Antecedentes:
No Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño de 2025, publicouse a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento DE402B).
Unha vez pechado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano instrutor remite aqueles expedientes administrativos que cumpren todos os requisitos e reúnen toda a documentación necesaria á comisión encargada da súa valoración. O 23 de xullo de 2025 tivo lugar a Comisión de Valoración, que emite o seu informe cunha relación das solicitudes presentadas e admitidas ordenadas por orde de prelación de maior a menor puntuación en aplicación dos criterios de baremación establecidos no artigo 9 das bases reguladoras, e a proposta de concesión de conformidade co crédito asignado á convocatoria.
O 29 de xullo de 2025, ao non figuraren no procedemento outros feitos nin outras alegacións ou probas que as achegadas polos interesados, a Secretaría Xeral para o Deporte formulou proposta de resolución definitiva.
A concesión destas subvencións será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 05.02.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, ata un importe máximo de 448.623 €.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. De conformidade co artigo 11 das bases reguladoras, a Subdirección Xeral de Plans e Programas como órgano competente para a instrución do procedemento elevou informe técnico de valoración e a proposta de concesión de subvencións, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, que é o órgano competente para a resolución do procedemento.
Segunda. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal
Terceira. Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Valoración á cal que se refiren os artigos 8 e 9 da Orde do 27 de maio de 2025, e con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte, do 29 de xullo de 2025, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e en virtude das atribucións que me foron conferidas, e logo da fiscalización favorable do expediente de gasto pola Intervención delegada da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións ás rederacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, a través da realización de actividades de animación sociodeportiva que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas por orde decrecente dos puntos acadados. No anexo determínase o número de expediente, a entidade beneficiaria, o NIF, a actuación que se vai desenvolver, a puntuación outorgada e a contía da axuda.
De conformidade co artigo 1 da orde de convocatoria o importe da subvención será o 100 % do orzamento de gasto subvencionable de acordo co proxecto presentado e aprobado. Os importes subvencionables que exceden o máximo de subvención por beneficiario de 18.000 € establecido no artigo 1.3 da convocatoria, e que ascenden a un total de 20.719,16 €, se incorporan á proposta de subvención ao haber dispoñibilidade de crédito, en virtude do establecido no citado artigo para o caso de que non se esgote o crédito: «Non obstante, se en función das solicitudes admitidas non se esgota o crédito dispoñible, poderá incrementarase proporcionalmente a contía da axuda máxima por entidade beneficiaria, con base nos proxectos presentados».
Segundo. Exclúese a Federación Galega de Ciclismo, ao contar cunha inhabilitación para a obtención de subvencións.
Terceiro. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras desta convocatoria, prevese o pagamento con carácter anticipado como financiamento necesario para o desenvolvemento das actuacións obxecto de subvención, de acordo co seguinte réxime de pagamentos:
– Un primeiro pagamento de ata o 80 % da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, segundo o anexo III, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta.
– Un segundo pagamento que, como máximo, poderá ser equivalente á porcentaxe restante, que se fará efectivo unha vez xustificada a totalidade da subvención.
Cuarto. De acordo co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria deberá presentar ante a Secretaría Xeral para o Deporte a documentación xustificativa da subvención, prevista no artigo 16 das bases reguladoras, ata o 15 de outubro de 2025.
Quinto. As entidades beneficiarias deberán desenvolver o Plan Corresponsables para a habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mozas e mozos de ata 16 anos, desenvolvendo actividades de animación sociodeportiva, de acordo coas condicións de execución establecidas nos artigos 3 e 10 das bases reguladoras (anexo I da Orde do 27 de maio de 2025).
Sexto. De conformidade co artigo 17 das bases reguladoras, as entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente:
a) A aplicación pública da imaxe corporativa da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres.
b) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.
e) A comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Así mesmo, a comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.
f) A reintegrar os fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 17 destas bases.
g) A adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte.
h) Garantir os dereitos lingüísticos de todas as persoas, empregando o galego e o castelán nas súas comunicacións.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Decreto 136/2024, do 20 de maio e Orde do 12.6.2024;
DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
ANEXO I
Subvencións concedidas
| Número de expediente | Entidade solicitante | NIF | Actividades que se van desenvolver | Valoración (máx. 100 puntos) | Subvención concedida | 
| DE402B-2025-0000015 | Federación Galega de Balonman | G36690832 | Actividades de animación sociodeportiva | 85,00 | 19.804,16 € | 
| DE402B-2025-0000006 | Federación Galega de Taekwondo | G15237233 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 77,55 | 18.000,00 € | 
| DE402B-2025-0000010 | Federación Galega de Piragüismo | G36040764 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 71,50 | 22.340,00 € | 
| DE402B-2025-0000017 | Federación Galega de Judo | G15109267 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 67,80 | 17.503,20 € | 
| DE402B-2025-0000014 | Federación Galega de Loita | G36651081 | Actividades de animación sociodeportiva | 67,50 | 18.120,00 € | 
| DE402B-2025-0000004 | Federación Galega de Surf | G15565484 | Actividades de animación sociodeportiva | 62,00 | 12.700,00 € | 
| DE402B-2025-0000012 | Federación Galega de Fútbol | G15055890 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 62,00 | 11.200,00 € | 
| DE402B-2025-0000013 | Federación Galega de Montañismo | G36630259 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 60,09 | 17.998,00 € | 
| DE402B-2025-0000016 | Federación Galega de Bádminton | G36645133 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 58,50 | 20.000,00 € | 
| DE402B-2025-0000009 | Federación Galega de Esgrima | G15109077 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 57,50 | 18.000,00 € | 
| DE402B-2025-0000003 | Federación Galega de Tenis de Mesa | V15149453 | Actividades de animación sociodeportiva | 56,00 | 13.925,00 € | 
| DE402B-2025-0000005 | Federación Galega de Birlos | V36650133 | Actividades de animación sociodeportiva | 54,00 | 9.380,00 € | 
| DE402B-2025-0000002 | Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia | G27033737 | Actividades de animación sociodeportiva | 51,50 | 18.580,00 € | 
| DE402B-2025-0000008 | Federación Galega de Remo | G15117385 | Actividades de animación sociodeportiva | 50,50 | 10.609,00 € | 
| DE402B-2025-0000011 | Real Federación Galega de Vela | G36644862 | Actividades de animación sociodeportiva e campus deportivo | 49,50 | 29.875,00 € | 
| DE402B-2025-0000001 | Federación Galega de Squash | G36644680 | Actividades de animación sociodeportiva | 40,50 | 4.800,00 € | 
| Total | 262.834,36 € | ||||

