DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Santa Eulalia a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Eulalia de Batalláns, na parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, concello das Neves.

En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, acadado na sesión do 28 de maio de 2025, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: As Neves.

Parroquia: Santa Eulalia de Batalláns.

Nome do monte: Santa Eulalia (parcela 2).

Cabida: 455 m2.

Ref. catastral: 36034A14200616.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

Estrada

Sur

Camiño

Leste

Estrada

Oeste

Josefa Vidal Caldas

Nome do monte: Santa Eulalia (parcela 3).

Cabida: 8.608 m2.

Ref. catastral: 36034A14200617.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

Camiño

Estrada

Sur

Canle regato

Leste

Canle regato

Estrada

Oeste

Herminda González Álvarez

Camiño

Nome do monte: Santa Eulalia (parcela 4).

Cabida: 1.546 m2.

Ref. catastral: 36034A14200618.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

Herdeiros de José Domínguez Álvarez

Sur

Estrada

Leste

Estrada

Oeste

Camiño

Nome do monte: Santa Eulalia (parcela 5).

Cabida: 2.006 m2.

Ref. Catastral: 36034A14200619.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

Estrada

Sur

Camiño

Leste

Antonio Doval Martínez

Camiño

Oeste

Estrada

Nome do monte: Santa Eulalia (parcela 6).

Cabida: 6.302 m2.

Ref. catastral: 36034A14200620.

Lindeiros:

Lindeiros

Norte

Camiño

Sur

Estrada

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

Estrada

Camiño

Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 1 de agosto de 2025

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor