En aplicación do artigo 23.2 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, acadado na sesión do 28 de maio de 2025, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Salceda de Caselas.
Parroquia: Entenza.
Nome do monte: Cerqueiral.
Cabida: 472 m2.
Ref. catastral: parte da parcela catastral 36049A03700477.
Lindeiros:
|
Lindeiros |
|
|
Norte |
Estrada provincial Caldelas-Salceda |
|
Sur |
Camiño público |
|
Leste |
Paz Martínez Rodríguez |
|
Oeste |
Estrada provincial Caldelas-Salceda Camiño público |
Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 1 de agosto de 2025
Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora
