O artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, establece, en relación coa contratación de persoal temporal nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, que a celebración de contratos laborais de duración determinada debe ser autorizada polos órganos superiores de goberno e dirección, e que deben contar cos informes favorables previos dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos, sen que, en ningún caso, poidan dar lugar a contratos indefinidos. A selección deste persoal realizarase entre as persoas incluídas nas listas da Administración autonómica ou, de ser o caso, a través dos servizos públicos de emprego. Porén, estas entidades poderán excepcionalmente acollerse a un sistema de listas propio por categorías, coa autorización previa do centro directivo competente en materia de función pública, logo da negociación coas organizacións sindicais representativas no ámbito da función pública. En atención á previsión desta excepción, a Axencia de Turismo de Galicia, para a cobertura temporal das prazas de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), en caso de ausencia das persoas titulares daquelas (por xubilación, incapacidade temporal ou permisos), elaborou unhas listas propias en virtude da Resolución do 1 de agosto de 2024.
Non obstante, o procedemento de elaboración das listas posto en marcha no ano 2024 puxo de manifesto a necesidade de modificar as bases co obxecto de simplificar e axilizar o dito procedemento. Cabe resaltar como novidade que as publicacións das listas provisionais e definitivas se farán a través da páxina web da Axencia de Turismo de Galicia, sen necesidade de acudir ao Diario Oficial de Galicia, e que se dotan de permanencia as listas, prevendo unha actualización de méritos e de novas incorporacións ás listas con periodicidade anual.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal emite informe favorable, o 29 de xullo de 2025, sobre a modificación das bases establecidas pola Resolución do 1 de agosto de 2024.
Tendo en conta o anterior, así como o informe do asesor xurídico da entidade sobre a conformidade do proceso de elaboración de listas propias, e despois da comunicación efectuada tanto ao comité de empresa como ao Consello Reitor, en virtude do establecido no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, o director da Axencia de Turismo de Galicia
RESOLVE:
Primeiro. Bases
Modificar as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias da Axencia de Turismo de Galicia para a celebración de contratos laborais de duración determinada dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), que se inclúen no anexo I.
Segundo. Convocatoria 2025
Abrir un prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes de incorporación nas listas no ano 2025, contados desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación ata as 23.59 horas do vixésimo día hábil posterior. Os postos de persoal docente para os que se poden presentar solicitudes de incorporación nas listas son os que figuran no anexo II.
Terceiro. Entrada en vigor
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o director da Axencia de Turismo de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
ANEXO I
Modificación das bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo
de elaboración de listas de substitución para a cobertura con carácter temporal
dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG),
da Axencia de Turismo de Galicia
1. Modifícase a base sexta, que queda redactada nos seguintes termos:
«Sexta. Requisitos específicos
As titulacións e a experiencia profesional requiridas son as seguintes:
1. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior de Xestión Hoteleira (USC).
Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.
2. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-recepción.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en ADE, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior de Xestión Hoteleira (USC).
Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.
3. Denominación do posto: profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.

4. Denominación do posto: profesor/a de teoría de servizos.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior de Xestión Hoteleira (USC).
Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.
5. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de servizos.
Titulación: técnico/a superior en Restauración ou diploma superior de Xestión Hoteleira (USC).
Experiencia profesional: mínimo 2 anos en funcións relacionadas co posto.
6. Denominación do posto: profesor/a de enoloxía.
Titulacións: licenciado/a ou graduado/a en Enoloxía, Bioloxía ou enxeñeiro/a agrónomo/a.
Non se require experiencia profesional mínima.
7. Denominación do posto: profesor/a de teoría de cociña.
Titulación: graduado/a en Gastronomía ou Artes culinarias ou licenciado/graduado universitario e titulación superior en Dirección de Cociña ou similar.
Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.
8. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de cociña.
Titulación: técnico superior en Cociña ou grao en Gastronomía.
Experiencia profesional: mínimo 2 anos en funcións relacionadas co posto.
9. Denominación do posto: profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Nutrición Humana e Dietética, en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, en Farmacia ou en Bioloxía.
Non se require experiencia profesional mínima.
10. Denominación do posto: profesor/a de inglés.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Inglesa, ou en Lingua e Literatura Inglesas, ou en Linguas Estranxeiras con Inglés como primeira lingua, ou en Tradución e Interpretación con Inglés como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
11. Denominación do posto: profesor/a de francés.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Francesa, ou en Linguas Estranxeiras con Francés como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario francés) ou en Tradución e Interpretación con francés como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
12. Denominación do posto: profesor/a de alemán.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Alemá, ou en Linguas Estranxeiras con alemán como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario alemán) ou en Tradución e Interpretación con alemán como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
13. Denominación do posto: profesor/a de contabilidade e finanzas.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.
Non se require experiencia profesional mínima.
14. Denominación do posto: profesor/a de economía.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía.
Non se require experiencia profesional mínima.
15. Denominación do posto: profesor/a de dirección estratéxica e control interno.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.
Non se require experiencia profesional mínima.
16. Denominación do posto: profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Dereito.
Non se require experiencia profesional mínima.
17. Denominación do posto: profesor/a de xestión recursos humanos.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Dereito, ADE, Psicoloxía, Relacións Laborais ou Socioloxía.
Non se require experiencia profesional mínima.
18. Denominación do posto: profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Tecnoloxía da Información, Enxeñaría en Sistemas de Información ou titulación equivalente no ámbito das TIC ou da informática.
Non se require experiencia profesional mínima.
19. Denominación do posto: profesor/a márketing hoteleiro e gastronómico.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing e Investigación de Mercados.
Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.
20. Denominación do posto: profesor/a de comunicación e RRPP hostaleira.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing, Publicidade e RRPP, Comunicación, Protocolo e Organización de Eventos.
Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.
21. Denominación do posto: profesor/a de revenue management e márketing hoteleiro.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing e Investigación de Mercados, Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior de Xestión Hoteleira (USC).
Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto».
2. Suprímese a base oitava.
3. Modifícase a base novena, que pasa a ser a base oitava, e queda redactada nos seguintes termos:
«Oitava. Procedemento de elaboración das listas
O proceso de elaboración das listas de contratación do persoal docente do CSHG terá a modalidade de concurso de méritos.
Para a elaboración das listas, o seu control e a súa correcta utilización, nomearase unha comisión paritaria de selección, que será a encargada de resolver todas as cuestións de interpretación que poidan presentarse, e terá a seguinte composición:
– Presidente/a: o/a subdirector/a de Docencia e Formación Continua do CSHG.
– Secretario/a: o/a xefe/a do Departamento de Márketing e Calidade do CSHG, que actuará con voz e sen voto.
– Vogais:
• Un/unha profesor/a titular da USC.
• Un/unha profesor/a do Departamento de Idiomas do CSHG.
• Un/unha profesor/a do Departamento de Organización de Empresas do CSHG.
• Un/unha representante do Comité de Empresa.
O/a secretario/a e os/as vogais poderán delegar a titularidade logo da autorización do/da presidente/a. O funcionamento da comisión paritaria de selección será conforme as instrucións relativas ao funcionamento dos tribunais de selección da Xunta de Galicia e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de abril de 2010, polo que se modifican as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección».
4. A cláusula décimo segunda pasa a ser a novena.
«Novena. Criterios de desempate
No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:
1º. No caso de infrarrepresentación do sexo feminino, o empate dirimirase na correspondente categoría profesional a prol da muller.
2º. Pola puntuación obtida na valoración da formación académica.
3º. Pola puntuación obtida na valoración da experiencia profesional.
4º. Pola valoración obtida na epígrafe doutros méritos».
5. Modifícase a base décima, que queda redactada nos seguintes termos:
«Décima. Baremo de méritos
A elaboración das listas de espera para a cobertura con carácter temporal dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) efectuarase mediante a valoración dos méritos alegados e acreditados polas persoas aspirantes, que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, e poderán acadar unha puntuación máxima de 60 puntos.
A) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos, profesor/a de aloxamento-recepción, profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións, profesor/a de teoría de servizos, profesor de teoría de cociña, profesor/a de comunicación e RRPP hostalaría, profesor de revenue management e márketing, profesor de márketing hoteleiro e gastronómico (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso nin a experiencia mínima requirida), é o seguinte:
A.1) Formación académica (puntuación máxima 30 puntos).
– Rendemento académico (máximo 24 puntos):
|
Rendemento académico |
Puntos |
|
Expediente académico da titulación requisito (se o candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación para valorar neste punto. En caso de non facelo, valorarase a máis recente)*. |
0-10 |
|
Doutoramento (10 puntos pola titulación. Pola cualificación obtida, en caso de que teña relación coa área, valorarase cun máximo de 4 puntos)**. |
0-14 |
*A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula honra 10, sobresaliente 8; notable 6; ben 4; aprobado 2. A puntuación total dividirase entre o número total de convocatorias.
**A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula honra 4, sobresaliente 3, notable 2.
– Formación adicional (máximo 6 puntos):
|
Outra formación |
Puntos |
|
Cursos específicos das áreas de coñecemento do posto. |
0,25-4 |
|
Cursos de metodoloxía didáctica. |
0,25-2 |
Valoraranse os cursos de formación, vinculados coa hostalaría, turismo ou metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo de dous (2) puntos por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.
Non se valora a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos, ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, asimilarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.
A.2) Experiencia laboral (puntuación máxima 25 puntos).
– Experiencia docente (máximo 10 puntos):
Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao candidato, de experiencia docente afín ao posto ofertado:
|
Experiencia docente |
Puntos/ano* |
|
Universitaria*/escolas Hostalaría**. |
0,6-1,2 |
|
Secundaria/FP***. |
0,3 |
|
Outra experiencia docente****. |
0,150 |
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,05* ou 0,1** mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025*** mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125**** mes traballado (desprezando os decimais).
– Experiencia profesional (máximo 15 puntos):
Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a. Non se valora a experiencia mínima requirida para acceder ao posto.
|
Experiencia |
Puntos/ano* |
|
Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas. |
0,25-1,5* |
*Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional en hostalaría non afín á praza: 0,25 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/posto base: 0,5 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 1 punto por ano; experiencia profesional afín á praza/xefe de departamento: 1,5 puntos por ano).
A.3) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos).
|
Outros méritos |
Puntos |
|
Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London. |
0-3** |
|
Inglés nivel B2-Nivel intermedio. |
1 |
|
Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1. |
2 |
|
Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2. |
3 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2. |
1 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior. |
2 |
*Só se valoran os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.
Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes, outorgaráselle a máxima puntuación.
B) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de prácticas de servizos e profesor/a de prácticas de cociña (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso, nin a experiencia mínima requirida), é o seguinte:
B.1) Formación académica (puntuación máxima 20 puntos).
– Rendemento académico (máximo 14 puntos):
|
Rendemento académico |
Puntos |
|
Expediente académico da titulación requisito* (se o candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación para valorar nesta epígrafe. En caso de non facelo, valorarase a máis recente)*. |
0-10 |
A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula honra 10, sobresaliente 8; notable 6; ben 4; aprobado 2. A puntuación total dividirase entre o número total de convocatorias. Unha vez calculada esta puntuación, multiplicarase por 1,5 no caso de que a titulación de acceso sexa grao en Gastronomía ou diploma superior en Empresas Hostaleiras (USC).
– Formación adicional (máximo 6 puntos):
Valoraranse outros cursos de formación, vinculados coa área de coñecemento da praza ou de metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo de dous (2) puntos por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.
|
Formación |
Puntos |
|
Cursos específicos das áreas de coñecemento do posto. |
0,25-4 |
|
Cursos de metodoloxía didáctica. |
0,25-2 |
*Non se valora a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares; nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos, ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, asimilarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.
B.2) Experiencia laboral (puntuación máxima 35 puntos).
– Experiencia docente (máximo 10 puntos):
Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a, de experiencia docente afín ao posto ofertado:
|
Experiencia docente |
Puntos/ano* |
|
Universitaria*/escolas Hostalaría**. |
0,6-1,2 |
|
Secundaria/FP***. |
0,3 |
|
Outra experiencia docente****. |
0,150 |
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,05* ou 0,1** mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025*** mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125**** mes traballado (desprezando os decimais).
– Experiencia profesional (máximo 25 puntos):
Período máximo que se valorará: 15 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 15 anos que outorguen maior puntuación ao candidato.
|
Experiencia |
Puntos/ano* |
|
Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas. |
0,5-2* |
*Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional en hostalaría non afín á praza: 0,50 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/posto base: 1 punto por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 1,5 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/xefe de departamento: 2 puntos por ano).
B.3) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos).
|
Outros méritos |
Puntos |
|
Idiomas** (marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London. |
0-3** |
|
Inglés nivel B2-Nivel intermedio. |
1 |
|
Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1. |
2 |
|
Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2. |
3 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2. |
1 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior. |
2 |
*Só se valoran os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.
Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada un dos apartados, outorgaráselle a máxima puntuación.
C) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de enoloxía, profesor/a de hixiene, dietética e nutrición, profesor/a de inglés, profesor/a de alemán, profesor/a de francés, profesor/a de xestión recursos humanos, profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial, profesor/a de contabilidade e finanzas, profesor/a de dirección estratéxica e control interno, profesor/a de economía, profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC) (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso), é o seguinte:
C.1) Formación académica (puntuación máxima 28 puntos).
– Rendemento académico (máximo 18 puntos):
|
Rendemento académico |
Puntos |
|
Expediente académico da titulación requisito* (se o/a candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación para valorar nesta epígrafe. En caso de non facelo, valorarase a máis recente). |
0-4 |
|
Doutoramento (10 puntos pola titulación. Pola cualificación, máximo de 4 puntos)** |
Máximo 14 |
*A puntuación calcularase segundo o protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos, facendo posteriormente unha transformación directa a 4 puntos.
**A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula honra 4, sobresaliente 3, notable 2.
– Formación adicional (máximo 10 puntos):
Valoraranse outras titulacións oficiais, distintas da requirida como titulación de acceso ao proceso e os cursos de formación, vinculados coa hostalaría, turismo ou metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo dun (1) punto por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.
|
Formación |
Puntos |
|
Mestrado/Postgrao oficial*. |
0-3 |
|
Outras titulacións universitarias. |
0-3 |
*Segundo a afinidade coa praza: 1 punto por cada titulación oficial.
|
Outra formación |
Puntos |
|
Cursos de especialización afíns coa praza. |
0,50-2 |
|
Cursos de Hostalaría/Turismo. |
0,25-1,5 |
|
Cursos de Metodoloxía Didáctica. |
0,25-1,5 |
Non se valora a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos, ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, asimilarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.
C.2) Experiencia Investigadora (puntuación máxima 3 puntos).
|
Experiencia investigadora na área |
Puntos |
|
Experiencia investigadora na área. |
0-3 |
Segundo a afinidade coa praza. Acreditarase mediante a publicación de artigos en revistas especializadas e/ou certificacións de participación en proxectos de investigación da temática obxecto do posto solicitado no proceso (0,50 puntos/artigo ou participación en proxecto).
C.3) Experiencia laboral (puntuación máxima 24 puntos).
– Experiencia docente (máximo 18 puntos):
Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a, de experiencia docente afín ao posto ofertado:
|
Experiencia docente |
Puntos/ano* |
|
Escolas Hostalaría*/Universitaria**. |
1,2-1,8 |
|
Secundaria/FP***. |
0,3 |
|
Outra experiencia docente****. |
0,150 |
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,10* ou 0,15** mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025***mes traballado (desprezando os decimais).
Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125****mes traballado (desprezando os decimais).
– Experiencia profesional (máximo 6 puntos):
Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a.
|
Experiencia |
Puntos/ano* |
|
Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas*. |
0,3-0,6* |
*Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional afín á praza/posto base: 0,3 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 0,4 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando superior: 0,6 puntos por ano).
C.4) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos).
|
Idiomas |
Puntos |
|
Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London. |
0-3** |
|
Inglés nivel B2-Nivel intermedio. |
1 |
|
Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1. |
2 |
|
Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2. |
3 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2. |
1 |
|
Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior. |
2 |
**Só se valoran los títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos. Non se valoran os idiomas nos postos de profesor/a de inglés, francés e alemán.
Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes, outorgaráselle a máxima puntuación».
6. Modifícase a base décimo primeira, que queda redactada nos seguintes termos:
«Décimo primeira. Listas provisionais e definitivas
1. As listas provisionais e definitivas das puntuacións acadadas polas persoas admitidas, así como a relación das excluídas e as causas de exclusión, publicaranse na páxina web https://www.turismo.gal/espazo-institucional
Na lista constarán, en todo caso, o nome e os apelidos, engadindo catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade das persoas admitidas e excluídas. No caso dos/das excluídos/as, farase constar o motivo da exclusión, e terán o prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, de ser o caso, formular as alegacións que se consideren oportunas á puntuación provisional.
A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
2. A resolución pola que se establece a valoración de méritos final publicarase na páxina web da Axencia, no prazo máximo de 30 días desde a publicación da lista provisional.
3. A publicación das listas suporá de facto o inicio da súa vixencia».
7. A base décimo terceira pasa a ser a base décimo segunda.
«Décimo segunda. Resolución do proceso de contratación
Os/as candidatos/as seleccionados/as, no momento de existir unha vacante, deberán aceptar ou rexeitar o posto, no momento do chamamento por correo electrónico, ao enderezo do cal o reciban, no prazo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao do chamamento efectuado. No caso de que a persoa candidata non confirme a aceptación do chamamento mediante o procedemento previamente exposto, considerarase que o rexeitou, e continuarase co chamamento ás persoas aspirantes que figuren nos seguintes lugares da lista, de xeito sucesivo e ata que se produza unha aceptación de cada chamamento».
8. Engádese unha base décimo terceira:
«Décimo terceira. Vixencia das listas
As listas, elaboradas conforme as bases recollidas nesta resolución terán carácter permanente mentres estean en vigor e poden ser dadas de baixa de oficio pola dirección da Axencia de Turismo de Galicia por causa motivada ou pola convocatoria dun proceso selectivo que dea lugar á confección dunhas novas listas de oficio.
Anualmente abrirase un período de actualización de méritos e de incorporación ás listas de novos aspirantes, que será anunciado na páxina web da Axencia, cun prazo de actualización non inferior a 15 días naturais. Os méritos acadados polo desenvolvemento dos contratos formalizados, a través das listas de contratación de persoal docente do CSHG, serán actualizados de oficio pola Axencia de Turismo de Galicia».
ANEXO II
Relación de postos
1. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos.
Departamento: Aloxamento (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
2. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-recepción.
Departamento: Aloxamento (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
3. Denominación do posto: profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.
Departamento: Aloxamento (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
4. Denominación do posto: profesor/a de teoría de servizos.
Departamento: Servizos (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
5. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de servizos.
Departamento: Servizos (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
6. Denominación do posto: profesor/a de enoloxía.
Departamento: Servizos (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
7. Denominación do posto: profesor/a de teoría de cociña.
Departamento: Cociña (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
8. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de cociña.
Departamento: Cociña (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
9. Denominación do posto: profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.
Departamento: Hixiene, Dietética e Nutrición (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
10. Denominación do posto: profesor/a de inglés.
Departamento: Idiomas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
11. Denominación do posto: profesor/a de francés.
Departamento: Idiomas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
12. Denominación do posto: profesor/a de alemán.
Departamento: Idiomas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
13. Denominación do posto: profesor/a de contabilidade e finanzas.
Departamento: Organización de Empresas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
14. Denominación do posto: profesor/a de economía.
Departamento: Organización de Empresas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
15. Denominación do posto: profesor/a de dirección estratéxica e control interno.
Departamento: Organización de Empresas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
16. Denominación do posto: profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.
Departamento: Organización de Empresas (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
17. Denominación do posto: profesor/a de xestión de recursos humanos.
Departamento: Recursos Humanos (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
18. Denominación do posto: profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).
Departamento: Informática (CSHG).
Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.
Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.
19. Denominación do posto: profesor/a de márketing hoteleiro e gastronómico.
Departamento: Comercialización Hoteleira e Revenue management (CSHG).