Mediante o Decreto 198/2024, do 27 de decembro, apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (DOG núm. 251, do 31 de decembro).
En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.
Esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,
DISPÓN:
Convocar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios.
I. Normas xerais.
I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de prazas do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro.
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de pesca marítima, será de dúas (2). Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. A praza non cuberta por esta quenda acumularase á de acceso libre.
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, será de unha (1).
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, será de catro (4). Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. A praza non cuberta por esta quenda acumularase ás de acceso libre.
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, será de dúas (2). Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. A praza non cuberta por esta quenda acumularase á de acceso libre.
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, será de unha (1).
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, será de unha (1).
– O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios, será de unha (1).
O sistema selectivo será o de oposición.
A este proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 5/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.
I.2. Requisitos das persoas aspirantes.
Para seren admitidas ao proceso selectivo as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:
I.2.1. Promoción interna.
I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, o título de licenciatura ou grao nunha titulación de calquera rama e máster que habilite para o exercicio da profesión de profesor.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación as persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de Dereito da Unión Europea.
I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos seguintes corpos ou escalas:
– Aos integraos no subgrupo A1 da Administración xeral (corpo superior) ou da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo facultativo superior).
– Aos integraos no subgrupo A2 da Administración xeral (corpo de xestión) ou da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo facultativo de grao medio).
Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.
I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante, polo menos, dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integraos no subgrupo A1 da Administración xeral ou da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo superior o corpo facultativo superior) ou no subgrupo A2 da Administración xeral ou da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou facultativo de grao medio).
Quedarán exentos do cumprimento deste requisito, as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior ou do corpo facultativo superior (subgrupo A1) ou do corpo de xestión ou do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2), como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único paro o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional tida en conta no proceso de funcionarización.
Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da Lei 2/2015, do 29 de abril) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da Lei 2/2015, do 29 de abril).
I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e as aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
Ademais, por implicar as funcións propias desta escala o contacto habitual con menores no exercicio das funcións que resultan propias, de conformidade co establecido no artigo 51 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, será requisito que a persoa aspirante non teña condena por sentenza firmen por ningún delito contra a libertade e a indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.
I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.1.7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.
I.2.2. Acceso libre.
I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.2.2. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, o título de licenciatura ou grao nunha titulación de calquera rama e máster que habilite para o exercicio da profesión de profesor.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que á obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.
I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e as aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
Ademais, por implicar as funcións propias desta escala o contacto habitual con menores no exercicio das funcións que resultan propias, de conformidade co establecido no artigo 51 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, será requisito que a persoa aspirante non teña condena por sentenza firmen por ningún delito contra a libertade e a indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, o acoso sexual, o exhibicionismo e a provocación sexual, a prostitución e a explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.
I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou á escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.2.6. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.
I.3. Solicitudes.
I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.
Logo de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e o contacto que se empregarán para as súas solicitudes.
Unha vez completados os datos das persoas solicitantes poderase iniciar o proceso de inscrición.
As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no punto de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.
As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pagamento de taxas.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.
Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.
As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia autentica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.
I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:
a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, no que se regula do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.
b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.
c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.
d) Os datos relativos á exección de taxa consultaranse automaticamente, a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación; para iso deberán indicalo no recadro correspondente e achegar a seguinte documentación:
– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.
– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.
– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.
– Demandantes de emprego:
1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.
Para a remisión electrónica, empregará os puntos habilitados para os efectos. Se non dispón de copias auténticas, deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente autenticada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.
De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, estarán exentas do pagamento:
Do importe total da taxa:
– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Do 50 % do importe:
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste punto, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.
I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:
Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
Pagamento electrónico con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».
A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que se anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Para iso, será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, solicitando a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación FIDES, na epígrafe expediente>datos persoais, e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.
I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para a mesma especialidade. No caso de presentar varias solicitudes, soamente se terá en conta a última presentada.
O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.
Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.
I.4. Admisión de aspirantes.
I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aprobará a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG. As listaxes coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan, publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.
As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.
A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se aprobará a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que será publicada no DOG. As listaxes definitivas coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar, tras superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.
II. Proceso selectivo.
II.1. Oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
II.1.1. Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
Estes exercicios poderán realizarse de modo simultáneo para as distintas especialidades convocadas.
II.1.1.1. Primeiro exercicio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento setenta (170) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales corenta (40) corresponderán á parte xeral do programa e cento trinta (130) á parte específica correspondente a cada unha das especialidades convocadas e que figura no anexo I.
Este cuestionario disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e seis (6) á parte específica, e que substituirán as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar a preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente a cento trinta (130) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e o contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas deste exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.
As persoas aspirantes non poderán facer uso da manuais ou textos legais ou de consulta para a realización desta proba.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan un mínimo, en cada unha das partes, do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, cabe aterse ao previsto na base I.1 desta convocatoria, con independencia de que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumulen ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sempre que cumpran as condicións previstas nos parágrafos anteriores.
Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
O exercicio cualificarase de cero (0) a cincuenta (50) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
II.1.1.2. Segundo exercicio.
O segundo exercicio deste proceso selectivo dividirase en dúas partes:
Na primeira parte, as persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito a presentación e a defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade na que se participa (pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral ou procesos sanitarios) e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas.
Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido no parágrafo anterior. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.
As programacións tratarán sobre os currículos publicados no DOG no momento da publicación desta convocatoria ou, de ser o caso, os aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.
A programación deberá ser entregada ao tribunal polo persoal aspirante que supere o primeiro exercicio, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións do primeiro exercicio, e defenderase ante este no momento en que se convoque o persoal aspirante para tal efecto. O persoal aspirante empregará para a defensa unha copia da programación entregada ao tribunal.
A segunda parte consistirá na preparación e na exposición oral ante o tribunal, dunha unidade didáctica relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante. A persoa aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por ela mesma da súa programación. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.
O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión, que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.
A persoa aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e o posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte (20) minutos e, a continuación, realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez (10) minutos.
O exercicio cualificarase de cero (0) a cincuenta (50) puntos, e para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.
Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima. O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.
As puntuacións publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios das persoas aspirantes.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
II.1.1.3. Terceiro exercicio.
Constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio e deberá tramitarse a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal) no punto «Expediente-e»: «IDIOMAS-GALEGO». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, o uso e o acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde a publicación da resolución anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.
II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comence pola letra F, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), pola que se fai público o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 16 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro).
II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.
II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal como colaboradoras.
II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.
II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.
O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.
II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.
II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicará a correspondente resolución no DOG. As alegacións presentadas polas persoas aspirantes deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.8. A resolución pola que se acorda a publicación dos resultados dos exercicios publicarase no DOG. A listaxe coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións do exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal referida no parágrafo anterior.
A tramitación destas alegacións deberán presentarse a través do aplicativo FIDES (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.
No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.
II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.
No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.
II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.
III. Tribunal.
III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de emprego público, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.
En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal cualificador que substituirán as que perdesen a súa condición por calquera das causas previstas na normativa aplicable.
III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.
III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.
III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.
III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.
III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.
O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.
As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.
III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, o cal deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz, pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.
Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.
III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.
III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.
III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.
IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.
No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:
– Puntuación obtida no segundo exercicio do proceso selectivo.
– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.
– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.
IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a resolución pola que se declaran de persoas aspirantes que o superaron o dito proceso; as listaxes coas persoas aspirantes que superaron o proceso, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade ou equivalente, ordenadas polas puntuacións acadadas, publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da referida resolución, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:
a) Títulos académicos exixidos na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.
Deberá tramitarse a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal) no punto «Expediente-e»: «FORMACIÓN-FORMACIÓN ACADÉMICA/PROFESIONAL». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.
No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.
c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.
d) Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público, que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.
IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.
IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril.
V. Disposición derradeira.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo
superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios
a) Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (artigos 10, 14, 23, 27, capítulo IV e capítulo V) e título VIII.
Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: capítulos I e II do título I, título II e título III.
Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, capítulos I e IV do título IV e título V.
Tema 4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, capítulo I do título I.
Tema 5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos II e III.
Tema 6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, capítulo I do título I.
Tema 7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI (capítulos III e IV) e título VIII.
Tema 8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II e III.
Tema 9. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: título preliminar, título I, título II: capítulos I, II, IV, e XI.
Tema 10. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: título I.
Tema 11. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I (capítulo IV e sección 1ª do capítulo V) e título II (capítulo I).
Tema 12. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I (capítulos I, IV e V).
Tema 13. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I ao V.
b.1) Parte específica. Especialidade de pesca marítima.
Tema 1. Utensilios de pesca e nasas: clases e xeneralidades.
Tema 2. Materiais utilizados na pesca: tipos e propiedades. Clasificación química. Termos e definicións na construción de fíos. Torsión: dirección de torsión e coeficientes.
Tema 3. Sistemas internacionais de numeración de fíos. Clasificación e características dos distintos sistemas. Fórmulas e cálculos de conversión. Cálculo do diámetro e peso dos fíos.
Tema 4. Principais propiedades das fibras na industria pesqueira: densidade, resistencia, propiedades elásticas, dureza, rixidez, absorción de auga, contido de humidade. Encollemento de fíos e panos. Envellecemento do material.
Tema 5. Elección e combinación de materiais que se van utilizar nas distintas artes e aparellos de pesca. Cabos sintéticos, mixtos e combinados.
Tema 6. Xeneralidades sobre cables que se utilizan na pesca. Características. Resistencia á tracción. Flexibilidade. Resistencia ao desgaste e á acción corrosiva. Coeficiente de seguridade. Construción dos cables: número, formas e tipos de torsión dos cordóns; número e tipo de almas.
Tema 7. Mallas: tipos e características. Aberturas da malla. Coeficientes de abertura vertical e horizontal. Área das mallas en función da abertura.
Tema 8. Panos. Técnicas de confección dos diferentes panos. Fórmulas utilizadas para cortar panos. Cálculo e aplicación das fórmulas de corte. Unión de panos.
Tema 9. Aparellos: clases, xeneralidades e características. Deseño e armado dos aparellos de pesca.
Tema 10. Pesca con artes de cerco: clases, xeneralidades e características. Cálculos de confección e armado de artes de cerco.
Tema 11. Pesca con artes de enmalle: clases, xeneralidades e características. Cálculos de confección e armado de artes de enmalle.
Tema 12. Pesca con artes de arrastre: xeneralidades e características. Clasificación das diferentes redes de arrastre segundo o seu deseño.
Tema 13. Portas de arrastre: clases, xeneralidades e características.
Tema 14. Forzas que actúan sobre as portas de arrastre e o seu efecto. Forzas hidrodinámicas. Forzas de fondo. Cálculo da superficie e do peso das portas de arrastre.
Tema 15. Instalación, medición e marcaxe dos cables. Cálculo da lonxitude do cable que se vai fiar. Rendemento axeitado dos cables. Diámetro das poleas e tambores. Cálculo do diámetro do cable de acordo coa potencia de máquinas do buque e resistencia da arte. Cálculo da capacidade do tambor de arrastre. Conservación dos cables.
Tema 16. Unión dos cables ás portas. Instalación dos pés de galo, calóns, ventos, flotadores e lastres. Conservación.
Tema 17. Potencia de arrastre: elementos básicos da arte de arrastre.
Tema 18. Relación entre a separación de portas e a abertura da rede. Lonxitude do cable de arrastre e distancia entre portas. Profundidade do lugar de pesca e lonxitude do cable que se vai largar. Velocidade de arrastre e abertura vertical e horizontal da rede.
Tema 19. Consideracións xerais sobre a construción de redes de arrastre. Construción de redes de arrastre de acordo coas especies de peixes que se desexan capturar. Deseño da rede de acordo coa velocidade de arrastre. Cálculo da lonxitude de ventos e malletas.
Tema 20. Cálculo da resistencia do equipo de arrastre: cables, portas, malletas, calóns e rede.
Tema 21. Consideracións sobre as formas e os tamaños das artes de arrastre.
Tema 22. Método da similitude para as artes de arrastre: o seu cálculo.
Tema 23. Método para determinar o rendemento das redes de arrastre peláxicas.
Tema 24. Causas de traballo defectuoso dun conxunto de arrastre e formas de corrixilas.
Tema 25. Manobras de pesca con artes de arrastre. Caracterización das manobras segundo o tipo de pesca e as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.
Tema 26. Manobras de pesca con artes de cerco. Caracterización das manobras segundo as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.
Tema 27. Manobras de pesca con artes de enmalle e aparellos de pesca. Caracterización das manobras segundo o tipo de pesca e as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.
Tema 28. Aplicación de técnicas de interceptación e seguimento da pesca. Localización de cardumes: cálculo e a súa interpretación. Avaliación das características do cardume: posición, rumbo, velocidade, profundidade e densidade. Factores ambientais que afectan a detección: salinidade, temperatura, luminosidade e correntes.
Tema 29. Técnicas de captura con diferentes artes de pesca.
Tema 30. Técnicas de simulación pesqueira. A súa aplicación tecnolóxica a bordo. Execución das manobras de pesca en simulación: elección da posición inicial das manobras; manobras de aproximación ao cardume e avaliación dos parámetros para realizalo; manobras de largado e virado; control de tempos e avaliación de parámetros externos –tempo meteorolóxico– e internos –buque durante o lance–.
Tema 31. Características e manexo dos equipos electrónicos e axuda á pesca: sondas, sonar, escáner de rede ou similar, plotter. Diferentes tipos de equipos de detección: elementos constitutivos, funcións, axustes, técnicas de manexo e documentación técnica.
Tema 32. Mecanización das operacións pesqueiras. Descrición, manexo e control da maquinaria e do equipamento da cuberta e do parque de pesca. Principios de funcionamento, aplicacións e terminoloxía básica de instalación e sistemas do parque de pesca. Verificación e control das instalacións frigoríficas.
Tema 33. Armado de artes e aparellos de pesca. Planificar os traballos e obter a información necesaria para a montaxe das artes e aparellos de pesca a partir da documentación técnica dispoñible e normas aplicables. Deseño de artes e aparellos de pesca. Organizar os materiais, útiles e ferramentas necesarias para a montaxe.
Tema 34. Reparación e mantemento de artes e aparellos. Selección dos materiais e útiles necesarios para a reparación segundo as características das artes e aparellos. Actuacións cando non falta pano e cando falta pano. Corte dos panos en función da avaría producida. Reparación tendo en conta a zona da avaría cumprindo as normas de seguridade e prevención de riscos laborais. Operacións requiridas para a conservación de artes e aparellos de pesca cando non se estean utilizando.
Tema 35. Cartas de pesca: deseño, interpretación, signos e abreviaturas.
Tema 36. Descomposición do peixe: causas. Cambios post-mortem no peixe: sensoriais, autolíticos, bacteriolóxicos, e de oxidación. Cambios na calidade: a hixiene durante a manipulación, efectos do eviscerado e os ocasionados polo dióxido de carbono. Coidados co peixe antes de introducilo na adega ou neveira. Avaliación da calidade do peixe.
Tema 37. Diferentes métodos de conservación do peixe a bordo: xeo, refrixeración, conxelación, conxelación por salmoira. Outros métodos de conservación. Operacións de conservación das capturas: descrición e características. Envases: tipos, características e funcións.
Tema 38. Técnicas e procedementos de estiba do peixe a bordo. Efecto da temperatura durante o almacenamento. Limpeza e desinfección dos espazos.
Tema 39. Valoración da calidade: estándares de calidade e controis. A Norma ISO 22000 de Xestión da Inocuidade dos Alimentos aplicado á pesca. O sistema APPCC. A rastrexabilidade dos produtos pesqueiros. Regulamentación hixiénico-sanitaria.
Tema 40. A prevención de riscos laborais durante as operacións pesqueiras: as indumentaria e os equipos de protección persoal; os aspectos organizativos; a comunicación. Hixiene do medio. Factores de risco de carácter persoal e psicosocial. Marco normativo.
Tema 41. Planificación dunha marea de pesca. Variables que interveñen e estimación de necesidades. Caracterización dos buques, equipos de pesca e tripulación necesaria. Caracterización dos caladoiros: xeográficas, histogramas pesqueiros, especies obxectivo, época, zona de pesca, fondos, correntes, ventos e condicións físico-biolóxicas da área de pesca. Cálculo do tempo aproximado da marea. O rendemento máximo sustentable.
Tema 42. Relevo submarino: influencia do relevo e da natureza do fondo na pesca. Rexións pesqueiras: características.
Tema 43. O Código de conduta para a práctica dunha pesca responsable da FAO. O Plan de acción internacional para prever, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. O Plan de acción internacional para a ordenación da capacidade pesqueira. As súas implicacións técnicas na explotación dos recursos pesqueiros.
Tema 44. A práctica dunha pesca responsable no contexto da Unión Europea. A política pesqueira común. A selectividade das artes e dos aparellos de pesca.
Tema 45. A organización e os servizos dos portos pesqueiros. Aspectos operativos sobre a estrutura do sector pesqueiro.
Tema 46. A importancia da pesca a nivel galego, nacional e europeo.
Tema 47. Organización dunha empresa pesqueira. Redes de comercialización e transporte.
b.2) Parte específica. Especialidade de bioloxía pesqueira.
Tema 1. Os ecosistemas mariños. Características xerais. Subdivisión do medio mariño por factores topográficos, batimétricos e lumínicos.
Tema 2. Características físicas da auga do mar. Influencia dos factores físicos na bioloxía e ecoloxía das especies.
Tema 3. Características químicas da auga de mar. Influencia dos factores químicos na bioloxía e ecoloxía das especies.
Tema 4. O fondo oceánico. Relevo submarino. Sedimentos mariños.
Tema 5. Modelado do litoral. Acción xeolóxica do mar. A súa influencia na distribución das especies.
Tema 6. Biocenoses mariñas: plancto, necto e bentos. A súa relación co medio.
Tema 7. O plancto. Xeneralidades. Distribución e aproveitamento.
Tema 8. O necto. Xeneralidades. Distribución e aproveitamento.
Tema 9. O bentos. Xeneralidades. Distribución das comunidades bentónicas e aproveitamento.
Tema 10. Ciclo biolóxico no mar. Relacións tróficas.
Tema 11. Produtividade mariña. Factores que a regulan.
Tema 12. Distribución espacial e temporal da produtividade nos mares. A súa relación coa pesca.
Tema 13. Concepto de poboación. Dinámica de poboacións mariñas.
Tema 14. Efectos da actividade pesqueira na dinámica dunha poboación mariña.
Tema 15. Grupos de seres vivos que constitúen os principais recursos pesqueiros. A súa importancia na pesca.
Tema 16. Bioloxía e ecoloxía dos peixes de interese comercial.
Tema 17. Principais grupos de peixes de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.
Tema 18. Bioloxía, ecoloxía dos moluscos de interese comercial.
Tema 19. Principais grupos de moluscos de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.
Tema 20. Bioloxía e ecoloxía dos crustáceos de interese comercial.
Tema 21. Principais grupos de crustáceos de interese comercial. A súa importancia na pesca. Aproveitamento.
Tema 22. Algas de interese comercial. Aproveitamento.
Tema 23. Explotación racional dunha pesqueira. Relación entre rendementos e esforzos.
Tema 24. Teorías de explotación pesqueira: os seus modelos.
Tema 25. Medidas técnicas de regulación de pesqueira.
Tema 26. Significado biolóxico da regulamentación pesqueira.
Tema 27. Principais áreas de pesca. A súa relación coas características oceanográficas. Recursos pesqueiros.
Tema 28. Pesqueiras bentónicas: as súas características e sistemas de extracción empregados.
Tema 29. Pesqueiras demersais: as súas características e sistemas de extracción empregados.
Tema 30. Pesqueiras peláxicas: as súas características e sistemas de extracción empregados.
Tema 31. Gadiformes. Importancia pesqueira.
Tema 32. Escombriformes. Importancia pesqueira.
Tema 33. Perciformes. Importancia pesqueira.
Tema 34. Clupeiformes. Importancia pesqueira.
Tema 35. Pleuronectiformes. Importancia pesqueira.
Tema 36. Influencia da temperatura e da luz na pesca.
Tema 37. Influencia da dinámica das augas na pesca.
Tema 38. Dinámica e principais recursos das rías galegas.
Tema 39. A plataforma continental galega: a súa importancia pesqueira.
Tema 40. A pesca en Galicia: flota pesqueira e caladoiros nos que exerce a súa actividade.
Tema 41. O peixe como alimento. Natureza endóxena e esóxena da súa descomposición.
Tema 42. Manipulación a bordo dos produtos pesqueiros.
Tema 43. Métodos de conservación dos produtos pesqueiros.
Tema 44. Microbioloxía dos produtos pesqueiros.
Tema 45. Procesos de degradación dos produtos pesqueiros.
Tema 46. Valoración da calidade dos produtos pesqueiros.
Tema 47. Educación ambiental. Conservación do medio mariño.
b.3) Parte específica. Especialidade de navegación marítima.
Tema 1. Esfera terrestre: o xeoide e dimensións (eixe, polos, Ecuador, meridianos e paralelos). Coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude. Puntos cardinais. Milla mariña. Cartas náuticas: proxección mercatoriana e gnomónica. Características das cartas mercatorianas. Actualización das cartas de papel e electrónicas. Situación, medida de rumbos e distancias nas cartas mercatorianas.
Tema 2. Principios do magnetismo terrestre: declinación e inclinación magnéticas. Compás magnético. Compoñentes dunha agulla náutica. Sensibilidade e estabilidade da agulla náutica. Magnetismo do buque: definición de desvío e táboa de desvíos. Corrección total do compás. Xirocompás: rixidez e precisión xiroscópica. Erros e desvíos. Compás satelitario: principio e aplicación.
Tema 3. Derrota loxodrómica: formas de contar os rumbos: circular e cuadrantal, conversión entre ambos. Derrota loxodrómica: definición e características. Resolución caso directo e inverso. Navegación de estima analítica con vento e/ou corrente. Resolución da derrota loxodrómica mediante latitudes aumentadas.
Tema 4. Triángulo esférico: elementos do triángulo esférico e fórmulas que os relacionan. Resolución dun triángulo esférico rectángulo. Pentágono de Néper.
Tema 5. Derrota ortodrómica: definición e cálculo do rumbo inicial e final, distancia navegada e ganancia. Derrota mixta: cálculo do rumbo inicial, final, puntos de tanxencia e distancia total.
Tema 6. Organización do tráfico marítimo: descrición e obxecto dos dispositivos de separación de tráfico (SOLAS). Antecedentes dos dispositivos de separación de tráfico. Comportamento nos dispositivos de separación de tráfico segundo o Regulamento internacional para prever as abordaxes no mar. Regras 10, 11 e 12 do Convenio SOLAS. Recomendacións de vixilancia na navegación en zonas de xeo segundo as regras 5, 6, 31 e 32 do capítulo V do Convenio SOLAS.
Tema 7. Publicacións náuticas: derroteiros, descrición do seu contido e normas prácticas de uso. Libros de faros, normas prácticas de uso. Avisos aos navegantes, descrición, modos de difusión e períodos de publicación. Catálogo de cartas, a súa estrutura.
Tema 8. Tempo: concepto xeral do tempo. Sol medio e tempo civil. Tempo universal, hora verdadeira, hora civil do lugar, hora legal, hora oficial e hora do reloxo de bitácora. Cronómetro mariño: estado absoluto e movemento. Cálculo da hora TU a partir da hora de cronómetro.
Tema 9. Mareas: definicións de marea, duración, amplitude e intervalo. Descrición do anuario de mareas. Cálculo da sonda no momento. Cálculo da hora para unha determinada sonda no momento.
Tema 10. Liñas de posición na navegación costeira: definición de demoras, marcacións, enfilacións, oposicións, ángulos horizontais, ángulos verticais e liñas isobáticas. Situación por intersección de liñas de posición simultáneas e non simultáneas. Navegación costeira con vento e/ou corrente: rumbo de superficie e/ou efectivo. Resolución gráfica dos parámetros da corrente.
Tema 11. Esfera celeste: elementos da esfera celeste. Esfera xeocéntrica e local. Coordenadas horarias, horizontais e uranográficas. Triángulo de posición: elementos e cálculo dos diferentes elementos do triángulo de posición.
Tema 12. Movemento aparente dos astros: definición da esfera celeste recta, paralela e oblicua. Definición de arco diúrno e nocturno, ortos e ocasos. Definición de crepúsculos: matutino, vespertino e náutico. Cálculo da corrección total da agulla mediante a estrela polar ou durante o orto ou ocaso do Sol.
Tema 13. Almanaque náutico: descrición do almanaque náutico. Cálculo do horario en Greenwich e a declinación. Cálculo das horas dos astros polo meridiano. Cálculo das horas de ortos e ocasos dos astros.
Tema 14. Sextante: partes dun sextante, lectura do sextante, erros, axustes dos espellos. Cálculo do erro de índice. Obtención da altura dun astro.
Tema 15. Correccións ás alturas observadas e obtención da situación observada por rectas de altura: paralaxe, depresión do horizonte, semidiámetro e refracción astronómica. Pasar de alturas observadas a alturas verdadeiras dun astro. Cálculo da situación por rectas de alturas simultáneas e non simultáneas.
Tema 16. Obtención da situación observada por distintos astros: cálculo da latitude pola estrela Polar. Obtención da situación ao mediodía verdadeiro por intervalo uniforme e coeficiente Pagel. Cálculo da situación mediante bisectrices de tres astros.
Tema 17. Radar: factores meteorolóxicos que afectan a detección. Alcance mínimo. Discriminación de ecos en marcación e distancia. Normas de rendemento que deben cumprir os equipos de radar en buques obrigados a telo instalado [Resolución A.477(XII)) da OMI]. Reflector radar: descrición e principios de funcionamento [Resolución A.384(X)]. Balizas radar e respondedor: descrición e recomendacións de funcionamento [Resolución A.615(XV)].
Tema 18. Cinemática: compoñentes do movemento e a súa descrición gráfica. Movemento absoluto e relativo. Triángulo de velocidades. Obtención do rumbo dun buque coñecendo dúas demoras e dúas distancias. Determinación do rumbo de colisión. Pasar a un CPA dado fixando a velocidade doutro buque.
Tema 19. GPS e AIS: compoñentes do sistema. Funcionamento. Alternativas de Datum. Principios de funcionamento DGPS. Principios de funcionamento do AIS. Información estática e dinámica do AIS. Transmisión de mensaxes a través do AIS.
Tema 20. Meteoroloxía marítima aplicada á navegación: Atmosfera: concepto. Capas que forman a atmosfera. Descrición das variables meteorolóxicas: temperatura, presión e humidade. Instrumentos meteorolóxicos a bordo, descrición e manexo: termómetros, termógrafos, barómetros, barógrafos, psicrómetros, higrómetros e higrógrafos.
Tema 21. Nubes e precipitacións: nubes: clasificación, abreviaturas, nebulosidade total e parcial. Brétemas: definición e clasificación segundo o seu proceso de formación. Precipitacións: definición, clasificación e proceso de formación.
Tema 22. Vento: orixe e designación do vento. Circulación do vento nas altas e baixas presións. Dirección e intensidade: Escala de Beaufort. Vento real e aparente definición e cálculo.
Tema 23. Circulación xeral da atmosfera: teoría da circulación xeral. Zona de converxencia intertropical. Calmas ecuatoriais. Clasificación das masas de aire e a súa evolución. Frontes: clasificación e a súa relación coas variables meteorolóxicas. Borrascas e anticiclóns.
Tema 24. Obtención da información meteorolóxica: boletíns meteorolóxicos.
Tema 25. Análise e previsión do tempo: conceptos de diagnose e prognose. Carta meteorolóxica de superficie. Carta meteorolóxica de 500 Hpa. Cálculo da velocidade do vento xeostrófico e en superficie. Mar: determinación da dirección e altura das ondas. Previsión de brétemas e precipitacións. Evolución das variables meteorolóxicas.
Tema 26. Ciclóns tropicais: descrición da estrutura dun ciclón. Determinación da posición relativa do vórtice respecto do buque. Determinación do semicírculo en que se atopa o buque: semicírculo perigoso e manexable, semicírculo anterior e posterior. Previsión da traxectoria futura do vórtice. Manobra de evasión.
Tema 27. Oceanografía: ondas: formación e parámetros característicos. Correntes mariñas: clasificación segundo a súa orixe. Teoría xeral da circulación oceánica. Xeos: proceso de formación e lugares de orixe. Indicios da súa proximidade. Manobras en presenza de xeos.
Tema 28. Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (SMSSM): prescricións funcionais (regra 4, capítulo IV do Convenio SOLAS). Definición das zonas marítimas A1, A2, A3 e A4 (regra 2, capítulo IV do Convenio SOLAS). Equipo radioeléctrico a bordo dos buques nas zonas marítimas A1, A2, A3 e A4-(regras 8 a 11 do capítulo IV do Convenio SOLAS). Exixencias de certificación do SMSSM na normativa española: artigo 13 do Real decreto 1185/2006, do 16 de outubro, polo que se aproba o Regulamento que regula as radiocomunicacións marítimas a bordo dos buques civís españois.
Tema 29. Comunicacións no Servizo Móbil Marítimo: alerta de socorro e chamada de socorro (parte A, sección II, artigo 32 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Tráfico de socorro (epígrafes 32.40 e 32.42 da parte A, sección III, artigo 32 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Comunicacións de urxencia e seguridade (sección I do artigo 33 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Comunicacións entres barcos relativas á seguridade da navegación (sección VI do artigo 33 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT).
Tema 30. Estacións no Servizo Móbil Marítimo: definicións de estación de barco, estación costeira, estación de prácticos e servizos portuarios, estación de radiobaliza de localización de sinistros e estación de embarcación ou dispositivo de salvamento segundo se recolle no anexo 1 do Manual para uso dos servizos móbil marítimo e móbil marítimo por satélite.
Tema 31. Fundamentos das comunicacións radioeléctricas: características das ondas electromagnéticas: definición e compoñentes dunha onda electromagnética. Concepto de lonxitude de onda e frecuencia. Capacidade de propagación das ondas electromagnéticas no baleiro e velocidade de propagación. Clasificación das ondas electromagnéticas segundo a súa frecuencia: o espectro radioeléctrico. Tipos de propagación: descrición da propagación por onda de superficie, onda directa e onda terrestre reflectida na terra. Descrición por propagación de onda celeste. Tipos de modulación: en amplitude, frecuencia, e transmisión en banda lateral única. Frecuencias de socorro, urxencia e seguridade de radiotelefonía e chamada selectiva dixital na banda de ondas métricas e hectométricas.
Tema 32. Comunicacións por satélite no SMSSM: Inmarsat-C e Inmarsat Fleet F77: definición do segmento espacial de Inmarsat-3 e Inmarsat-4. Segmento terrestre de Inmarsat-3: definicións e funcións das estacións terrestres costeiras, das estacións de coordinación da rede e dos centros de control da rede. Descrición dos servizos ofrecidos por unha terminal de Inmarsat-C. Descrición dos servizos ofrecidos por unha terminal de Inmarsat Fleet F77.
Tema 33. Caracterización dos equipos de VHF e MF/HF dunha estación de barco: funcións do control de volume, squelch e potencia dun emisor/receptor VHF e MF/HF. Descrición, vantaxes e desvantaxes das antenas de látego. Lonxitude das antenas de VHF e MF/HF. Exixencias das fontes de enerxía dos equipos radioeléctricos segundo a regra 13 do capítulo IV do convenio SOLAS.
Tema 34. Compoñentes da chamada selectiva dixital: formato de chamada e recomendación de uso destes segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-541.10. Categorías de chamada segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-541.10. Mensaxes relativas a natureza do perigo segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-493.14. Tipos de MMSI segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-585-6.
Tema 35. Radiotélex: descrición do equipo de radiotélex. Descrición dos modos de operación do radiotelex: ARQ, FEC e SELFEC. Procedemento de chamada a unha costeira. Procedemento de transmisión de tráfico de socorro. Procedemento de chamadas de urxencia e seguridade.
Tema 36. NAVTEX: concepto básico do sistema NAVTEX (manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403). Características xerais do sistema NAVTEX (manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403). Caracteres técnicos das mensaxes NAVTEX (manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403).
Tema 37. SART e EPIRB de 406 MHz. Concepto xeral do sistema COSPAS-SARSAT. (Epígrafe 3.3 do Manual GMDSS-OMI). Características dunha radiobaliza de 406 MHz (Epígrafes 3.3.15 a 3.3.18 do Manual GMDSS-OMI). Probas e inspeccións das radiobalizas de 406 MHz. Características técnicas e operacionais dun SART (manual GMDSS-OMI). Inspección e proba dun SART.
Tema 38. Planificación do abandono do buque: normativa nacional e internacional sobre equipamentos e dispositivos de salvamento: ámbito de aplicación do capítulo III do Convenio SOLAS 1974, do Real decreto 543/2007, do 27 de abril, polo que se determinan as normas de seguridade e de prevención da contaminación que teñen que cumprir os buques pesqueiros menores de 24 metros de eslora (L), e do Real decreto 1032/1999, do 18 de xuño, polo que se determinan as normas de seguridade que teñen que cumprir os buques pesqueiros de eslora igual ou superior a 24 metros. Dispositivos e medios de salvamento: regra 7 do capítulo III do convenio SOLAS 1974. Abandono do buque: procedementos de emerxencia, exercicios e puntos de reunión de acordo co capítulo VIII do anexo do protocolo de Torremolinos de 1993 e as regras 8, 11 e 19 do capítulo III do convenio SOLAS.
Tema 39. Equipos de salvamento: especificacións relativas aos dispositivos individuais de salvamento segundo o Código internacional de dispositivos de salvamento (código IDS). Especificacións relativas ás embarcacións de supervivencia segundo o código IDS. Especificacións relativas aos botes de rescate segundo o código IDS.
Tema 40. Utilización dos equipamentos de salvamento: utilización das embarcacións de supervivencia. Utilización dos botes de rescate. Posta en marcha e manexo do motor e outros equipamentos das embarcacións de supervivencia. Utilización dos equipos radioeléctricos de socorro (RLS 406 Mhz, SART, VHF portátiles). Utilización dos dispositivos de salvamento individuais. Equipamento e utilización de sinais pirotécnicos. Utilización do equipamento de protección térmica.
Tema 41. Aplicación de técnicas de supervivencia: técnicas de agrupamento e embarque nas embarcacións de supervivencia. Técnicas de supervivencia a bordo de botes ou balsas. Aspectos psicolóxicos na supervivencia. Supervivencia en inmersión.
Tema 42. Prevención e loita contra os incendios a bordo: clases de lume segundo a norma UNE-EN-2-1994/A1 de 2005. Teoría do lume. Mecanismos de extinción. Axentes extintores. Prevención na carga de mercadorías perigosas e loita contra incendios (Suplemento. Incendios. Código IMDG). Plano de loita contra incendios (epígrafe 2.4, regra 15 do capítulo II-2 do convenio SOLAS).
Tema 43. Rede contra incendios: sistemas fixos de extinción de incendios por aspersión de auga de presión e por nebulización (capítulo 7 do Código internacional de sistemas de seguridade contra incendios). Extintores de incendios (capítulo 4 do Código internacional de sistemas de seguridade contra incendios). Protección do persoal (capítulo 3 do Código internacional de sistemas de seguridade contra incendios).
Tema 44. Emprego da auga para a extinción de incendios: efectos sobre a estabilidade, precaucións e medidas correctoras. Control da propagación do fume (regra 8, capítulo II-2 do Convenio SOLAS). Formación, exercicios e manual de formación (Epígrafes 2.2 e 2.3 da Regra 15 do capítulo II-2 do Convenio SOLAS).
Tema 45. Aplicación de técnicas de loita contra incendios: equipamentos móbiles e portátiles de loita contra incendios. Equipamento de bombeiro. Xeración e utilización de espumas de distinto coeficiente de expansión.
Tema 46. Normativa nacional e internacional sobre prevención e loita contra a contaminación: ámbito de aplicación do Convenio internacional para prever a contaminación polos buques de 1973. Finalidade e ámbito de aplicación do Convenio de Londres de 1972, sobre prevención da contaminación do mar por verteduras de desfeitos e outras materias. Finalidade e ámbito de aplicación do Convenio de Barcelona de 1976 para a protección do mar Mediterráneo. Ámbito de aplicación e disposicións xerais do Convenio de París de 1992 para a Protección do Medio Ambiente Mariño do Atlántico do Nordeste. Obxecto do Sistema nacional de resposta ante un suceso de comunicación marítima. (Real decreto 1695/2012, do 21 de decembro, polo que se aproba o Sistema nacional de resposta ante a contaminación mariña). Prevención e loita contra a contaminación no dominio público portuario (artigo 62 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.
Tema 47. Técnicas, equipamentos e directrices para a prevención e a loita contra a contaminación: técnicas e equipamento de loita contra a contaminación por hidrocarburos e contra a contaminación química: vantaxes e desvantaxes do queimado in situ e a dispersión química; características dos principais tipos de barreiras anticontaminación; principais tipos de skimmers. Directrices xerais para casos de derrama (código IMDG). Xestión de residuos a bordo: descarga de lixos fóra das zonas especiais (regra 3, anexo V, convenio MARPOL 73/78). Plan de emerxencia de a bordo en caso de contaminación por hidrocarburos: regra 26, anexo I, convenio MARPOL 73/78).
b.4) Parte específica. Especialidade de máquinas e instalacións mariñas.
Tema 1. Balance eléctrico do buque. Potencia instalada a bordo segundo as necesidades operativas.
Tema 2. Planta eléctrica do buque: características, elementos e tipoloxía.
Tema 3. Distribución da enerxía eléctrica a bordo. Cadro principal. Servizos esenciais. Servizos non esenciais.
Tema 4. Procedemento de posta en marcha da planta eléctrica dun buque a partir dunha situación de blackout.
Tema 5. Xerador de emerxencia. Cadro eléctrico de emerxencia. Servizos mínimos.
Tema 6. Xeradores de corrente alterna trifásica. Alternador: características e funcionamento.
Tema 7. Protocolo de acoplamento de xeradores de corrente alterna en paralelo nun simulador de máquinas.
Tema 8. Condicións do conexionado de alternadores. Acoplamento en paralelo. Repartidor de cargas.
Tema 9. Transformadores. Necesidade dos transformadores no buque. Conexionado de transformadores.
Tema 10. Batería de acumuladores. Convertidores de corrente alterna–continua. Cargador de baterías. Localización das baterías a bordo. Mantemento das baterías. Tipos de baterías.
Tema 11. Motores de corrente alterna: motores síncronos e motores asíncronos ou de indución. Aplicacións dos motores eléctricos a bordo.
Tema 12. Cadros de control de manobra de motores eléctricos. Elementos de protección dos motores eléctricos. Elementos de conmutación. Relé, disxuntor e contactor.
Tema 13. Arranque e manobra de motores eléctricos. Arranque estrela–triángulo. Variadores de frecuencia. Arrancadores suaves.
Tema 14. Interpretación de esquemas eléctricos. Simboloxía normalizada. Significado da numeración dos elementos e dos contactos da aparamenta eléctrica.
Tema 15. Sistema eléctrico do servotemón hidráulico dun buque.
Tema 16. Xeración e distribución da enerxía pneumática a bordo do buque: compresores de baixa, media e alta presión. Mantemento de compresores.
Tema 17. Sistemas de regulación do aire comprimido. Sistemas de filtrado do aire comprimido. Sistemas de secado do aire comprimido.
Tema 18. Sistema pneumático de arranque de motores térmicos. Elementos do sistema pneumático de arranque. Válvulas distribuidoras propias do sistema de arranque. Válvulas de arranque para motores diésel.
Tema 19. Características dos acumuladores de aire de arranque. Mantemento dos sistemas pneumáticos de arranque.
Tema 20. Elementos de potencia pneumáticos. Simboloxía normalizada.
Tema 21. Sistemas pneumáticos de regulación e control. Válvulas pneumáticas de control. Simboloxía normalizada.
Tema 22. Mando indirecto aos elementos de potencia pneumáticos. Representación gráfica e interpretación de planos e esquemas pneumáticos.
Tema 23. Situacións do cilindro pneumático ao longo da súa carreira. Autorrearme e finais de carreira. O secuenciador. Salto pneumático e repetición de fases.
Tema 24. Sistemas electro-pneumáticos. Tipoloxía das válvulas electro-pneumáticas. Servo pilotaxe eléctrico-pneumático.
Tema 25. Captadores utilizados en sistemas electro-pneumáticos. Procesamento de sinais. Representación e interpretación de esquemas electro-pneumáticos.
Tema 26. Principios da hidráulica. Elementos básicos dunha instalación hidráulica.
Tema 27. Xeración da enerxía oleohidráulica. Características do grupo oleohidráulico. Bombas hidráulicas. Válvulas de seguridade.
Tema 28. Elementos de potencia hidráulicos. Simboloxía normalizada.
Tema 29. Válvulas hidráulicas de control de caudal.
Tema 30. Válvulas hidráulicas de control de presión.
Tema 31. Aplicacións hidráulicas a bordo do buque. Servotemón hidráulicos. Maquinaria hidráulica de cuberta.
Tema 32. Mando indirecto aos elementos de potencia hidráulicos. Representación e interpretación de esquemas hidráulicos. Mantemento e localización de avarías.
Tema 33. Hidráulica proporcional. Elementos básicos dunha instalación. Aplicacións a bordo do buque.
Tema 34. Protocolos de actuación durante a garda de máquinas. Organización e normativa aplicable.
Tema 35. Actividades durante a garda de máquinas. Funcións do persoal de garda. Resposta a continxencias durante a garda de máquinas ante situacións adversas e de emerxencia.
Tema 36. Control da planta propulsora e auxiliar. Aplicación do simulador para a execución e a revisión de procedementos de garda de máquinas en planta propulsora diésel e sistemas auxiliares.
Tema 37. Sinalización de seguridade en sala de máquinas. Sinalización óptica. Color. Formas xeométricas dos sinais. Esquemas dos sinais de seguridade. Avisos de seguridade. Sinalización por etiquetas. Iluminación de seguridade. Sinalización acústica. Materiais reflectores.
Tema 38. Xeometría do buque. Seccións do buque mediante planos principais. Coordenadas a bordo do buque. Dimensións principais do buque: as súas clases. Obra viva e obra morta. Amuras e aletas. Calados, clases de calados. Escalas de calados. Asento. Francobordo. Arqueo, definición, clases.
Tema 39. Mantemento correctivo, preventivo e predictivo de maquinaria de buques. Técnicas e organización.
Tema 40. Xestión de mantemento do buque. Certificación e inspección periódica. Eficiencia enerxética a bordo.
Tema 41. Xestión de pañois. Control de stock: materiais, ferramentas e pezas de reposto a corto e medio prazo. Condicións de almacenamento e conservación. Información técnica de subministracións.
Tema 42. Sistema de lubricación en propulsión diésel. Aceites lubricantes de motores diésel mariños: características, clasificacións, contaminación, análise en laboratorios e probas a bordo.
Tema 43. Sistema de combustible en propulsión diésel: compoñentes e circuítos.
Tema 44. Xestión de combustibles. Combustibles mariños actuais: características. Carga de combustible. Toma de mostras de combustible. Análise de combustible en laboratorios e probas a bordo. Preparación e tratamento dos combustibles. Aditivos. Cálculos de consumos e distribución segundo as condicións de estabilidade. Prevención dos riscos e da contaminación nas operacións con combustibles.
Tema 45. Sistema de filtrado e depuración de combustible e aceite de lubricación en buques con propulsión diésel.
Tema 46. Sistema de produción e distribución de auga fría e quente a bordo. Produción por osmose inversa e evaporación. Almacenamento, tratamento e distribución da auga xerada.
Tema 47. Sistema mariño de tratamento de augas residuais e de sentinas: normativa, tipos, compoñentes e funcionamento.
b.5) Parte específica. Especialidade de inglés marítimo.
Tema 1. Didáctica do inglés marítimo como lingua estranxeira usando as catro habilidades dunha lingua. Frases normalizadas da OMI: xeneralidades.
Tema 2. Sisfonolóxico da lingua inglésa I: vogais, semi-vogais e ditongos. O porto, clasificación e infraestrutura.
Tema 3. Sisfonolóxico da lingua inglésa II: as consoantes. Clasificación. Partes principais do barco.
Tema 4. Léxico I: formación de palabras (afixación). Léxico aplicado ás actividades de mergullo.
Tema 5. Léxico II. Composición: clasificación. Conversión: clasificación. Clasificación dos barcos mercantes e de servizo (p.e., en portos: remolcadores, de práctico, etc.).
Tema 6. O substantivo I: clasificación e funcións. Equipamento e elementos empregados para a loita contra os incendios. Prevencións. Frases normalizadas da OMI para protección e loita contra os incendios.
Tema 7. O substantivo II: xénero e número. Organización a bordo do buque. Departamentos e rangos.
Tema 8. Determinantes I: o artigo determinado e os demostrativos. Tanques e operacións con estes. Frases normalizadas da OMI de información sobre operacións con tanques.
Tema 9. Determinantes II: o artigo indeterminado e os cuantificativos. Persoas en terra que teñen relación co buque e a actividade deste: armador, práctico, provisionista, axente, axentes do transporte marítimo, etc.
Tema 10. Determinantes III: expresión da distribución. Co-ocorrencia con nomes e preposicións e posición. Clasificación dos buques pesqueiros. Nomenclatura de artes e aparellos máis empregados. Frases normalizadas da OMI para a pesca.
Tema 11. Expresión da imprecisión: indefinidos (usos e concordancias). Comunicacións por VHF. Regras xerais e convencionalismos.
Tema 12. Demanda de información: interrogativos. Preguntas directas e indirectas. Comunicacións de busca e salvamento. Frases normalizadas da OMI para a busca e o salvamento.
Tema 13. O pronome persoal. Formas, funcións e posición. Comunicacións de socorro e urxencia. Regras xerais. Frases normalizadas da OMI para comunicacións de socorro e urxencia.
Tema 14. Expresión da calidade. Expresión do grao e comparación. Características e dimensións do buque. Frases da OMI para adquirir e proporcionar información sobre as características e as dimensións do buque.
Tema 15. A preposición. Preposicións simples e complexas. Expresión do lugar e do tempo e outros. Expresión da posición e da dirección nun buque.
Tema 16. Expresión da posesión. Adxectivos e pronomes posesivos. O caso posesivo. Información para a navegación: avisos. Terminoloxía máis habitual empregada nos avisos á navegación, tanto con simboloxía coma con texto. Frases normalizadas da OMI para avisos á navegación. Mensaxes estándar de seguridade relacionadas cos avisos á navegación.
Tema 17. Pronome relativo: clases, funcións e frases relativas. Motor principal. Motor de dous e catro tempos. Nomenclatura das partes principais e dos ciclos teóricos de funcionamento. Ordes estándar á máquina da OMI.
Tema 18. Localización no espazo: lugar, dirección e distancia. Clases, co-ocorrencia de verbos e posición na frase. Seguridade a bordo. Nomenclatura do material de salvamento a bordo. Equipamento do bote salvavidas. Frases normalizadas da OMI para a seguridade a bordo: alarma xeral e avisos por megafonía.
Tema 19. Localización no tempo: relacións temporais. Clases e uso correlativo. Comunicacións para previr abordaxes seguindo o RIPA.
Tema 20. O verbo: clases de verbos. Denominación dos documentos de despacho do buque: Convenio FAL-OMI, os obrigatorios sanitarios do Regulamento marítimo internacional, o Certificado internacional para buques de pesca de 24 metros ou máis. Diario de pesca e declaración de desembarque ou transbordo: mencións.
Tema 21. Oracións existenciais: verbos que as admiten. Oracións existenciais con relativos e infinitivos. As diferentes axudas á navegación: balizamento e luces. Publicacións náuticas relativas ás ditas axudas.
Tema 22. Tempo verbal: presente simple e progresivo. Formas e usos e adverbios asociados. Servizo de práctico. Frases normalizadas referidas á solicitude de servizo de práctico e a súa execución.
Tema 23. Tempo verbal: pasado simple e progresivo. Formas e usos e adverbios asociados. Fondeo. Elementos principais que interveñen na manobra de fondeo. Frases normalizadas da OMI para a manobra de fondeo e saída de fondeo.
Tema 24. Tempo verbal pretérito perfecto simple e progresivo. Formas e usos e adverbios asociados. Equipamentos electrónicos para a navegación: GPS, DGPS, ECDIS, AIS, NAVTEX, VHF, MF, HF, radiotélex e INMARSAT.
Tema 25. Tempo verbal futuro. Formas e usos e contraste co presente. Chegada, atraque e desatraque. Terminoloxía relacionada coa chegada, atraque e desatraque dun buque a porto, seguridade cos cabos de amarre. Frases normalizadas da OMI de comunicación de chegada e as empregadas nas manobras de atraque e desatraque, e as ordes estándar á máquina e ao temoneiro/a.
Tema 26. Tempo verbal condicional presente e pasado. Formas e usos. Comunicacións médicas. Protocolos básicos de primeiros auxilios e atención médica a bordo. Denominación das enfermidades e accidentes máis frecuentes a bordo: feridas, queimaduras, fracturas, ETS, psiquiátricas, de pel e dixestivas. Partes do corpo, ósos e órganos.
Tema 27. Tempo verbal: pasado perfecto. Formas e usos e adverbios asociados. Helicóptero. Terminoloxía relacionada coas operacións de helicóptero. Frases normalizadas da OMI de helicópteros.
Tema 28. O imperativo: formas e usos. Preguntas de confirmación asociadas. Gardas na sala de máquinas. Léxico relacionado coa garda de máquina. Frases normalizadas da OMI relacionadas coa información sobre as tarefas da garda da máquinas.
Tema 29. Formas non persoais do verbo. Infinitivo. Formas, usos e oracións de infinitivo. Gardas de ponte. Léxico relacionado coa garda de ponte. Frases normalizadas da OMI relacionadas coa información sobre as tarefas da garda de ponte.
Tema 30. Formas non persoais do verbo. A forma en –ing. Formas e usos. Guía de entrada a porto. Elementos habituais e como empregala.
Tema 31. Verbos auxiliares I: verbos primarios e verbos alternativos. Remolcador. Terminoloxía usada nos servizos de remolcador. Frases normalizadas da OMI de remolcadores.
Tema 32. Verbos auxiliares II: verbos modais. Formas e usos e expresións modais. A sala de máquinas: denominación e función básica da maquinaria principal e auxiliar.
Tema 33. Multi-word verbs: clases. Contraste entre eles. Léxico dos procesos de acuicultura.
Tema 34. Expresións de acordo e desacordo en respostas curtas. Terminoloxía relacionada coas avarías no motor diésel principal e posibles causas.
Tema 35. O modo imperativo. Formas e funcións. O taller a bordo. Verbos e procesos do taller mariño. Ferramentas máis empregadas e o seu uso.
Tema 36. Estrutura da oración simple en inglés: afirmacións, preguntas, negacións e exclamacións/ou: clases. Elementos da oración e a súa posición. Servizos de tráfico marítimo. Terminoloxía especial dos servizos de tráfico marítimo. Frases normalizadas da OMI dos servizos de tráfico marítimo.
Tema 37. Expresión da aserción, a énfase e a obxección. O servo electrohidráulico e o rotativo de paletas: funcións e compoñentes. Garda no cuarto do servo. Ordes estándar da OMI relativas ao temón que se poidan executar no temón de emerxencia do cuarto do servo.
Tema 38. Relacións de causa e consecuencia. A contaminación mariña e a prevención. Frases OMI relativas á contaminación mariña.
Tema 39. Relacións temporais. Meteoroloxía mariña. Terminoloxía referida á meteoroloxía mariña. Partes meteorolóxicos. Escalas Beaufort e Douglas. Frases normalizadas da OMI para información meteorolóxica e hidrográfica.
Tema 40. Expresión da finalidade: oracións persoais e impersoais. Inspeccións a bordo relativas aos convenios OMI.
Tema 41. Expresión da dúbida. Maquinaria auxiliar a bordo: denominación, localización e funcións básicas.
Tema 42. Expresión da condición e hipótese. Tipos de oracións condicionais. Electricidade e elementos básicos dos circuítos eléctricos a bordo.
Tema 43. Expresión do contraste. Soldadura eléctrica por eléctrodo revestido e oxiacetilénica: elementos que as compoñen e o vocabulario relacionado.
Tema 44. A voz pasiva. Formas e funcións. Terminoloxía relacionada coas bombas, válvulas e tubaxes. A súa localización e finalidade, avarías e mantemento.
Tema 45. O discurso directo e o discurso indirecto. O discurso directo libre e o discurso indirecto libre. O eixo de cola. Partes principais do eixo de cola.
Tema 46. A comunicación escrita. Distintos tipos de textos escritos. Elementos básicos dos circuítos auxiliares do motor diésel.
Tema 47. A influencia da lingua inglésa nas comunicacións marítimas. Denominación da documentación común recollida nos convenios MARPOL e SOLAS que debe levar a bordo un buque.
b.6) Parte específica. Especialidade de formación e orientación laboral.
Tema 1. O departamento de orientación. Funcións. O plan de orientación académica e profesional. Programas de intervención. Colaboración con organismos e institucións implicadas na orientación profesional.
Tema 2. A análise e a avaliación do potencial profesional e dos intereses persoais, coñecementos, competencias e motivacións no proceso de autoorientación. Procedementos e instrumentos.
Tema 3. A información profesional na orientación. Concepto e método: busca, selección e tratamento da información. Sistemas e fontes para a información en orientación profesional e laboral. A aprendizaxe autónoma. A identidade dixital.
Tema 4. Organización ocupacional do sistema produtivo e orientación. Áreas ocupacionais e perfís profesionais. Itinerarios tipo. Elaboración dos itinerarios formativo-profesionalizadores no proceso de orientación.
Tema 5. O proceso de busca de emprego. A organización da busca. Fontes de información. A creación da marca persoal. O proceso de selección de persoal, técnicas e instrumentos. A habilidade emprendedora e o autoemprego.
Tema 6. O mercado de traballo. Distribución da poboación. Evolución da poboación en España. As políticas de emprego. Situación laboral de colectivos desfavorecidos. Profesións con futuro. Perspectivas no contorno laboral.
Tema 7. O liderado como rasgo de personalidade. A influencia dos líderes no marco da organización. Teorías do liderado. Tipoloxías de liderado. Relacións de poder. A xerarquía na organización.
Tema 8. Os equipos de traballo. Dinámica de grupos. Técnicas de dinámica e dirección de grupos. Aplicación no contorno laboral. Dirección de reunións. Etapas para o desenvolvemento dunha reunión eficaz. A participación no equipo de traballo.
Tema 9. A motivación laboral. Definición, teorías e proceso de motivación. As necesidades do individuo. A motivación no contorno laboral. Diagnóstico e avaliación da motivación. As condicións de traballo e a motivación laboral. Técnicas de motivación laboral.
Tema 10. O dereito do traballo. O seu obxecto: traballo persoal, voluntario, retribuído, por conta allea e baixo o poder de organización e dirección doutro. Fontes do dereito do traballo. A aplicación e interpretación das normas laborais. A xerarquía normativa e os principios xerais do dereito (xerarquía normativa e orde normativo) e os específicos do dereito do traballo.
Tema 11. A relación xurídico laboral no marco supranacional. O dereito comunitario europeo: as súas fontes; dereito orixinario e dereito derivado; os regulamentos, as directivas e as decisións. As funcións dos estados membros na aplicación do dereito comunitario. Outras normas supranacionais en materia laboral. A Organización Internacional do Traballo: O convenio 188 OIT sobre o traballo na pesca: a idade mínima, o exame médico, a dotación e as horas de descanso, o acordo de traballo, a repatriación, atención médica, protección da saúde e seguridade social. Cumprimento e control polo estado reitor do porto.
Tema 12. A profesión como realidade social. A configuración xurídica das profesións no ordenamento español. Bases constitucionais: o dereito á libre elección da profesión, a profesión regulada. A libre circulación dos traballadores e profesionais na Unión Europea: o dereito de establecemento e a libre prestación de servizos.
Tema 13. A relación laboral en España: ámbito e disposicións reguladoras. Órganos da Administración laboral. A xurisdición social.
Tema 14. O contrato de traballo: concepto, elementos. Suxeitos do contrato de traballo (capacidade para contratar). Forma do contrato de traballo. Duración. Traballos excluídos e relacións especiais de traballo. O período de proba. Real decreto 618/2020, do 20 de xuño polo que se establecen melloras nas condicións de traballo no sector pesqueiro: disposición derradeira 2ª: obrigas relativas ao contrato de traballo dos pescadores. Contido mínimo do contrato de traballo dos pescadores.
Tema 15. Modalidades de contratación: contratos formativos, indefinidos e temporais. As empresas de traballo temporal. Novas formas de organización do traballo: o teletraballo. A relación xurídico-laboral do capitán: o contrato de alta dirección do capitán.
Tema 16. Dereitos e deberes do traballador. O poder de dirección do empresario: manifestacións e limitacións. O poder disciplinario: faltas, sancións e procedemento sancionador.
Tema 17. O tempo de traballo: xornada laboral, horas extraordinarias. Clases de xornadas e horarios. Descanso semanal, festas e permisos. Vacacións. Xornadas ampliadas: a xornada laboral no mar, pesca e mariña mercante. Xornadas reducidas: xornada en cámaras frigoríficas e de conxelación.
Tema 18. Prestación básica do empresario: o salario. Concepto, clases e estrutura do salario. Lugar, tempo e forma de pagamento dos salarios. O salario mínimo interprofesional. As pagas extraordinarias. As garantías do salario. Sistemas especiais na pesca: o salario á parte e o salario fixo con participación na captura.
Tema 19. A nómina. Estrutura do recibo de salarios: salario base, complementos salariais e percepcións extrasalariais. Deducións. Determinación das bases de cotización á á Seguridade Social e da base suxeita á retención do IRPF. A cota obreira e a cota patronal. Cálculo do salario bruto e do líquido que se vai percibir ou salario neto.
Tema 20. Participación dos traballadores na empresa. A representación unitaria: delegados de persoal e o comité de empresa. Procedemento electoral. Competencias. Facilidades e garantías laborais para o exercicio da súa función.
Tema 21. Os sindicatos. A liberdade sindical. Funcionamento do sindicato. A acción sindical na empresa. Réxime xurídico sindical e tutela da liberdade sindical. As asociacións de empresarios.
Tema 22. Convenios colectivos: concepto e natureza xurídica. Unidades de negociación, lexitimación e vixencia. Procedemento negociador. Acordos de adhesión e actos de extensión. O contido do convenio colectivo. Interpretación. Acordos marco.
Tema 23. Modificación do contrato de traballo: mobilidade funcional, xeográfica e modificación das condicións de traballo. A subrogación empresarial: transmisión da empresa. Suspensión do contrato de traballo: causas e efectos.
Tema 24. A extinción do contrato de traballo. Modalidades de extinción. O despedimento disciplinario. Concepto e natureza. Forma, tempo e lugar do despedimento. A cualificación do despedimento e os seus efectos xurídicos.
Tema 25. Conflitos individuais de traballo. A conciliación extraxudicial. Proceso ordinario: demanda, conciliación, xuízo e sentenza. Procesos especiais. Medios de impugnación: recurso de casación, de suplicación e revisión. Outros recursos.
Tema 26. Conflitos colectivos de traballo: clases e procedemento de solución. A folga: requisitos, desenvolvemento e efectos. O peche patronal.
Tema 27. A Seguridade Social en España. Normativa vixente e ámbito de aplicación. Estrutura do sistema da Seguridade Social. O réxime xeral da Seguridade Social. Inscrición de empresas. Afiliación, altas e baixas. Cotización. Recadación. Acción protectora.
Tema 28. Situacións protexidas pola Seguridade Social. Concepto, requisitos e contía das prestacións económicas. O réxime especial de traballadores autónomos.
Tema 29: Réxime especial dos traballadores do mar: O ISM. Ámbito de aplicación do REM. Peculiaridades de cotización. Grupos de cotización. Coeficientes redutores e correctores. Prestacións contributivas, servizos sociais e asistenciais. Real decreto 618/2020, do 20 de xuño, polo que se establecen melloras nas condicións de traballo no sector pesqueiro: dereito de repatriación, alimentación e aloxamento, protección da saúde e atención médica.
Tema 30. Os sistemas económicos e a economía de mercado. Estruturas de mercado e formas de competencia. O sistema de prezos: principios fundamentais. Os suxeitos ou unidades de decisión económica. Tipos básicos de axentes económicos. Os sectores económicos.
Tema 31: Concepto de emprendemento. Tipos. Ideas emprendedoras e concepto de innovación. Habilidades emprendedoras. O proxecto emprendedor.
Tema 32. A empresa. Elementos. Obxectivos. Criterios de clasificación das empresas. As áreas funcionais da empresa.
Tema 33. A comunicación na empresa. Niveis, tipos e técnicas de comunicación. Etapas dun proceso de comunicación. A comunicación informal. Dificultades e barreiras comunicativas. Redes de comunicación. O control da información.
Tema 34. A negociación na empresa. Concepto e elementos. Tipos de negociación. Estratexias e tácticas de negociación. Fases dun proceso negociador. Personalidade dos negociadores. Conflito e mediación. A solución de conflitos. Cualidades do mediador.
Tema 35. Resolución de problemas e toma de decisións no ámbito laboral: fases, avaliación de riscos e estratexias. Técnicas para fomentar a creatividade, estudar e resolver problemas.
Tema 36. A dirección na empresa. Estilos de dirección. As funcións de dirección. Habilidades de dirección. A autoridade na empresa. A delegación de autoridade. O mando intermedio na organización.
Tema 37. O proceso de creación dunha pequena empresa. Localización da empresa. Estudo do mercado e análise do sector. Elección da forma xurídica. Plan de viabilidade económica. Trámites legais para a constitución e posta en marcha. Subvencións.
Tema 38. A prevención de riscos laborais. Conceptos básicos. Normativa española e comunitaria. Outras disposicións. Factores de risco. Danos: patoloxías específicas e inespecíficas. Técnicas preventivas. Dereitos e obrigas de traballador e empresario en materia preventiva. Medidas de prevención e de protección dos riscos laborais: concepto, clases. Os equipamentos de protección individual e colectiva. Organismos públicos relacionados coa prevención.
Tema 39. Análise dos factores de risco laboral derivados das condicións de seguridade ou estruturais e das medidas de prevención e protección: os lugares de traballo: condicións xerais dos centros. A sinalización. Os equipamentos de traballo: Protección fronte ás máquinas. O risco eléctrico: conceptos básicos e medidas de protección. O lume: sistemas de detección e extinción en función da natureza do lume. Normativa legal nesta materia.
Tema 40. Análise dos factores de risco laboral derivados das condicións hixiénicas ou medioambientais e das medidas de prevención e protección: os contaminantes físicos, químicos e biolóxicos.
Tema 41. Análise dos factores de risco laboral derivados das condicións ergonómicas e psicosociais e das medidas de prevención e protección: a carga de traballo física e mental. Características e organización do traballo. Clima laboral. As características persoais.
Tema 42. Saúde laboral e novas tecnoloxías. Principais riscos que derivan delas. Novas patoloxías emerxentes. Medidas de prevención e protección ante as novas tecnoloxías.
Tema 43. Os danos: o accidente de traballo. A orixe dos accidentes e a teoría da causalidade. Custos da sinistralidade laboral. A enfermidade profesional: concepto legal e a súa problemática. Clasificación. Principais enfermidades profesionais.
Tema 44. Riscos laborais no sector marítimo pesqueiro: riscos específicos da acuicultura. Riscos específicos das operacións subacuáticas e hiperbáricas. Seguridade a bordo dos buques de pesca: Real decreto 2116/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as normas mínimas de seguridade e saúde para buques de pesca: obrigas xerais do armador, equipamentos e mantemento, obrigas en materia de formación e información, anexo III: disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas aos medios de salvamento e supervivencia, anexo IV: disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas aos medios de protección individual. Código de seguridade para pescadores e buques pesqueiros FAL/OIT/OMI, parte A: seguridade en cuberta, seguridade durante a pesca en función da modalidade empregada, medidas especiais de protección e instalacións para uso dos tripulantes.
Tema 45. Etapas da acción preventiva. Inspeccións de seguridade: metodoloxía. Fase e tipoloxía da investigación de accidentes. Control estatístico de accidentes.
Tema 46. Xestión da prevención de riscos laborais: documentación, responsabilidades e funcións. Os servizos de prevención. Principios da acción preventiva. A avaliación de riscos laborais, o plan de acción e o plan de autoprotección.
Tema 47. Primeiros auxilios: principios xerais na aplicación. Prioridades de actuación. A caixa de urxencias nas empresas. Queimaduras. Hemorraxias. Fracturas. A reanimación cardio-respiratoria. Transporte de accidentados.
b.7) Parte específica. Especialidade de procesos sanitarios.
Tema 1. Hixiene individual e colectiva: da pel, dos órganos dos sentidos e da roupa, o calzado e os equipamentos de traballo.
Tema 2. Hixiene do buque e da carga: espazos habitables, de carga e para a alimentación.
Tema 3. Técnicas de saneamento do buque: desinfección, desinsectación e desrratización.
Tema 4. Hixiene da alimentación: auga e alimentos.
Tema 5. Parasitoloxía e epidemioloxía: parasitismo, infección, infestación e profilaxe.
Tema 6. Hixiene ambiental: ventilación, calefacción, refrixeración, climatización e iluminación, ruídos e vibracións.
Tema 7. Análise e avaliación dos principais riscos a bordo do buque: mapa de riscos e medidas de prevención e protección.
Tema 8. Enfermidades tropicais: enfermidades tropicais e rexións xeográficas. Paludismo e febre amarela.
Tema 9. Enfermidades de transmisión sexual (ets): mecanismos de contaxio, síntomas e prevención.
Tema 10. Uso indebido de drogas e alcol: principais drogas de abuso e os seus efectos. Consecuencias da intoxicación etílica aguda. Efectos das drogas sobre a seguridade a bordo.
Tema 11. Outras urxencias psiquiátricas: axitación, tentativa de suicidio, convulsións tónico-clónicas. Estratexias de control do estrés.
Tema 12. Vacinación no persoal traballador do mar.
Tema 13. Tipos de caixas de primeiros auxilios regulamentarias e a súa composición. Códigos de identificación do material incluído na caixa de primeiros auxilios. Mantemento e revisións.
Tema 14. Actividades de formación preventiva da tripulación: campañas de promoción da saúde, de formación sanitaria específica. Libro de hixiene naval.
Tema 15. Servizos de información médica en asistencia sanitaria a bordo: metodoloxía e regulamentación para as comunicacións. Servizos a través de comunicacións por satélite e por radio.
Tema 16. Guía médica internacional a bordo. Guía sanitaria a bordo. Folla de rexistro de medicamentos. Fichas médicas de evacuación. Informe de asistencia.
Tema 17. Manuais de procedemento radiomédico. Terminoloxía medico-sanitaria.
Tema 18. Patoloxías e situacións que requiren consulta médica por radio: patoloxías e lesións de oídos, nariz, garganta e ollos. Síndrome febril durante a navegación en zonas tropicais. Urxencias odontolóxicas.
Tema 19. Manobras e técnicas exploratorias e terapéuticas básicas. Dor: intensidade e carácter) consciencia, presenza ou ausencia de pulso: características, temperatura, respiración, exploración neurolóxica e presión arterial.
Tema 20. Estrutura e principais funcións dos aparellos, os sistemas e os órganos do corpo humano.
Tema 21. Intoxicacións: vías de entrada de tóxicos no organismo, síntomas e actuacións ante un paciente intoxicado.
Tema 22. Toxiinfeccións alimentarias: botulismo, brucelose, salmonelose.
Tema 23. Lesións producidas pola calor e polo frío. Hipotermia e golpe de calor: sintomatoloxía. Medidas que e necesario adoptar.
Tema 24. Shock: tipos, causas e síntomas. Primeiros auxilios. Tratamento xeral do shock.
Tema 25. Reanimación cardiopulmonar. Técnicas: SVB, SVA, DESA, DEA.
Tema 26. Métodos para desobstruír a vía aérea e facilitar a respiración.
Tema 27. Feridas: tipos e tratamento en xeral. Técnicas de asepsia. Técnicas de sutura. Vendaxe de feridas.
Tema 28. Hemorraxias: tipoloxía. Síntomas. Tratamento.
Tema 29. Fracturas: aberta e pechada. Sintomatoloxía, tratamento e manipulación. Traumatismos craniais e da columna vertebral: sintomatoloxía, tratamento e manipulación da persoa accidentada.
Tema 30. Queimaduras e conxelacións: axentes motivadores. Tipos, tratamento básico: limpeza, desinfección e protección.
Tema 31. Actuación en procesos infectocontaxiosos. Enfermidades cuarenterais: peste, cólera, febre amarela. Prevención, diagnóstico e tratamento.
Tema 32. Litiase renal. Cólico nefrítico. Hemorraxias urinarias.
Tema 33. Técnicas e vías de administración de medicación. Incompatibilidades entre medicamentos e efectos secundarios. Técnicas para a administración de inxectables subcutáneos, intramusculares e endovenosos (agullas parenterais: indicacións).
Tema 34. Protocolos en caso de falecemento. Signos de certeza de morte e fenómenos cadavéricos. Preparación do corpo en caso de morte no mar. Formalización da carta de defunción.
Tema 35. Coidados hixiénicos e de alimentación da persoa enferma ou accidentada a bordo.
Tema 36. Recollida dunha persoa lesionada. Técnicas de posicionamento en padiola. Tipos de padiolas. Operacións de trincaxe e zafadura do paciente.
Tema 37. Medios e métodos de rescate e transporte dunha persoa ferida ou enferma.
Tema 38. Preparación da persoa ferida ou enferma para a súa evacuación ou traslado: aplicación de medidas de primeiros auxilios.
Tema 39. Técnicas de evacuación. Planos de cámara de máquinas, adegas, tanques e disposición xeral do buque.
Tema 40. Actividades preventivas e asistenciais do programa de sanidade marítima.
Tema 41. Recoñecemento médico de embarque e mergullo profesional. Tipos, frecuencia, resultados.
Tema 42. Patoloxía adquirida na práctica do mergullo: enfermidade descompresiva; sobreexpansión pulmonar. Tratamento.
Tema 43. Diagnóstico das enfermidades da pel. Principios xerais da terapéutica dermatolóxica tópica. Infeccións bacterianas, micóticas, parálises da pel.
Tema 44. Dor abdominal aguda e peritonite: clasificación, síntomas e tratamento.
Tema 45. Diarrea e síndrome de mala absorción. Enfermidades inflamatorias crónicas do intestino. Trastornos intestinais funcionais. Trastornos ano-rectais.
Tema 46. Atención ao parto. signos e síntomas. Fases do parto e manobras necesarias para axudar en cada unha. Atención ao neno ou nena acabados de nacer e á muller parturenta.
Tema 47. Definición de accidente de traballo e enfermidade profesional. Normativa nacional e internacional básica en AT, EP e prevención de riscos laborais. Ferramentas básicas para previr os riscos dentro do sector marítimo pesqueiro. Notificación e rexistro de accidentes.
ANEXO II
(Nome e apelidos aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de ... (pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral ou procesos sanitarios), que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.
..., ... de ... de 202...
ANEXO III
(Nome e apelidos aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de ... (pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral ou procesos sanitarios), que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
(País e localidade) ..., ... de ... de 202...
