DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Reloas 2, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, na parroquia de San Salvador de Budiño, concello do Porriño.

En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, acadado na sesión do 28 de maio de 2025, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: O Porriño.

Parroquia: San Salvador de Budiño.

Nome do monte: Reloas 2.

Cabida: 3.678 m².

Referencia catastral: parte das seguintes parcelas 36039A05500853, 36039A05500852, 36039A05509004, 36039A05500851, 36039A05500854.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

José Torres Fernández (predios 851 e 852)

Sur

Monte comunal (predio 856) e camiño

Leste

Estrada

Oeste

Monte comunal (predio 857)

Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 1 de agosto de 2025

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora