Na sesión que tivo lugar o 14 de agosto de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio (Diario Oficial de Galicia número 90, do 13 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas mediante a Resolución do 10 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 136, do 17 de xullo).
Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/funcionarizacion-e-promocion-especifica
Débese indicar que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 4 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.
Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025
Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal
