación con anterioridade ao seu período mínimo de duración previsto no artigo 6, agás que a empresa fose declarada en concurso de acredores. Neste caso e desde ese momento, non se tramitarán novos pagamentos e non procederá o reintegro das cantidades recibidas se están adecuadamente xustificadas.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación é inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando unha porcentaxe do 10 % do custo deixado de xustificar neste concepto.

b) O incumprimento da obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto consonte o establecido nesta resolución, se non se adoptaron medidas correctoras, suporá a perda do 3 % da subvención concedida á unidade mixta de investigación. Esta penalización aplicarase aos supostos de incumprimento das actividades previstas no plan de comunicación e difusión do proxecto.

c) O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 14 desta convocatoria sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007 dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do gasto respecto do cal non se achegan as tres ofertas.

d) Ao tratarse de proxectos en colaboración efectiva entre empresas e un organismo de investigación e difusión de coñecemento, cando na execución a súa colaboración deixe de ser unha colaboración efectiva (ver punto 6 do artigo 2), descontarase unha porcentaxe do 15 % da axuda ao non cumpriren os requisitos do artigo 25.6.b) do Regulamento (UE) nº 651/2014.

e) O incumprimento parcial dos obxectivos, das tarefas, dos compromisos ou das condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda, previsto no artigo 40.1.c), determinado a través dos mecanismos de seguimento, control e comprobación, implicará a redución da axuda de xeito proporcional ao incumprimento das actividades non realizadas, cuxo alcance se determina no informe indicado no artigo 38.6.

f) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

A aplicación destas penalizacións realizarase na última anualidade e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase a entidade beneficiaria para que devolva os fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación dun expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

3. Excepcionalmente, se o incumprimento derivase de causas de forza maior, causas non imputables á entidade beneficiaria ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Gain poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumpran as actividades e os obxectivos do proxecto e se alcance un informe final positivo.

4. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

Artigo 42. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada unha parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 40 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, que se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio, mediante acordo do órgano que concede estas axuda e comunicaráselle á entidade beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración da perda do dereito á cobranza ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 43. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte da entidade beneficiaria.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que deban ser cumpridas ou mantidas por parte da entidade beneficiaria durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o devandito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración, realizada con coñecemento formal da entidade beneficiaria, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal da entidade beneficiaria no curso dos devanditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna da entidade beneficiaria conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 44. Control

1. A Gain poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo/a representante da Administración coma pola entidade beneficiaria. A comprobación material definida anteriormente poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Gain poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións ás entidades beneficiarias que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida. Ademais desta actividade final de inspección, a Gain, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Gain poderá convocar as entidades beneficiarias, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC e ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para o exercicio destas actuacións, as entidades beneficiarias deberán achegar canta información lles sexa requirida. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria (artigo 82 RDC).

Artigo 45. Publicación

No prazo máximo de tres (3) meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 46. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, no marco desta convocatoria, poderá pór os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 47. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, pola que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e demais normativa na materia que sexa de aplicación.

f) Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

g) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

Supletoriamente, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e as demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Gain para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Índice da memoria técnica

IN853A-Axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación

A memoria deberá conter, na orde sinalada e coa numeración indicada, os seguintes epígrafes:

1. Identificación da unidade mixta de investigación.

1.1. Denominación.

1.2. Membros da UMI e identificación das persoas responsables.

1.3. Resumo da proposta.

2. Integrantes da unidade mixta de investigación.

2.1. Identificación das entidades participantes (breve historial).

2.2. Antecedentes e experiencia das entidades participantes nas liñas de investigación/innovación da unidade mixta.

2.3. Complementariedade científico-técnica das entidades para o desenvolvemento dos obxectivos da unidade.

2.4. Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación/innovación da unidade mixta.

2.5. Perfil profesional-traxectoria científico-técnica do equipo humano da unidade mixta.

A. Descrición do equipo humano do organismo de investigación que formará parte do equipo de investigación da unidade.

A.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

A.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

B. Descrición do equipo humano da empresa 1 que formará parte do equipo de investigación da unidade.

B.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

B.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

C. Descrición do equipo humano da empresa 2 que formará parte do equipo de investigación da unidade (se procede).

C.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

C.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

D. Descrición do equipo humano da empresa 3 que formará parte do equipo de investigación da unidade (se procede).

D.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

D.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

3. Contido científico-técnico da proposta.

3.1. Descrición das liñas de investigación/innovación. Finalidade da UMI. Obxectivos.

3.2. Plan de traballo:

• Descrición de fases e actividades.

• Dirección e coordinación dos traballos.

• Cronograma das fases/actividades (deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da UMI).

3.3. Xustificación da novidade/grao de innovación dos obxectivos propostos. Novidades e melloras respecto ao estado actual da arte.

3.4. Viabilidade das liñas de investigación/innovación (compatibilidade e coherencia cos obxectivos da UMI/análise de puntos críticos e factores de risco e plan de continxencias para facerlles fronte).

3.5. Colaboracións científico-técnicas da UMI con pemes (as subcontratacións deberán estar recollidas no orzamento da UMI).

Datos da peme

Razón social

NIF

Localización

Xustificación da necesidade de subcontratación/complementariedade coa UMI

Descrición do obxecto e alcance da subcontratación nas actividades que se van desenvolver na UMI

Custo estimado

Documentación que se presenta:

□ Declaración de intencións asinada entre as partes

□ Ofertas conforme o sinalado no artigo 14 da convocatoria

4. Aliñamento coa RIS3 Galicia

Consonancia e adecuación das áreas de investigación da UMI aos retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 Galicia 2021-2027.

5. Definición e presentación de proxectos en Horizonte Europa e outros programas internacionais.

5.1. Capacidade da UMI para presentar proxectos en Horizonte Europa e outros programas internacionais-Experiencia das entidades integrantes da UMI na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias.

5.2. Resultados obtidos con éxito nos últimos cinco anos.

Título do proxecto. Acrónimo

Entidades participantes

Obxecto do proxecto

Entidade financiadora

Persoa investigadora principal

Convocatoria/disposición reguladora

Código/referencia do proxecto

Importe da axuda económica

Ano de concesión

Data de inicio

Data fin

*É preciso achegar documentación acreditativa do proxecto concedido

6. Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico.

6.1. Efecto tractor sobre a cadea de valor. Capacidade de arrastre da UMI no seu ámbito.

6.2. Impacto científico-tecnolóxico sobre o sector de actividade da UMI.

7. Impacto socioeconómico da UMI.

7.1. Interese socioeconómico da UMI atendendo ao estado actual da arte.

7.2. Xeración de emprego

7.3. Igualdade de xénero. Participación de mulleres no equipo investigador.

7.4. Adecuación razoada do aliñamento dos obxectivos da UMI coa investigación e a innovación responsable (IIR). Aliñamento con algún dos seguintes criterios:

• A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

• A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

• A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, a enxeñaría e a tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

• A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

• A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

7.5. Participación de persoas con diversidade funcional.

7.6. Implicacións ambientais do proxecto: descrición das melloras ambientais e de sustentabilidade que se poidan derivar da execución do proxecto e a súa coherencia co Pacto verde europeo.

8. Estrutura organizativa da UMI.

8.1. Definición dos compromisos das entidades participantes na UMI nos ámbitos científico-técnico, económico e organizativo.

8.2. Definición dos compromisos e planificación para a explotación dos resultados previstos.

8.3. Localización das dependencias da UMI.

9. Efecto incentivador

Xustificación de como a axuda fará que as entidades solicitantes emprendan actividades complementarias que non realizarían ou que realizarían dunha maneira limitada ou diferente, de forma que a axuda supoña un aumento substancial dalgún/s dos seguintes puntos:

• Do alcance do proxecto.

• Da cantidade total investida.

• Da súa velocidade de execución.

ANEXO VIII

Índice da memoria técnica

□ IN853B-Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación

□ IN853C-Axudas para o establecemento de centros mixtos de investigación

A memoria deberá conter, na orde sinalada e coa numeración indicada, as seguintes epígrafes:

1. Identificación da unidade mixta de investigación.

1.1. Denominación.

1.2. Membros da UMI e identificación das persoas responsables.

1.3. Antecedentes da UMI proposta (referencia ás etapas anteriores).

1.4. Resumo da proposta.

2. Resultados acadados na etapa anterior da proposta da UMI que se presenta

2.1. Descrición dos resultados acadados na etapa anterior da UMI nos procesos e produtos das entidades participantes e no seu sector de actividade.

2.2. Propostas aprobadas en Horizonte Europa ou noutros programas internacionais froito do traballo da UMI na etapa anterior.

Título do proxecto. Acrónimo

Entidades participantes

Obxecto do proxecto

Entidade financiadora

Persoa investigadora principal

Convocatoria/disposición reguladora

Código/referencia do proxecto

Importe da axuda económica

Ano de concesión

Data de inicio

Data fin

*É preciso achegar documentación acreditativa do proxecto concedido

2.3. Invencións xeradas na etapa anterior. Rexistros ante organismos oficiais de invencións.

Persoas inventoras, solicitantes do rexistro

Tipo de rexistro (patente, modelo de utilidade, rexistro de propiedade intelectual de software ou rexistro de variedades vexetais).

Título da solicitude

Obxecto da invención

Número da solicitude

Organismo de propiedade industrial (OEPM, EPO...)

Estado da solicitude

2.4. Novos empregos creados na etapa anterior.

Organismo de investigación

Razón social

NIF

Titulación

Perfil técnico

% dedicación á UMI

Empresa 1

Razón social

NIF

Titulación

Perfil técnico

% dedicación á UMI

Empresa 2 (se procede)

Razón social

NIF

Titulación

Perfil técnico

% dedicación á UMI

Empresa 3 (se procede)

Razón social

NIF

Titulación

Perfil técnico

% dedicación á UMI

3. Contido científico-técnico da proposta.

3.1. Descrición das liñas de investigación/innovación. Obxectivos (definición sobre os resultados e evolución das liñas de investigación da etapa anterior).

3.2. Xustificación da necesidade de consolidar a UMI / crear un centro mixto de investigación / consolidar un centro mixto de investigación (segundo proceda).

3.3. Xustificación da novidade/grao de innovación dos obxectivos propostos. Novidades e melloras respecto ao estado actual da arte.

3.4. Viabilidade das liñas de investigación/innovación (compatibilidade e coherencia cos obxectivos da UMI/análise de puntos críticos e factores de risco e plan de continxencias para facerlles fronte).

3.5. Plan de traballo:

• Descrición de fases e actividades.

• Dirección e coordinación dos traballos.

• Cronograma das fases/actividades (deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da UMI).

3.6. Definición dos compromisos das entidades participantes na UMI nos ámbitos científico-técnico, económico e organizativo.

4. Capacidade de internacionalización dos resultados previstos.

• Descrición do plan e grao de internacionalización dos resultados previstos

• Impacto potencial da UMI en mercados internacionais

• Liderado internacional do equipo de investigación nas liñas de investigación

5. Oportunidades de negocio e comercialización dos resultados previstos.

5.1. Descrición do potencial e capacidades para a posta en marcha das oportunidades detectadas, competencia e atributos diferenciadores, barreiras de entrada e dispoñibilidade de recursos.

5.2. Plan de negocio e comercialización dos resultados previstos.

6. Repercusión dos resultados previstos.

Repercusión dos resultados previstos nos procesos e produtos das entidades integrantes da UMI. Capacidade de arrastre na UMI no seu ámbito.

7. Colaboracións científico-técnicas da UMI con pemes (as subcontratacións deberán estar recollidas no orzamento da UMI).

Datos da peme

Razón social

NIF

Localización

Xustificación da necesidade de subcontratación/complementariedade coa UMI

Descrición do obxecto e alcance da subcontratación nas actividades que se van desenvolver na UMI

Custo estimado

Documentación que se presenta:

□ Declaración de intencións asinada entre as partes

□ Ofertas conforme o sinalado no artigo 14 da convocatoria

8. Perfil profesional, traxectoria científico-técnica do equipo humano da unidade mixta.

8.1. Descrición do equipo humano do organismo de investigación que formará parte do equipo de investigación da unidade.

8.1.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.1.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades

da unidade mixta (%)

Mantemento do emprego

na etapa anterior

SI/NON

Novo emprego

SI/NON

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.2. Descrición do equipo humano da empresa 1 que formará parte do equipo de investigación da unidade.

8.2.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.2.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades

da unidade mixta (%)

Mantemento do emprego

na etapa anterior

SI/NON

Novo emprego

SI/NON

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.3. Descrición do equipo humano da empresa 2 que formará parte do equipo de investigación da unidade (se procede).

8.3.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.3.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades

da unidade mixta (%)

Mantemento do emprego

na etapa anterior

SI/NON

Novo emprego

SI/NON

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.4. Descrición do equipo humano da empresa 3 que formará parte do equipo de investigación da unidade (se procede).

8.4.1. Persoal propio.

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF/pasaporte

Titulación

Posto na entidade

Experiencia

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades da unidade mixta (%)

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

8.4.2. Novas contratacións.

Titulación

Requisitos

Principais funcións na unidade mixta

Dedicación ás actividades

da unidade mixta (%)

Mantemento do emprego

na etapa anterior

SI/NON

Novo emprego

SI/NON

Xustificación das porcentaxes de dedicación sobre a base das tarefas que se van desenvolver na unidade mixta

9. Localización das dependencias da UMI

10. Impacto socioeconómico da UMI

10.1. Xeración de emprego

10.2. Igualdade de xénero. Participación de mulleres no equipo investigador.

10.3. Adecuación razoada do aliñamento dos obxectivos da UMI coa investigación e a innovación responsable (IIR). Aliñamento con algún dos criterios seguintes:

• A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

• A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

• A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, a enxeñaría e a tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

• A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

• A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

10.4. Participación de persoas con diversidade funcional.

10.5. Implicacións ambientais do proxecto: descrición das melloras ambientais e de sustentabilidade que se poidan derivar da execución do proxecto e a súa coherencia co Pacto verde europeo.

11. Efecto incentivador.

Xustificación de como a axuda fará que as entidades solicitantes emprendan actividades complementarias que non realizarían ou que realizarían dunha maneira limitada ou diferente, de forma que a axuda supoña un aumento substancial dalgún/s dos seguintes puntos:

• Do alcance do proxecto.

• Da cantidade total investida.

• Da súa velocidade de execución.

ANEXO IX

Memoria xustificativa do cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH)

IN853A-Axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación

IN853B-Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación

IN853C-Axudas para o establecemento de centros mixtos de investigación

A memoria deberá conter as seguintes epígrafes:

1. Resumo do proxecto.

a) Detallaranse e especificaranse as actividades, os métodos e os procedementos para seguir coa indicación da responsabilidade e a participación de cada unha das entidades nas actividades.

b) Describiranse os obxectivos técnicos, especificando as implicacións ambientais que comporta a súa realización (utilización de recursos, xeración de residuos, emisións de gases de efecto invernadoiro, tratamentos de augas, etc.)

c) Describiranse os resultados esperados no proxecto e por cada socio, especificando o posible beneficio ambiental que se achega na súa realización.

2. Consideración dos efectos ambientais directos ou indirectos na execución do proxecto e na súa posible vida útil.

Considérase un efecto indirecto aquel que se produce con posterioridade á execución do proxecto e que sexa efecto da utilización/explotación do produto desenvolvido.

Detallaranse os efectos ao ambiente, tanto directos como indirectos, provocados no proceso de desenvolvemento do proxecto e a súa posterior utilización.

Se no desenvolvemento do proxecto e na súa vida útil se identifica un efecto prexudicial para o ambiente con base nos obxectivos ambientais, débese propor unha alternativa de utilización/produción. Se non houbese alternativa posible, deberase argumentar e xustificar a súa necesidade de uso ou produción.

3. Xustificación do proxecto como actividade de baixo impacto ambiental.

Nesta epígrafe débese de xustificar e argumentar que:

a) Non existen alternativas viables de baixo impacto ambiental desde o punto de vista técnico e/ou económico para realizar o proxecto;

b) Se adoptan os mellores niveis de desempeño ambiental no sector para a execución do proxecto;

c) A actividade conduce a un desempeño ambiental significativamente mellor que as alternativas dispoñibles no sector.

Os tres puntos deben ser argumentados e xustificados tendo en conta os procesos ou tecnoloxías de utilización e/ou o desenvolvemento do proxecto.

4. Obxectivos ambientais.

Para cubrir esta epígrafe débese explicar o proceso de produción ou desenvolvemento do proxecto e se interfire ou se compromete algúns dos obxectivos ambientais. Aínda que non sexa de aplicación algún dos obxectivos ambientais no desenvolvemento do proxecto, débese xustificar igualmente. Con carácter xeral, cada obxectivo ambiental debe conter:

a) Unha explicación do obxectivo técnico e do proceso (actividades do proxecto e materias primas utilizadas) de desenvolvemento do proxecto enfocada a cada obxectivo ambiental.

b) A argumentación e/ou xustificación á pregunta formulada debe incluír referencias á lexislación ambiental nacional e/ou da UE aplicable.

c) Facilitar, cando for posible, datos cuantitativos de referencia e valores cuxa meta se pretende alcanzar.

d) No caso de se identificar un impacto, indicaranse mecanismos de control e seguimento para previlo. Incluiranse referencias á aplicación ou utilización de sistemas de xestión medio ambiental, utilización de bens ou servizos con etiqueta ecolóxica da UE.

En cada obxectivo ambiental débese responder a pregunta formulada coas indicacións especificas descritas para cada un deles:

1. Contribución substancial para a mitigación do cambio climático.

Espérase que o proxecto xere emisións importantes de gases de efecto invernadoiro?

Segundo o artigo 10 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial a estabilizar as concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosas no sistema climático compatible co obxectivo de longo prazo en materia de temperatura do Acordo de París, a través da prevención ou redución das emisións dos ditos gases ou do incremento da súa absorción, concretamente a través da innovación de procesos ou produtos por algún dos medios seguintes:

a) A xeración, a transmisión, o almacenamento, a distribución ou o uso de enerxías renovables, en particular utilizando tecnoloxías innovadoras cun potencial de aforro futuro significativo ou mediante os reforzos ou ampliacións da rede que foren necesarios.

b) A mellora da eficiencia enerxética, excepto para as actividades de xeración de electricidade a que se refire o artigo 19, punto 3.

c) O aumento da mobilidade limpa ou climaticamente neutra.

d) O paso para a utilización de materiais renovables procedentes de fontes sustentables.

e) O aumento do uso de tecnoloxías de captura e utilización de carbono e de captura e almacenamento de carbono seguros para o ambiente que xeren unha redución neta das emisións de gases de efecto invernadoiro.

f) O reforzo dos sumidoiros de carbono, en particular mediante a prevención da deforestación e da degradación dos bosques, a recuperación dos bosques, a xestión sustentable e a recuperación das terras agrícolas, dos prados e das zonas húmidas, a forestación e a agricultura rexenerativa.

g) A implantación da infraestrutura enerxética necesaria para posibilitar a descarbonización dos sistemas de enerxía.

h) A produción de combustibles limpos e eficientes a partir de fontes renovables ou neutras en carbono ou.

i) Facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) e h) do presente alínea conforme o disposto no artigo 16.

Deberase facer referencia á compatibilidade co obxectivo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para o ano 2030 e co obxectivo de neutralidade climática para o ano 2050.

Para accións relacionadas con electrificación, farase referencia á complementación con medidas dirixidas á descarbonización e ao aumento da capacidade de xeración de enerxías renovables a nivel nacional.

2. Contribución substancial para a adaptación ao cambio climático.

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, a natureza ou os activos?

Segundo o artigo 11 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade económica contribúe de forma substancial á adaptación ao cambio climático cando esta actividade:

a) Inclúa solucións de adaptación que ou ben reduzan de forma substancial o risco de efectos adversos do clima actual e do clima previsto no futuro sobre esa actividade económica ou ben reduzan de forma substancial eses efectos adversos, sen aumentar o risco de efectos adversos sobre as persoas, a natureza ou os activos.

b) Prevexa solucións de adaptación que, ademais de cumprir as condicións establecidas no artigo 16, contribúen de forma substancial para previr ou reducir o risco de efectos adversos do clima actual e do clima previsto no futuro ou reduzan de forma substancial eses efectos adversos sobre as persoas, a natureza ou os activos, sen aumentar o risco de efectos adversos sobre outras persoas, outras partes da natureza ou outros activos.

Débese referenciar a valoración de realizar unha avaliación do risco climático e realizala se for de aplicación.

3. Contribución sustentable para o uso sustentable e para a protección dos recursos hídricos e mariños.

Espérase que o proxecto prexudique o bo estado ou o bo potencial ecolóxico das masas de augas (superficiais e subterráneas) ou o bo estado ecolóxico das augas mariñas?

Segundo o artigo 12 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade económica contribúe de forma substancial para o uso sustentable e para a protección dos recursos hídricos e mariños cando contribúa substancialmente para alcanzar o bo estado das masas de augas, incluídas as augas superficiais e as augas subterráneas, ou a previr a súa deterioración cando están xa en bo estado, ou ben cando contribúa substancialmente para acadar o bo estado ambiental das augas mariñas ou para previr a súa deterioración cando estean en bo estado ambiental por algún dos medios seguintes:

a) Protexer o ambiente dos efectos adversos das verteduras de augas residuais urbanas e industriais, en especial, de contaminantes que son obxecto de preocupación crecente, como os produtos farmacéuticos e os microplásticos, garantindo a recollida, o tratamento e a vertedura adecuados das augas residuais urbanas e industriais.

b) Protexer a saúde humana dos efectos adversos de toda a contaminación das augas destinadas ao consumo humano garantindo que estas estean libres de calquera microorganismo, parasito ou substancia que poida representar un perigo para a saúde humana e mellorando o acceso da poboación á auga potable limpa.

c) Mellorar a xestión e a eficiencia da auga, en particular, protexendo e mellorando o estado dos ecosistemas acuáticos, fomentando o uso sustentable da auga mediante a protección no longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles, por exemplo, con medidas como a reutilización da auga, reducindo progresivamente os contaminantes nas augas superficiais e subterráneas, contribuíndo a reducir os efectos de inundacións e secas, ou mediante calquera outra actividade que protexa ou mellore o estado cualitativo e cuantitativo das masas de auga.

d) Velar pola utilización sustentable dos servizos dos ecosistemas mariños ou contribuír para o bo estado ambiental das augas mariñas, en particular, protexendo, conservando e restaurando o medio mariño e evitando ou reducindo as verteduras no medio mariño, ou

e) Facilitar calquera das actividades enumeradas nas letras a) a d) do presente punto conforme o disposto no artigo 16.

Con base na execución do proxecto, débense de identificar e considerar os posibles riscos de degradación ambiental da calidade das augas e prevención da tensión hídrica, en virtude do Directiva marco da auga e os plans hidrolóxicos de bacía.

No caso de actuacións no medio mariño e costeiro, non impedir nin comprometer de forma permanente a consecución dun bo estado ambiental, tal como se define na Directiva marco sobre a estratexia mariña, a nivel da rexión ou subrexión mariña de que se trate ou nas augas mariñas doutros Estados.

Débese referenciar non ter un impacto significativo sobre: i) as masas de auga afectadas ou ii) hábitats e especies protexidos que dependen directamente da auga.

Débese respectar a xerarquía de mitigación e outros requisitos pertinentes en virtude da Directiva de aves silvestres e da Directiva de conservación dos hábitat naturais e de flora e fauna silvestres.

4. Contribución substancial para a transición para unha economía circular.

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos, agás a incineración de residuos perigrosos non reciclables, ou que xere importantes ineficiencias no uso directo ou indirecto de recursos naturais en calquera das fases do seu ciclo de vida que non se minimicen con medidas adecuadas ou que dea lugar a un prexuízo significativo e a longo prazo para o ambiente en relación coa economía circular?

Segundo o artigo 13 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á transición cara á economía circular, en particular á prevención, á reutilización e á reciclaxe de residuos cando a dita actividade:

a) Use os recursos naturais, concreta materiais sustentables de orixe biolóxica e outras materias primas, na produción de modo máis eficiente, a través da redución do uso de materias primas primarias ou do aumento do uso de subprodutos e de materias primas secundarias, ou use medidas de eficiencia enerxética e dos recursos.

b) Aumente a durabilidade, a reparabilidade ou as posibilidades de actualización ou reutilizacIón dos produtos, especialmente nas actividades de deseño e fabricación.

c) Aumente a reciclabilidade dos produtos e a reciclabilidade dos materiais contidos nos ditos produtos, entre outras maneiras a través da substitución dos produtos e materiais non reciclables ou a súa menor utilización, especialmente nas actividades de deseño e fabricación.

d) Reduza de forma substancial o contido de substancias perigosas e substitúa as substancias extremadamente preocupantes en materiais e produtos ao longo de todo o seu ciclo de vida, consonte os obxectivos establecidos no dereito da Unión, en particular substituíndo as ditas substancias por alternativas máis seguras e garantindo a súa rastrexabilildade.

e) Prolongue o uso de produtos, concretamente a través da reutilización, o do deseño para a súa durabilidade, de novas orientacións, da desmontaxe, das actualizacións, da reparación e do uso compartido.

f) Aumente o uso de materias primas secundarias e a calidade destas, en particular a través da reciclaxe de residuos de alta calidade.

g) Preveña ou reduza a xeración de residuos, especialmente a procedente da extracción de minerais e os residuos da construción e demolición de edificios.

h) Incremente a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos.

i) Aumente o desenvolvemento da infraestrutura de xestión de residuos necesaria para a prevención, para a preparación para a reutilización e para a reciclaxe, ao tempo que se garanta que os materiais recuperados resultantes se reciclan como materias primas secundarias de alta calidade na produción, evitando o ciclo de degradación.

j) Reduza ao mínimo a incineración e evite a vertedura dos residuos, incluída a descarga en vertedoiros, de conformidade cos principios da xerarquía de residuos.

k) Evite ou reduza a dispersión de residuos no ambiente.

l) Facilite as actividades mencionadas nas letras a) a k) deste punto conforme o disposto no artigo 16.

Débese garantir a utilización eficiente para os principais recursos utilizados. Débense abordar as ineficiencias no uso dos recursos e garantir a recollida separada eficaz e eficiente dos residuos en orixe, así como que as fraccións separadas en orixe se envían para a preparación para a súa reutilización ou reciclaxe.

Todo iso consonte o plan de xestión de residuos e o programa de prevención de residuos nacionais ou rexionais pertinentes, de conformidade co artigo 28 da Directiva 2008/98/CE, modificada pola Directiva 2018/851/UE e, cando exista, coa estratexia nacional, rexional ou local de economía circular e cos principios de produtos sustentables e coa xerarquía de residuos; priorizarase a prevención de residuos.

5. Contribución substancial para a prevención e o control da contaminación.

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, á auga ou ao solo?

Segundo o artigo 14 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á prevención e o control da contaminación cando contribúa á protección fronte á contaminación do ambiente por algún dos medios seguintes:

a) Previr ou, cando isto non for posible, reducir as emisións contaminantes para a atmosfera, a auga ou a terra, distintas dos gases de efecto invernadoiro.

b) Mellorar os niveis de calidade do aire, da auga ou do solo nas zonas en que a actividade económica se realiza e minimizar ao mesmo tempo os efectos adversos para a saúde humana e o ambiente, ou o risco de os xerar.

c) Previr ou reducir ao mínimo calquera efecto adverso para a saúde humana e o ambiente provocado pola produción, o uso e a eliminación de produtos químicos.

d) Realizar tarefas de limpeza dos residuos abandonados e de calquera outra contaminación.

e) Facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) a d) deste punto, conforme o artigo 16.

Todo iso realizarase facendo referencia aos plans de redución da contaminación existentes a nivel mundial, nacional, rexional ou local. Se for de aplicación, identificaranse, proporanse e incluiranse solucións alternativas ao uso de substancias perigosas.

Se for de aplicación, xustificarase a metodoloxía de uso sustentable dos praguicidas.

Se for de aplicación, xustificarase a utilización das mellores prácticas para combater a resistencia aos antimicrobianos.

6. Contribución substancial para a protección e a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas

Espérase que o proxecto vaia en gran medida en detrimento das boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas ou en detrimento do estado da conservación dos hábitats e das especies, en particular daqueles de interese para a Unión Europea?

Segundo o artigo 15 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas cando esta actividade contribúa de forma substancial a protexer, conservar ou recuperar a biodiversidade ou a lograr as boas condicións dos ecosistemas, ou a protexer os ecosistemas que xa están en boas condicións por medio o:

a) Da conservación da natureza e da biodiversidade, en particular, logrando un estado de conservación favorable dos hábitats naturais e seminaturais e das especies ou evitando a súa deterioración se o seu estado e conservación xa é favorable, e protexendo e restaurando os ecosistemas terrestres, mariños e outros ecosistemas acuáticos co fin de mellorar o seu estado e capacidade de prestar servizos ecosistémicos.

b) Do uso e a xestión sustentable da terra, en particular, a protección adecuada da biodiversidade do solo, a neutralidade na degradación das terras e o saneamento dos terreos contaminados.

c) Dunhas prácticas agrícolas sustentables, en particular, aquelas que contribúan a mellorar a biodiversidade ou a frear ou evitar a degradación dos solos e outros ecosistemas, a deforestación e a perda de hábitats.

d) Dunha xestión forestal sustentable, cunhas prácticas e unha utilización dos bosques e dos terreos forestais que contribúan a mellorar a biodiversidade ou que freen ou eviten a degradación dos ecosistemas, a deforestación e a perda de hábitats.

e) Facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) a d) deste punto, conforme o disposto no artigo 16.

Confirmarase e xustificarase que a actuación respecta a xerarquía de mitigación e outros requisitos pertinentes en virtude da Directiva de aves silvestres e a Directiva de conservación dos hábitats naturais.

Cando cumpra, confirmarase o compromiso de realización dunha avaliación do impacto ambiental e aplicación das súas conclusións.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file