Vistas as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas se incumpren, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa táboa seguinte:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Data da acta de inspección |
Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia |
|
2194/2024 |
36005A022002180000TG |
15.11.2024 |
Artigo 21 e artigo 21.ter |
|
1707/2024 |
9264452NH2196S0001FY |
8.11.2024 |
Artigo 21.ter |
|
1909/2024 |
36005A004002350000TE |
27.12.2024 |
Artigo 21 |
|
1708/2024 |
9264450NH2196S0001LY |
8.11.2024 |
Artigo 21.ter |
|
2512/2023 |
9567202NH2196N0001RZ |
8.11.2024 |
Artigo 21.ter |
|
1593/2024 |
36005B504003460000ZP |
18.11.2024 |
Artigo 21 |
|
2455/2024 |
36005A041006380000TU |
27.12.2024 |
Artigo 21 |
|
1910/2024 |
36005A004002360000TS |
27.12.2024 |
Artigo 21 |
|
1838/2024 |
36005A094007030000TW |
14.11.2024 |
Artigo 21 e artigo 21.ter |
|
1899/2024 |
36005A001006760000TT |
27.12.2024 |
Artigo 21 |
|
358/2024 |
36005A090000150000TK |
8.5.2024 |
Artigo 21 |
|
2010/2024 |
36005A045000090000TQ |
27.12.2024 |
Artigo 21 |
|
2871/2024 |
36005A002000290000TU |
4.6.2025 |
Artigo 21 |
|
2874/2024 |
36005A002000320000TU |
4.6.2025 |
Artigo 21 |
|
2870/2024 |
36005A002000280000TZ |
4.6.2025 |
Artigo 21 |
De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras se intentar a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, por medio do presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a continuación se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Referencia catastral |
NIF do responsable |
Título polo cal é responsable |
Provincia/concello/ parroquia |
Lugar/polígono/parcela/nome da parcela ou lugar |
|
36005A022002180000TG |
76857858T |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo |
Cruceiro/pol. 22/parc. 218/Regos |
|
9264452NH2196S0001FY |
61844800P |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis |
Av. Doña Urraca 41/pol. 89/parc. 168/Somonte |
|
36005A004002350000TE |
76843582F |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 4/parc. 235/Fenteira |
|
9264450NH2196S0001LY |
35344905T |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis |
Av. Doña Urraca, 45 |
|
9567202NH2196N0001RZ |
76843513F |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis |
Rúa Ovellas, 4 |
|
36005B504003460000ZP |
33176256K |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar |
Saiar/pol. 504/parc. 346 |
|
36005A041006380000TU |
35444987D |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/San Andrés |
Aboi/pol. 41/parc. 638/Veiguiñas |
|
36005A004002360000TS |
76861077E |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 4/parc. 236/Fenteira |
|
36005A094007030000TW |
35926125X |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente |
Baltar/pol. 94/parc. 703/T. Eiras |
|
36005A001006760000TT |
35460923Y |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 1/parc. 676/Merlán |
|
36005A090000150000TK |
76836389J |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María |
Somonte/pol. 90/parc. 15/Corredoi. |
|
36005A045000090000TQ |
76863276J |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente |
Cesariños/pol. 45/parc. 9/Raxado |
|
36005A045000090000TQ |
35345408C |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente |
Cesariños/pol. 45/parc. 9/Raxado |
|
36005A002000290000TU |
35434135J |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 2/parc. 29/Pinal |
|
36005A002000320000TU |
35434135J |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 2/parc. 32/Pinal |
|
36005A002000280000TZ |
35373735B |
Certificado catastral |
Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa |
Ameal/pol. 2/parc. 28/Pinal |
Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,
DISPOÑO:
Primeiro. Requirir as seguintes persoas responsables para que, nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), realicen a xestión da biomasa e/ou retirada da/das especie/s arbórea/s prohibida/s sinalada/s na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 indicada anteriormente.
Segundo. Advertirlle que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impor multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben efectuar a execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.
En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Terceiro. Advertirlle que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder realizar as actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.
As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
O Concello efectuará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se realizará a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Hectáreas afectadas por execución subsidiaria |
Estimación do prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
2194/2024 |
36005A022002180000TG |
0,5467 |
874,91 €/ha |
478,31 € |
|
1707/2024 |
9264452NH2196S0001FY |
0,2032 |
3.953,15 €/ha |
803,28 € |
|
1909/2024 |
36005A004002350000TE |
0,0126 |
3.953,15 €/ha |
49,81 € |
|
1708/2024 |
9264450NH2196S0001LY |
0,0462 |
3.953,15 €/ha |
182,64 € |
|
2512/2023 |
9567202NH2196N0001RZ |
0,0049 |
1.688,89 €/ha |
8,28 € |
|
1593/2024 |
36005B504003460000ZP |
0,1170 |
3.953,15 €/ha |
462,52 € |
|
2455/2024 |
36005A041006380000TU |
0,0082 |
3.953,15 €/ha |
32,42 € |
|
1910/2024 |
36005A004002360000TS |
0,0112 |
3.953,15 €/ha |
44,28 € |
|
1838/2024 |
36005A094007030000TW |
0,0392 |
874,91 €/ha |
34,30 € |
|
1899/2024 |
36005A001006760000TT |
0,0182 |
1.688,89 €/ha |
30,74 € |
|
358/2024 |
36005A090000150000TK |
0,0648 |
3.953,15 €/ha |
256,16 € |
|
2010/2024 |
36005A045000090000TQ |
0,0150 |
3.953,15 €/ha |
59,30 € |
|
2871/2024 |
36005A002000290000TU |
0,0554 |
3.953,15 €/ha |
219,00 € |
|
2874/2024 |
36005A002000320000TU |
0,0306 |
3.953,15 €/ha |
120,97 € |
|
2870/2024 |
36005A002000280000TZ |
0,0956 |
3.953,15 €/ha |
377,92 € |
Cuarto. Advertirlle que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
|
Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 2194/2024, 1909/2024, 1593/2024, 2455/2024, 1910/2024, 1838/2024, 1899/2024, 358/2024, 2010/2024, 2871/2024, 2874/2024 e 2870/2024: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007). Expedientes 2194/2024, 1707/2024, 1708/2024, 2512/2023 e 1838/2024: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) da LRBRL e 61.1.s) da Lalga). |
|
Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 2194/2024, 1909/2024, 1593/2024, 2455/2024, 1910/2024, 1838/2024, 1899/2024, 358/2024, 2010/2024, 2871/2024, 2874/2024 e 2870/2024: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infracións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal: a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves. b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves. c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007). Expedientes 2194/2024, 1707/2024, 1708/2024, 2512/2023 e 1838/2024: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007). |
|
Cualificación da infracción: |
Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves. |
|
Contía máxima da sanción pecuniaria que se imporá no caso de infracción leve |
1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b). |
|
Sanción accesoria |
Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. |
Quinto. Advertirlle que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de pór en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, e achegará neste último caso unha reportaxe fotográfica da realización destes. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
Caldas de Reis, 4 de agosto de 2025
Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente
