Expediente: IN407A 2024/255-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Instalación de telecontrol no centro de seccionamento Pontella-15CBVP.
Concello: Cee.
Feitos:
1. O día 6.8.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, coa finalidade de substituír o centro de seccionamento actual denominado Pontella, con código matricula 15CBVP, por un novo telecontrolado, para a mellora dos TIEPI nas operacións de explotación e mantemento da LMT POT806.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol no centro de seccionamento Pontella-15CBVP, asinado o día 15.7.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cee e Deputación Provincial da Coruña. Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación dos organismos á solicitude de condicionado.
4. O día 9.4.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Pontella, no concello de Cee, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Centro de seccionamento tipo 4l telecontrolado GSM/GPRS/FO C/ trafo tensión 20 kV e de manobra exterior en substitución do actual, na mesma parcela que ocupa o CS actual, que se desmonta.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 45 m, coa orixe na cela de saída de 20 kV da posición 806 da subestación Pontella, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240) mm² Al, e final en cela da liña no novo CS.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 2), 20 kV, cunha lonxitude de 6 m, coa orixe en cela da liña de saída no novo CS, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240) mm² Al, e final en LMT subterránea actual no punto de acceso existente cara a Barrazán UTM ETRS 89 Fuso 29 X: 486105; Y: 4754984.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 3), 20 kV, cunha lonxitude de 8 m, coa orixe en cela da liña de saída no novo CS, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240) mm² Al, e final en LMT soterrada actual cara ao CT Raso-15XHWK.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 4), 20 kV, cunha lonxitude de 12 m, coa orixe en cela da liña de saída no novo CS, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20KV 3(1x240) mm² Al, e final en paso aéreo a soterrado que se realizará no apoio existente 98MTL8JE//CS-1.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
b) A instalación deberá obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no dito artigo 13.
c) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 30 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
