No Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 8 de maio de 2025, publícase a Orde do 24 de abril de 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).
De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 14 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Tras a instrución do procedemento, con data do 18 de agosto de 2025, o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións para o fomento da realización de actividades de voluntariado.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de agosto de 2025, ditada no procedemento BS508B, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado para o ano 2025, como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de agosto de 2025 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 18 de agosto de 2025, ditada no procedemento BS508B, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado
Con data do 8 de maio de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 87, a Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).
O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Con data do 1 de xullo de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 24 de xullo de 2025 e de acordo co disposto nos artigos 11, 12 e 13 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.
Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 13 da orde de convocatoria a proposta de resolución con data do 29 de xullo de 2025.
Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 13 da Orde do 24 de abril de 2025,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas polo órgano instrutor e que se relacionan no anexo I, ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 12 da Orde do 24 de abril de 2025, por un importe total 130.602,69 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.
As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 24 de abril de 2025 e, especialmente, das establecidas no artigo 19.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 16 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 18 da mesma convocatoria.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (artigo 13 e disposición adicional segunda da Orde do 24.4.2025). Lara del Carmen Meneses Álvarez. Directora xeral de Xuventude.
ANEXO I
BS508B Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2025/037 |
Fundación Abrente |
G70397849 |
A Coruña |
72,47 |
1.845,09 € |
|
2 |
2025/043 |
Club Deportivo Inclusivo Enki |
G70505276 |
A Coruña |
68,19 |
1.736,11 € |
|
3 |
2025/078 |
Asociación de Búsqueda y Salvamento de Galicia |
G70420021 |
A Coruña |
67,90 |
1.728,74 € |
|
4 |
2025/073 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
A Coruña |
66,75 |
1.699,46 € |
|
5 |
2025/034 |
Asociación Xuvenil, Cultural, Deportiva e de Promoción da Saúde Integrad@S |
G15973357 |
A Coruña |
66,34 |
1.689,02 € |
|
6 |
2025/092 |
Arquitectura Sin Fronteras España, ASF-Demarcación Galicia |
G60192614 |
A Coruña |
65,80 |
1.675,27 € |
|
7 |
2025/084 |
Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco |
G15229057 |
A Coruña |
65,18 |
1.659,48 € |
|
8 |
2025/075 |
Asociación Socio Cultural ASCM |
G15161573 |
A Coruña |
64,40 |
1.639,63 € |
|
9 |
2025/044 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami |
G32115941 |
A Coruña |
64,16 |
1.633,51 € |
|
10 |
2025/088 |
Fundación Ingada |
G70394374 |
A Coruña |
63,16 |
1.608,05 € |
|
11 |
2025/094 |
Asociación Altaír Galiza |
G27439124 |
A Coruña |
62,47 |
1.590,49 € |
|
12 |
2025/056 |
Asociación Centro Xuvenil Don Bosco |
G15071566 |
A Coruña |
62,18 |
1.583,10 € |
|
13 |
2025/033 |
Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos |
G15747678 |
A Coruña |
62,15 |
1.582,34 € |
|
14 |
2025/096 |
Federación Galega de Bandas de Música Populares, FGBMP |
G15110893 |
A Coruña |
62,15 |
1.582,34 € |
|
15 |
2025/011 |
Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas |
G15031537 |
A Coruña |
61,69 |
1.570,62 € |
|
16 |
2025/015 |
Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra |
G15173263 |
A Coruña |
59,02 |
1.502,65 € |
|
17 |
2025/004 |
Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos |
G15074743 |
A Coruña |
57,90 |
1.474,14 € |
|
18 |
2025/055 |
Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela |
G15775604 |
A Coruña |
57,15 |
1.455,04 € |
|
19 |
2025/086 |
Asociación Proxecto Máscaras |
G70401518 |
A Coruña |
57,02 |
1.451,73 € |
|
20 |
2025/013 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea |
G15483498 |
A Coruña |
56,90 |
1.448,68 € |
|
21 |
2025/070 |
Cruz Roja Española, Comité Autonómico de Galicia |
Q2866001G |
A Coruña |
56,90 |
1.125,00 € |
|
22 |
2025/074 |
Federación Alcer Galicia |
G70474556 |
A Coruña |
56,83 |
1.446,89 € |
|
23 |
2025/045 |
Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña, Grumico |
G15038797 |
A Coruña |
55,91 |
1.423,47 € |
|
24 |
2025/059 |
Asociación Centro Xuvenil Abeiro |
G15456700 |
A Coruña |
55,40 |
1.410,49 € |
|
25 |
2025/082 |
Asociación Solidariedade Internacional de Galicia |
G36833648 |
A Coruña |
54,52 |
1.388,08 € |
|
26 |
2025/031 |
Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, AXF |
G15121676 |
A Coruña |
54,45 |
1.386,29 € |
|
27 |
2025/007 |
Asociación Dignidad Galicia |
G15500853 |
A Coruña |
53,40 |
1.359,57 € |
|
28 |
2025/008 |
Asociación Galega de Fibrose Quística, AGFQ |
G15088396 |
A Coruña |
52,95 |
1.348,10 € |
|
29 |
2025/090 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
52,50 |
1.336,65 € |
|
30 |
2025/036 |
Asociación de Migrantes de Galicia, Amiga |
G70578083 |
A Coruña |
51,15 |
1.302,28 € |
|
31 |
2025/003 |
Fundación de Adultos Discapacitados de la Coruña, Adcor |
G15546484 |
A Coruña |
50,86 |
1.294,89 € |
|
32 |
2025/052 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
A Coruña |
49,72 |
1.265,87 € |
|
33 |
2025/066 |
Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal |
G15496607 |
A Coruña |
49,46 |
1.259,26 € |
|
34 |
2025/029 |
Fundación Tierra de Hombres España |
G80956733 |
A Coruña |
45,90 |
1.168,62 € |
|
35 |
2025/001 |
Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Igaxes |
G15784978 |
A Coruña |
44,58 |
1.135,01 € |
|
36 |
2025/023 |
Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia, Asanog |
G70349360 |
A Coruña |
43,89 |
1.117,44 € |
|
37 |
2025/014 |
Asociación Alcer-Coruña, para a Loita contra as Enfermidades do Ril |
G15058647 |
A Coruña |
43,41 |
1.105,22 € |
|
38 |
2025/047 |
Fundación Ronsel |
G15752660 |
A Coruña |
43,40 |
1.104,97 € |
|
39 |
2025/026 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños y Otras Demencias, Afaber |
G15821572 |
A Coruña |
35,90 |
914,02 € |
|
40 |
2025/091 |
Asociación de Celíacos de Galicia, Acega |
G15675960 |
A Coruña |
34,15 |
869,46 € |
|
41 |
2025/080 |
Asociación de Padres, Madres, Profesionales y Amistades de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia |
G15771777 |
A Coruña |
27,65 |
401,25 € |
|
42 |
2025/002 |
Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN |
G15512502 |
A Coruña |
25,24 |
642,61 € |
|
43 |
2025/077 |
Asociación Juvenil y Cultural Ateibo |
G27013309 |
Lugo |
70,48 |
1.794,42 € |
|
44 |
2025/018 |
Asociación Escuela Shantidi |
G27477744 |
Lugo |
67,11 |
1.708,62 € |
|
45 |
2025/049 |
Asociación Aliad-Ultreia |
G27021120 |
Lugo |
62,68 |
1.595,83 € |
|
46 |
2025/009 |
Asociación Saúde Mental, A Mariña |
G27262799 |
Lugo |
56,86 |
1.447,65 € |
|
47 |
2025/053 |
Fundación Juan Soñador |
G24452435 |
Lugo |
55,97 |
1.425,00 € |
|
48 |
2025/032 |
Asociación Alcer-Lugo, para a Loita contra as Enfermidades Renais |
G27015866 |
Lugo |
55,65 |
1.416,85 € |
|
49 |
2025/021 |
Alume Saúde Mental |
G27198977 |
Lugo |
55,37 |
1.409,72 € |
|
50 |
2025/089 |
Club Piragüismo Cidade de Lugo |
G27107176 |
Lugo |
55,15 |
1.404,12 € |
|
51 |
2025/019 |
Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo, Cogami Lugo |
G27219773 |
Lugo |
54,65 |
1.140,73 € |
|
52 |
2025/067 |
Aspnais - Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo |
G27018365 |
Lugo |
53,75 |
1.368,48 € |
|
53 |
2025/010 |
Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer y otras Demencias, AFA Viveiro |
G27341940 |
Lugo |
52,65 |
1.340,47 € |
|
54 |
2025/046 |
Asociación Auxilia-Lugo |
G08317059 |
Lugo |
50,65 |
1.289,55 € |
|
55 |
2025/098 |
Asociación Cultural Xaquedrum |
G27336353 |
Lugo |
46,96 |
1.195,61 € |
|
56 |
2025/093 |
Congregación de las Hijas del Divino Celo-Rogacionistas |
R0800037D |
Lugo |
44,26 |
1.126,86 € |
|
57 |
2025/079 |
Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses |
G27368661 |
Lugo |
40,90 |
1.041,32 € |
|
58 |
2025/051 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada |
G27320225 |
Lugo |
36,67 |
933,62 € |
|
59 |
2025/012 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo, Afalu |
G27285980 |
Lugo |
27,99 |
712,63 € |
|
60 |
2025/024 |
Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia |
G32302671 |
Ourense |
66,35 |
1.689,27 € |
|
61 |
2025/068 |
Asociación Participacción |
G32477127 |
Ourense |
58,40 |
1.140,00 € |
|
62 |
2025/087 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
Ourense |
56,41 |
1.436,20 € |
|
63 |
2025/006 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
Ourense |
54,90 |
1.397,76 € |
|
64 |
2025/005 |
Club Fluvial Allariz |
G32102899 |
Ourense |
49,13 |
1.250,85 € |
|
65 |
2025/057 |
Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense, ADO |
G32410797 |
Ourense |
49,12 |
1.250,59 € |
|
66 |
2025/022 |
Fundación Hospital Asilo de Nuestra Señora de los Ángeles |
G32008633 |
Ourense |
46,65 |
1.187,71 € |
|
67 |
2025/025 |
Asociación Autismo Ourense |
G32249484 |
Ourense |
45,20 |
1.150,79 € |
|
68 |
2025/048 |
Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, Aodemper |
G32209983 |
Ourense |
42,90 |
1.092,24 € |
|
69 |
2025/081 |
Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa-EVD Galicia |
R3600131A |
Pontevedra |
67,16 |
1.709,89 € |
|
70 |
2025/060 |
Asociación Xaruma |
G27746486 |
Pontevedra |
65,99 |
1.680,11 € |
|
71 |
2025/072 |
Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares |
G36617082 |
Pontevedra |
63,63 |
1.620,02 € |
|
72 |
2025/035 |
Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama, Adicam |
G36380301 |
Pontevedra |
61,40 |
1.563,25 € |
|
73 |
2025/039 |
Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra, Cogami-Pontevedra |
G36704195 |
Pontevedra |
59,91 |
1.525,31 € |
|
74 |
2025/071 |
APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral |
G36624120 |
Pontevedra |
59,15 |
1.505,96 € |
|
75 |
2025/054 |
Asociación Xuvenil Abertal |
G36633394 |
Pontevedra |
57,05 |
1.452,50 € |
|
76 |
2025/040 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal |
G27727593 |
Pontevedra |
56,54 |
1.439,50 € |
|
77 |
2025/061 |
Escola de Tempo Libre Xaruma |
G36817385 |
Pontevedra |
55,65 |
1.416,85 € |
|
78 |
2025/065 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y Otras Demencias de Galicia, Afaga |
G36776920 |
Pontevedra |
54,27 |
1.381,71 € |
|
79 |
2025/038 |
Asociación Santiago Apóstolo de Cangas |
G36204931 |
Pontevedra |
53,40 |
1.359,57 € |
|
80 |
2025/020 |
Comunidade de Montes de Teis |
V36841047 |
Pontevedra |
52,69 |
1.341,48 € |
|
81 |
2025/041 |
Bicos de Papel, Asociación de Axuda ós Nenos Oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro |
G27847672 |
Pontevedra |
51,38 |
1.308,14 € |
|
82 |
2025/069 |
Asociación Oficina de Voluntariado |
G94035565 |
Pontevedra |
50,96 |
1.297,45 € |
|
83 |
2025/027 |
Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down |
G36164887 |
Pontevedra |
49,90 |
1.270,46 € |
|
84 |
2025/085 |
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo |
R3600368I |
Pontevedra |
49,60 |
1.262,81 € |
|
85 |
2025/062 |
Aida. Ayuda, Intercambio y Desarrollo |
G82484882 |
Pontevedra |
48,73 |
1.240,67 € |
|
86 |
2025/042 |
Fundación Grandes Amigos en Acción |
G83625509 |
Pontevedra |
48,55 |
1.236,09 € |
|
87 |
2025/083 |
Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC |
G94153053 |
Pontevedra |
48,40 |
1.232,27 € |
|
88 |
2025/030 |
Down Vigo, Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
Pontevedra |
48,35 |
1.230,99 € |
|
89 |
2025/095 |
Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, Anedia |
G94079050 |
Pontevedra |
47,37 |
1.200,00 € |
|
90 |
2025/058 |
Asociación de Residencias de Iniciativa Social de Galicia |
G94197217 |
Pontevedra |
46,92 |
1.194,58 € |
|
91 |
2025/076 |
Somosterra, Sociedade Cooperativa Galega |
F27874528 |
Pontevedra |
46,65 |
1.187,71 € |
|
92 |
2025/050 |
Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, Aceesca |
G36021970 |
Pontevedra |
46,40 |
1.181,35 € |
|
93 |
2025/016 |
Federación Galega de Piragüismo |
G36040764 |
Pontevedra |
46,14 |
1.174,73 € |
|
94 |
2025/017 |
Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos |
G36797579 |
Pontevedra |
44,52 |
1.133,48 € |
|
95 |
2025/097 |
Asociación Fontaíña |
G36964146 |
Pontevedra |
44,40 |
653,26 € |
|
96 |
2025/028 |
Asociación Peques Azules |
G72900699 |
Pontevedra |
40,34 |
1.027,06 € |
|
97 |
2025/064 |
Asociación Asistencial TDAH Salnés |
G94125648 |
Pontevedra |
39,33 |
1.001,34 € |
|
98 |
2025/063 |
Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Pontevedra |
G94096088 |
Pontevedra |
35,40 |
857,09 € |
|
Total |
130.593,45 € |
|||||
