Expediente: IN407A 2023/239-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad. S.A.
Proxecto: LMTS, CTC e RBTS rúa Agueiros, s/n.
Concello: Melide.
Feitos:
1. O día 3.5.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de atender unha petición de subministración eléctrica de 100 kW para uso industrial.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CTC e RBTS rúa Agueiros, s/n, asinado o día 25.1.2023 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº de colexiada 2.033 da Coruña, asi como contestación ao requirimento da Consellería de Economía e Industria asinado por Susana Casais Pérez, o 14.4.2025; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 6.9.2023.
– BOP: 18.8.2023.
– Xornal La Voz de Galicia: 11.9.2023 (Ed. Santiago).
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 24.10.2023.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Patrimonio Cultural, Concello de Melide e Fuciños Rivas, S.L. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 21.7.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Agueiros, no concello de Melide, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Modificación, mantendo a súa localización actual na rúa Alcalde Jesús Landín Sega, entre o CT gasolineira Melide (matrícula 15C016) e o CT Melisa Furelos (matrícula 15P017), do apoio núm. 27 (matrícula B2AMDN12) de formigón tipo HV-630/15, pertencente á arquitectura da liña MEL-706 rexistrada no expediente IN407A 2016/2334-1, consistente na instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas.
– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas e equipamento de telexestión. Instalarase na parcela con referencia catastral 1618310NH8511N0000MK, sita na rúa Agueiros, de Melide.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 335 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. 27 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.
Cuarta. Do visto na visita realizada o 17.7.2025 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 de Real decreto 1955/200, para impor servidumes de paso.
Quinta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
b) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 23 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
