DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 25 de agosto de 2025 Páx. 46491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/042-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o día 14.5.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Francisco Javier Taberner Sanchis, colexiado núm. 8654 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Valencia, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante a declaración responsable asinada o 3.6.2025.

Solicitante: Charging Together, S.L. (B13938378).

Enderezo: Paseo de la Castellana, 163, baixo, 28046 Madrid.

Denominación: nova liña soterrada de alta tensión a 20 kV e centro de seccionamento de compañía en edificio prefabricado de superficie e telemandado, de titularidade UFD, situado no polígono industrial, plg. 35, parc. 110, 32910 San Cibrao das Viñas.

Situación: polígono industrial, concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Orzamento: 62.940,94 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 122 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², con orixe e final nos empalmes que se realizarán na rede existente denominada SCV801, logo de realizar entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento, en caseta prefabricada, equipado con tres celas de liña e unha cela de SSAA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense