Antecedentes.
Debido aos incendios forestais que están asolando a provincia de Ourense foi declarada a situación 2 de emerxencia en toda a provincia de Ourense.
Consideracións legais e técnicas.
I. O artigo 54 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, establece que, anualmente, unha resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de caza determinará as épocas hábiles de caza e as medidas de control por danos, así como os réximes especiais por especies.
II. A Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2025-2026 (DOG núm. 81, do 29 de abril), determina que a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá modificar o inicio ou o remate dos períodos de caza sinalados cando haxa razóns especiais que o xustifiquen, así como ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta disposición mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
III. Debido ao estado dos incendios forestais foi declarada a situación 2 de emerxencia en toda a provincia de Ourense polo que cómpre determinar a prohibición de cazar en todo o ámbito territorial desta provincia, de acordo co previsto na Resolución do 10 de abril de 2025.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Prohibir, desde o día da publicación no Diario Oficial de Galicia e en canto se manteña o nivel 2 de emerxencia ou superior, toda actividade cinexética en toda a provincia de Ourense, de acordo co previsto na disposición adicional da Resolución do 10 de abril de 2025.
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, que non finaliza a vía administrativa, coa indicación de que contra ela se poderá interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2025
A directora xeral de Patrimonio Natural
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.8.2025)
Tomás José Fernández-Couto Juanas
Subdirector xeral de Espazos Naturais
