BDNS (Identif.): 849877.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/849877).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado en estudos de grao en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2025/26.
Segundo. Obxecto
O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-grao para estudantado do campus de Ourense para o curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de corenta e un mil douscentos euros (41.200 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 1 de agosto ata o 17 de setembro de 2025.
Vigo, 31 de xullo de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense
