BDNS (Identif.): 851368.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/851368
Primeiro. Entidades beneficiarias
Serán entidades beneficiarias as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas das cales polo menos unha debe ser unha peme, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.
No marco desta resolución, consideraranse organismos de investigación:
– Os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
– As universidades públicas do Sistema universitario galego.
– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
– As fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia.
–Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
Segundo. Obxecto da convocatoria
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación, no marco do Programa de unidades mixtas de investigación, mediante as seguintes modalidades:
• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.
• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.
• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.
Estas axudas teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento de proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre os centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Así mesmo, mediante esta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Financiamento
O importe total da convocatoria é 12.000.000 euros, coa seguinte distribución:
|
Modalidade |
Entidades beneficiarias |
Aplicación orzamentaria |
Crédito (en euros) |
||||
|
Ano 2025 |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Ano 2028 |
Total |
|||
|
Mod. A (IN853A) |
Organismos de investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00003) |
321.250,00 |
900.000,00 |
1.183.750,00 |
750.000,00 |
3.155.000,00 |
|
Organismos de investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00003) |
3.750,00 |
300.000,00 |
291.250,00 |
250.000,00 |
845.000,00 |
|
|
Total |
325.000,00 |
1.200.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. B (IN853B) |
Organismos de investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
318.750,00 |
900.000,00 |
1.181.250,00 |
750.000,00 |
3.150.000,00 |
|
Organismos de investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
6.250,00 |
300.000,00 |
293.750,00 |
250.000,00 |
850.000,00 |
|
|
Total |
325.000,00 |
1.200.000,00 |
1.475.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Mod. C (IN853C) |
Organismos de investigación privados |
07.A2.561A.781.0 (CP: 2025 00004) |
260.000,00 |
660.000,00 |
980.000,00 |
600.000,00 |
2.500.000,00 |
|
Organismos de investigación públicos |
07.A2.561A.744.0 (CP: 2025 00004) |
90.000,00 |
440.000,00 |
570.000,00 |
400.000,00 |
1.500.000,00 |
|
|
Total |
350.000,00 |
1.100.000,00 |
1.550.000,00 |
1.000.000,00 |
4.000.000,00 |
||
|
Total |
1.000.000,00 |
3.500.000,00 |
4.500.000,00 |
3.000.000,00 |
12.000.000,00 |
||
A distribución de fondos entre as modalidades de axuda, as aplicacións orzamentarias, a tipoloxía de beneficiarios e as anualidades sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, e mesmo será posible a incorporación de novas aplicacións orzamentarias e de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.
Intensidade das axudas: ata un 40 % do orzamento total subvencionable da unidade mixta, cun máximo de 3.000.000 euros.
Quinto. Prazo das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de setembro de 2025, e deberá cumprirse o prazo mínimo dun mes.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
