Na sesión que tivo lugar o 14 de agosto de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio (Diario Oficial de Galicia núm. 90, do 13 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 10 de xullo de 2025 (DOG número 136, do 17 de xullo).
Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/funcionarizacion-e-promocion-especifica
Débese indicar que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 4 puntos entre todas as epígrafes puntuables do baremo.
Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025
Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal
