DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 27 de agosto de 2025 Páx. 46873

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio á cooperación en actividades de información e promoción dos produtos agrícolas e alimenticios galegos acollidos a réximes de calidade realizadas por grupos de produtores, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o exercicio orzamentario 2025 (código de procedemento MR302A).

A Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio á cooperación en actividades de información e promoción dos produtos agrícolas e alimenticios galegos acollidos a réximes de calidade realizadas por grupos de produtores, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o exercicio orzamentario 2025 (código de procedemento MR302A), establece o marco das axudas para a promoción dos produtos agroalimentarios con indicativo de calidade. Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 2 de abril de 2025.

As axudas convocadas consisten en subvencións para grupos de produtores para a realización de accións de promoción, asistencia a feiras, organización de feiras, así como a realización de estudos de mercado ou xornadas divulgativas, ou outras actividades enmarcadas nun proxecto de cooperación. Estas axudas teñen por finalidade incentivar as actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 17 das bases reguladoras, e tendo en conta o orzamento dispoñible, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 24 de marzo de 2025 (publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de abril de 2025), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio á cooperación en actividades de información e promoción dos produtos agrícolas e alimenticios galegos acollidos a réximes de calidade realizadas por grupos de produtores, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o exercicio orzamentario 2025 (código de procedemento MR302A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 10 da convocatoria, polas contías que se reflicten no dito anexo, e con cargo á aplicación 15.A2.713D.781.0, código de proxecto 2025.00004, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2026.

A finalidade destas axudas é financiar actividades das agrupacións de produtores relacionadas con actuacións de información e promoción destinadas a inducir as persoas consumidoras a adquirir produtos incluídos no marco de programas de calidade diferenciada dos alimentos, como son as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas ou os alimentos de produción ecolóxica.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria do 24 de marzo de 2025 e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) As axudas que recolle esta resolución están cofinanciadas con fondos da Unión Europea, a través do Feader, cunha participación do 60 %, así como con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia, cunha participación do 12 % e do 28 %, respectivamente. As accións subvenciónanse en virtude do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, encádranse na subintervención 7132.03 e contribúen ao cumprimento do obxectivo específico OE3, Mellorar a posición dos agricultores na cadea de valor.

c) As agrupacións beneficiarias destas axudas deberán respectar as obrigas de información e publicidade relacionadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que deberán levarse a cabo de acordo co disposto no Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación, en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC e a Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, publicidade e visibilidade.

d) Para proceder ao pagamento da subvención a agrupación beneficiaria deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 24 de marzo de 2024 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece nesta resolución, presentar a seguinte documentación:

– Xustificantes dos gastos efectuados: facturas, acompañadas dunha relación numerada delas, así como a documentación que acredite o seu pagamento. Especificarase a que acción e actividade corresponde cada un dos xustificantes achegados.

– Declaración da agrupación beneficiaria sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin (conforme o modelo de declaración do anexo II da Resolución do 24 de marzo de 2025).

– Xustificante da entidade bancaria que acredite a existencia da conta a nome da agrupación beneficiaria da subvención.

– No caso de agrupacións de produtores para as cales o imposto sobre o valor engadido non é susceptible de recuperación ou compensación, presentarase unha declaración responsable ou outra documentación acreditativa desta circunstancia.

– Documentación específica que se sinala na letra c) do artigo 18 da Resolución do 24 de marzo de 2025.

e) Infórmase, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e co Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

f) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 19 da Resolución do 24 de marzo de 2025.

g) A data límite para a xustificación da subvención concedida será o día 10 de outubro de 2025 para a anualidade 2025 e o 1 de marzo de 2026 para a anualidade 2026.

h) As agrupacións beneficiarias recibirán unha notificación co informe técnico en que se detallará a desagregación das accións promocionais subvencionadas.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025

Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

Aprobación

Beneficiario

NIF

Expediente

Investimento

Inv. subv.

Subvención

Periodificación da subvención

Puntuación segundo o artigo 10

a

b

c

d

e

f

g

Suma

%

Sub. 25

Sub. 26

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

G-001-13F-25-26

878.475,63

571.428,57

70,00

400.000,00

348.359,35

51.640,65

20

0

0

0

2

5

3

30

C.R.D.O. Monterrei

Q8255203E

G-002-13F-25-26

637.659,01

571.428,57

70,00

400.000,00

286.721,94

113.278,06

20

0

0

0

5

5

3

33

C.R.D.O. Valdeorras

Q8255004G

G-003-13F-25-26

589.459,40

571.428,57

70,00

400.000,00

266.036,79

133.963,21

20

0

0

0

5

5

1

31

C.R.D.O. Ribeira Sacra

G27196575

G-004-13F-25-26

163.372,00

163.349,00

70,00

114.344,30

50.660,40

63.683,90

20

0

0

0

5

5

1

31

IXP Pataca de Galicia

Q7755068I

G-005-13F-25-26

112.504,41

112.504,41

70,00

78.753,09

24.116,86

54.636,23

20

0

0

0

4

4

1

29

Craega

V27218643

G-006-13F-25-26

283.275,00

283.275,00

70,00

198.292,50

130.252,50

68.040,00

20

0

0

5

4

5

1

35

IXP Pan de Cea

V32321481

G-007-13F-25-26

61.910,99

61.910,99

70,00

43.337,69

23.625,41

19.712,28

20

0

0

0

5

3

1

29

C.R.D.O. Ribeiro

Q8255201I

G-008-13F-25-26

571.428,57

571.428,57

70,00

400.000,00

278.226,07

121.773,93

20

0

0

0

5

5

3

33

IIXXPP Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego

Q1500342I

G-009-13F-25-26

426.085,00

426.085,00

70,00

298.259,50

163.299,50

134.960,00

20

0

0

0

4

5

1

30

IXP Castaña de Galicia

V70206974

G-010-13F-25-26

66.223,44

66.223,44

70,00

46.356,41

30.901,88

15.454,53

20

0

0

0

4

0

1

25

IXP Mel de Galicia

V15211303

G-011-13F-25-26

90.000,00

90.000,00

70,00

63.000,00

42.000,00

21.000,00

20

0

0

0

4

4

1

29

D.O.P. Arzúa-Ulloa

Q1500343G

G-012-13F-25-26

170.932,50

170.932,50

70,00

119.652,75

70.880,25

48.772,50

20

0

0

0

5

4

3

32

Asociación Ruta do Viño da Ribeira Sacra

G27402437

L-001-13F-25-26

64.500,00

64.500,00

70,00

45.150,00

7.700,00

37.450,00

11,80

0

0

0

5

5

1

22,80

Asociación Ruta do Viño de Rías Baixas

G36597201

P001-13F-25-26

81.708,22

75.002,06

70,00

52.501,44

11.940,94

40.560,50

15,13

0

0

0

5

2

1

23,13