DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 21 de agosto de 2025 Páx. 45720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2024/312-1).

Expediente: IN407A 2024/312-1.

Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Denominación do proxecto: Recuamento LMT Casa Grande de Xanceda.

Concello: Mesía.

Feitos:

1. O día 14.10.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar as obras necesarias para realizar recuar un treito de liña de media tensión aérea, para liberar a parcela sobre a que discorre actualmente (obra financiada por terceiros).

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/20 presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e presuposto, e que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Recuamento LMT Casa Grande de Xanceda, asinado o día 7.10.2024 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.233.

– Contestación ao requirimento de emenda da solicitude do Servizo de Enerxía da Coruña para o proxecto, asinado o día 8.4.2025 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.233.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Medio Rural (non contestou), Medio Ambiente e Cambio Climático (informe favorable e condicionados aceptados polo promotor), Axencia Galega de Infraestruturas (informe favorable e condicionado aceptados polo promotor), Concello de Mesía (informe favorable e condicionado aceptados polo promotor), e Patrimonio Cultural (informe favorable e condicionados aceptados polo promotor).

Tamén a Sección de Minas emitiu informe favorable pola afección a dereitos mineiros.

4. O día 16.7.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na Casa Grande, no concello de Mesía, e as súas características técnicas son as seguintes:

Recuamento dun tramo da LMT de 15 kV derivación CT Arousa (IN407A 1999/184):

– Desmantelamento de 277 m da LMTA de 15 kV derivación CT Arousa, condutor LA 30. Instalación dun novo apoio nº 11-1 proxectado de tipo HVH 13/2500 que substitúe o existente. Instalación dun novo apoio nº 11-3 proxectado de tipo HVH 13/2500 que substitúe o existente.

– LMTS de 425 m de lonxitude, condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1x240) de 20/15 kV, coa orixe na cela de liña existente no CS Casa Grande e final en PAS que se vai realizar no apoio 11-3 no novo apoio proxectado.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 23 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña