DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 28 de agosto de 2025 Páx. 47161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2025/074-1).

Expediente: IN407A 2025/074-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Recuamento LMT LG, Mórzos, s/n.

Concello: Cerceda.

Feitos:

1. O día 5.5.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor da solicitude do complexo ambiental de Sogama no lugar de Morzós, parroquia de Cerceda (San Martiño), concello de Cerceda, de recuamento dun tramo aéreo da liña de distribución de media tensión LMT MEI808 Cerceda 8 (UFD, expediente 51.612), procedente da subestación Meirama, proxéctase o desmantelamento do tramo aéreo e a instalación dunha liña de media tensión nos tramos de canalización existente. O proceso de recuamento do tramo soterrado do tramo aéreo da LMT MEI808 Cerceda 8 farase separadamente do seguinte xeito: Sogama executará o soterramento da liña de media tensión que require nova canalización (obxecto do IN40A7 2025/095-1) e UFD executará o desmantelamento do tramo aéreo correspondente e a instalación dunha liña de media tensión nos tramos de canalización existente (obxecto deste expediente).

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Recuamento LMT LG, Morzós, s/n, asinado o día 20.2.2025 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, especialidade eléctrica, con número de colexiado 1.905 da Coruña.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cerceda, Augas de Galicia, AXI e Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto (AXI e Servizo do Patrimonio Cultural da Coruña).

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Cerceda e Augas de Galicia á solicitude de informe.

4. O día 30.7.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Morzós, parroquia de Cerceda (San Martiño), concello de Cerceda, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Novo apoio nº 19/P tipo C-7000/16-H35 (con autoválvulas), que se instalará intercalado entre os apoios existentes nº ADEM8A2R//19 e nº AD03KMRK//25 da LMT MEI808 Cerceda 8 (UFD, expediente 51.612), procedente da subestación Meirama, a 20 kV, condutor LA-110. Retensado e regulado de 115 m do condutor existente, LA-110, entre os apoios nº 19/P (proxectado) e nº ADD6U2JI//18 tipo C-7000/18-H35 (existente).

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 822 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al en canalización existente (IN407A 2007/466-1) na súa maior parte, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 19/P proxectado e remate nos empalmes que se realizarán, na arqueta existente dun tramo da LMT MEI808, co tramo soterrado que se autorizará no IN40A7 2025/095-1.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 322 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al en canalización existente (IN407A 2019/080-1 e IN407A 2019/235-1), coa orixe nos empalmes que se realizarán na arqueta existente, dun tramo da LMT MEI808, co tramo soterrado que se autorizará no IN40A7 2025/095-1, e remate no CS Setec Desarrollos (15CMJS) existente.

– Desmantelamento de 700 m de tramo LMTA (sentido CS Setec Desarrollos (15CMJS), condutor LA-110, comprendido entre os apoios nº ADEM8A2R//19 que se desmantelará e nº AD03KMRK//25 existente. Desmantelamento de 68 m de tramo LMTS, condutor RHV240, comprendido entre o PA/S do apoio nº 25 existente e o CS Setec Desarrollos.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de agosto de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña