DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 22 de agosto de 2025 Páx. 46271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2025/051-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 16.6.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Manuel Busto Ces, colexiado núm. 1.358 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante unha declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: Instituto Galego da Vivenda e Solo, CIF: Q6550004C.

Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

Denominación: CTC soterrado 400 kVA/20 kV para a subministración eléctrica dun edificio de 64 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos.

Situación: praza de Cambedo da Raia, parcelas 5, 6 e 7; concello de Ourense.

Orzamento: 79.037,40 €.

Características técnicas:

– CT prefabricado soterrado do tipo TC-GPRS 2L1P, con ventilación horizontal, con transformador de 400 kVA e r/t 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense