DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Sábado, 30 de agosto de 2025 Páx. 47452

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR616A e MR616C).

Durante o verán de 2025 unha vaga de incendios forestais ameaza o territorio da nosa comunidade autónoma. A provincia de Ourense concentra a maior parte dos focos, con incendios de gran magnitude, xunto con outros en municipios da provincia de Lugo e zonas da provincia da Coruña e Pontevedra, nunha situación de extrema dificultade derivada da combinación de temperaturas extremas, fortes ventos e unha seca prolongada que reduciu de forma alarmante os niveis de humidade no solo e na vexetación e condicións de vento que favoreceron a rápida propagación dos lumes. Esta vaga de incendios causou graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada, incluíndo a destrución e afectación a vivendas da contorna dalgúns dos incendios forestais.

Co fin de adoptar medidas oportunas para a reparación dos danos producidos, logo do Informe da Axencia Galega de Emerxencias do 29 de agosto de 2025, en que se declara como de natureza catastrófica ou calamitosa a vaga de lumes, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025.

No devandito decreto establécense unha serie de axudas para a reparación dos danos orixinados e facúltanse na disposición derradeira primeira as distintas persoas titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, aproben as convocatorias e diten os actos e medidas necesarios para a aplicación do decreto. No caso das axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, estas facultades correspóndenlle á Consellería do Medio Rural.

Deste xeito, mediante esta orde desenvólvese o Decreto 76/2025, no que se refire ás axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como maquinaria afectada polos incendios forestais, sen prexuízo de que en posteriores fases da rexeneración das áreas forestais se poidan establecer novas convocatorias, co fin de reparar os danos provocados polos incendios.

A orde estrutúrase en tres capítulos: no primeiro establécense o obxecto e ámbito territorial e as bases comúns para todas as axudas, ben sexan explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras. O segundo capítulo inclúe a convocatoria das axudas para a reposición de explotacións forestais afectadas polos incendios, e establece ademais especificidades da dita convocatoria. Analogamente, o terceiro capítulo inclúe a convocatoria das axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios, coas especificidades da dita convocatoria.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais e bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e ámbito territorial

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025., para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas, cos seguintes códigos de procedemento administrativo:

– MR616C: axudas para a reposición de explotacións forestais afectadas polos incendios forestais.

– MR616A: axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios forestais.

2. O ámbito territorial das axudas será o da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co que establece o Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025.

Artigo 2. Natureza e compatibilidade das axudas

1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

2. Con todo, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta orde concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou, de ser o caso, da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias, de forma que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Estas axudas serán incompatibles coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Artigo 3. Réxime xurídico

As axudas previstas nesta orde estarán reguladas polo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e polo Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025.

Artigo 4. Requisitos para todas as persoas beneficiarias

De conformidade co establecido no artigo 3.3 do Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e tendo en conta a natureza destas axudas, que se conceden por razón da existencia dunha emerxencia excepcional e por razóns de interese público, social e humanitario, exceptúanse as persoas beneficiarias das axudas do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 10 e 28.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Órganos competentes

Os órganos competentes para tramitar e resolver as axudas obxecto desta orde serán os que se establecen nos capítulos seguintes, de acordo coa natureza da axuda e as competencias dos distintos centros directivos da Consellería do Medio Rural.

Artigo 6. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto nesta orde.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o/a solicitante e outras posibles persoas interesadas, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 7. Obrigas das persoas beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas nos capítulos seguintes e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigadas a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Realizar o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.

b) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos nesta orde.

c) Incumprimento da obriga de achegar os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deba ter solicitado a persoa beneficiaria e/ou falta ou insuficiente acreditación de que a elección recaeu na oferta economicamente máis vantaxosa, salvo que polas especiais características do gasto subvencionable non exista no mercado suficiente número de entidades que a realicen, presten ou subministren, así como naqueles supostos de actuacións realizadas con anterioridade á entrada en vigor desta orde.

d) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou en calquera outro que resulte da normativa aplicable.

5. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos en que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

8. En calquera caso, en cumprimento do establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de persoa beneficiaria destas axudas as persoas ou entidades nas cales concorran as circunstancias previstas nos números 2 e 3.

Artigo 8. Incumprimento das obrigas

No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en todo caso, nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei, a persoa ou entidade beneficiaria comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquela, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 9. Modificación das resolucións de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Contratación

1. As persoas e entidades beneficiarias poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións que integran o proxecto subvencionado e que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actuacións que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa ou entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación das obras, equipamentos ou servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido nos artigos 27 e 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa ou entidade beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación xustificativa da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección da persoa adxudicataria.

Artigo 11. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se realicen ou deixen de realizar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Anticipos e pagamentos á conta

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados do 50 % do importe da subvención concedida, sen superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 64 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro.

Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. A solicitude do anticipo realizarase no anexo de solicitude da axuda.

Unha vez executadas as operacións relacionadas cos anticipos, as persoas beneficiarias comunicarán, antes do 31 de decembro, unha declaración dos gastos que xustifique o uso do anticipo, xunto cos xustificantes de gasto e de pagamento.

2. Tal e como indica o Decreto 76/2025, no seu artigo 3.4, en virtude do disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os anticipos quedarán exentos da obriga de constituír garantías.

3. De conformidade co disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 3.4 do Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, no caso de efectuárselles pagamentos á conta ás persoas beneficiarias, quedarán exentas da obriga de constituír garantías.

Artigo 15. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO II
Convocatoria de axudas para a reposición de explotacións forestais

Artigo 17. Convocatoria

Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, destinadas á reparación dos danos producidos polos incendios, así como á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados nas explotacións forestais, de acordo coas bases do capítulo I desta orde, así como co establecido neste capítulo.

Artigo 18. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas poderán concederse para a reposición das infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais, a maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia dos labores de extinción dos incendios forestais ou ocasionados por estes, a extracción ou eliminación da madeira amoreada queimada, eliminación da madeira non comercial afectada polo incendio ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial e plantacións substitutorias nas zonas afectadas polos incendios.

2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concesión en concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Liñas de axuda

1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:

a) Axuda para a reparación dos danos causados a infraestruturas de titularidade privada (liña I-F).

b) Axuda para a reparación da maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración na extinción dos incendios forestais ou ocasionados por eles (liña II-F).

c) Axuda aos gastos de eliminación de madeira non comercial; de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada e dos traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial (liña III-F).

d) Axuda para plantacións substitutorias (reposición de forestacións executadas a partir do 1 de xaneiro de 2020) (liña IV-F). En ningún caso serán subvencionables plantacións co xénero Eucalyptus, mesmo cando previamente o terreo estivese ocupado por esta especie antes do incendio.

2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do artigo 43 do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícolas e forestais e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Artigo 20. Persoas beneficiarias

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, con exclusión das administracións ou entidades do sector público. No caso de danos causados á maquinaria e equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

2. Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC).

3. Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda indicadas no artigo 19. A persoa solicitante de varias liñas de axuda deberá realizar solicitudes individualizadas por cada liña en que teña interese. Estas xerarán un número homólogo de expedientes en tramitación para esa persoa solicitante.

4. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. No caso das CMVMC, deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.

Artigo 21. Contía da axuda e requisitos

1. A contía da axuda calcularase con base no establecido nas liñas seguintes:

a) Liña I-F: no caso de reparación dos danos causados a infraestruturas, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.

b) Liña II-F: no caso de maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración nos labores de extinción ou ocasionados por estes, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.

c) Liña III-F: no caso dos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.

d) Liña IV-F: no caso de plantacións substitutorias, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 100.000 euros.

Artigo 22. Conceptos subvencionables

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Liña I-F: a reparación dos danos causados polos incendios en terreos forestais de titularidade privada nos seguintes investimentos:

Pistas forestais.

Captacións de augas (caseta en que figura a toma de auga, instalación de distribución).

Cerramentos (cancelas, colocación de postes, malla ou arame, pasos do gando).

Bebedoiros e comedeiros. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por bebedoiros e comedeiros móbiles.

b) Liña II-F: os gastos de reparación dos danos causados na maquinaria e no equipamento forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais ou producidos por estes. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).

c) Liña III-F: os gastos de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial na zona afectada polos lumes. Tamén será subvencionable a extracción ou eliminación da madeira non comercial afectada polo incendio.

d) Liña IV-F: os gastos de reposición de forestacións executadas a partir do 1 de xaneiro de 2020 e danadas por incendios forestais, incluíndo a preparación manual do terreo, unidades de planta, implantación vexetal e outras accións incluíbles na forestación.

A densidade corresponderá coa xa existente e deberá o/a solicitante presentar unha declaración responsable en que conste expresamente a densidade da forestación ardida.

As condicións legais, técnicas e económicas serán as establecidas na Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670B) (DOG número 24, do 2 de febreiro) e na Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670D) (DOG número 93, do 14 de maio).

A plantación deberá axustarse ás distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as súas modificacións, que se concretan no artigo 68 e no anexo II da lei.

Artigo 23. Cálculo das axudas

1. As axudas calcularanse tomando como referencia o importe dos investimentos elixibles que figuran no orzamento presentado de menor custo, ao cal se lle aplicará, se for o caso, o límite máximo establecido para cada tipo de investimento segundo o anexo IV desta orde.

2. O IVE non é subvencionable.

Artigo 24. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente a través do formulario normalizado (anexo I-F), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.

3. A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616C):

a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I-F).

b) Relación das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

c) En relación cos bens danados, cantidades concedidas de pólizas de seguros.

Artigo 25. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:

a) Nas liñas I-F, III-F e IV-F, para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, documentación xustificativa da posesión dos terreos por propiedade ou por contrato de arrendamento. Na liña II-F, documentación xustificativa da propiedade da maquinaria e equipamento (permiso de circulación) e comprobarase a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, se for o caso.

b) Cando se trate dun pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais, cooperativa agrícola ou comunidade de bens, deberase presentar o anexo II (Acordo de compromisos e obrigas) debidamente cuberto.

c) Acordo do órgano competente polo cal se aprobou a solicitude desta axuda.

d) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación con que se actúa.

e) Referencias Sixpac das parcelas afectadas polos incendios (anexo III).

f) Póliza de seguros. Porén, a presentación desta póliza non será obrigatoria cando a persoa solicitante efectúa a declaración responsable de que os bens danados para os cales solicita as axudas non están asegurados, están asegurados na súa totalidade ou están asegurados parcialmente, prevista no anexo I-F.

g) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita a axuda, na cal deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os cales se solicita axuda de forma desagregada para os anos 2025 e 2026. Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican a continuación:

i. Para a liña I-F:

– Pista forestal, captacións de auga, cerramentos, bebedoiros, comedeiros: plano de situación e acoutado do trazado ou da localización dos investimentos polo cal se solicita a axuda; reportaxe fotográfica en que se comproben de forma fidedigna os danos nos investimentos; resumo dos danos causados e orzamento no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos. No caso de pista forestal, presentarase un informe do concello respecto da non titularidade municipal da pista forestal e, no caso de captación de augas, certificación expedida polo órgano competente ou entidade da titularidade da dita captación. Quedarán excluídas as axudas ás captacións de auga instaladas de xeito superficial e sen sinalizar (sen respectar a lexislación vixente ao respecto), e queda vinculada á instalación a unha profundidade mínima de 70 cm e á instalación dos fitos precisos para sinalizala, así como á legalización do acto de disposición correspondente no caso de atravesar montes veciñais.

ii. Para a liña II-F:

– Maquinaria e equipamentos de uso forestal: informe oficial (distrito forestal, oficina agraria comarcal, Garda Civil, concello) en que se indique que a maquinaria e os equipamentos foron danados como consecuencia dun incendio forestal; resumo dos danos causados e orzamento no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos.

iii. Para a liña III-F:

– Gastos da extracción ou eliminación da madeira amoreada queimada, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial: plano de situación e acoutado da superficie queimada; resumo dos danos causados e orzamento no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente os metros cúbicos de madeira amoreada afectada polo incendio ou madeira comercial para sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial, e a superficie de corta, recollida e estelado da madeira queimada.

iv. Para a liña IV-F:

– Plantacións substitutorias (reposición de forestacións executadas a partir do 1 de xaneiro de 2020): plano de situación e acoutado do trazado ou da localización dos investimentos polo cal se solicita a axuda; reportaxe fotográfica en que se comproben de forma fidedigna os danos nos investimentos; resumo dos danos causados e orzamento no cal se desagreguen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos.

h) Certificado para entidades xurídicas: certificado do acordo que autoriza o/a representante da entidade para presentar a solicitude da axuda.

2. Ademais, nas liñas I-F e III-F e IV-F, na memoria xustificativa farase constar se a superficie en que figuran as actuacións se atopa dentro da Rede Natura 2000. Para garantir que as actuacións toman adecuadamente en consideración os obxectivos de conservación destes lugares, e de conformidade coas directivas 92/43/CEE e 2009/147/CE, solicitaráselle de forma interna informe á autoridade competente en conservación da natureza. E, neste senso, a aprobación da axuda estará condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia e os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento, e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terá en conta este aspecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 26. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

1. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o/a interesado/a será requirido para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 27. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 28. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados consonte o que prevé o artigo 12.

Artigo 29. Tramitación e resolución das axudas

1. Os departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural instruirán os expedientes e realizarán de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, para o cal distribuirán as solicitudes de cada liña de axudas entre os servizos territoriais competentes. Ademais, proporán a resolución das solicitudes e o pagamento das axudas concedidas.

2. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a correspondente resolución de concesión da axuda e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nestas bases, no prazo de dous meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa interesada poderá entender rexeitada a súa solicitude.

Artigo 30. Inspección previa

O persoal funcionario da Consellería do Medio Rural poderá realizar unha inspección para comprobar o estado da madeira queimada amoreada, da queimada non comercial, as zonas de plantación de pés novos en substitución dos pés retirados, das infraestruturas, bens, maquinaria, equipamentos ou medios de produción que figuren na solicitude de axuda, que se poderá realizar antes da resolución de aprobación. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicados ás persoas beneficiarias das axudas.

Artigo 31. Xustificación dos traballos subvencionables

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas neste capítulo remata o día 31 de novembro de 2026.

Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

2. Só serán subvencionables os gastos elixibles que se realicen e en que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) desde a data de inicio do incendio e, como límite, na data de xustificación das axudas.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda.

b) Unha memoria económica xustificativa, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas.

– Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo IV.

c) No caso de pistas forestais, certificado final de obra emitido pola persoa responsable da obra, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

d) Facturas e xustificantes de gasto. Os xustificantes de gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a axuda para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á axuda. Neste último caso reflectirase a contía exacta que resulte.

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– Data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do/a destinatario/a das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea con que realice a operación o obrigado a expedir a factura.

– Enderezo, tanto da persoa obrigada a expedir factura como da destinataria das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estean incluídos no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

e) Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

– Presentaranse o xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da beneficiaria que paga e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada e estará selado pola entidade bancaria.

– Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

– No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

– No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

– No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberán identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda.

Artigo 32. Certificación dos traballos

1. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final in situ, cando proceda, realizada polo persoal funcionario da Consellería do Medio Rural.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 33. Crédito

1. As axudas reguladas neste capítulo financiaranse, nos exercicios 2025 e 2026, con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

– Liñas I-F, II-F, III-F e IV-F: 15.03.713B.770.25 CP 2025 00191.

2. De conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, existe a posibilidade de ampliación de crédito; neste caso, o órgano concedente publicaraa nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Igualmente, de existiren remanentes nalgunha das axudas obxecto desta orde, poderanse destinar a incrementar o crédito naqueloutras cuxo crédito se esgotase.

4. A determinación do importe total das axudas efectuarase unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao seu carácter extraordinario e á súa natureza de concesión directa e non competitiva.

CAPÍTULO III
Convocatoria de axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras

Artigo 34. Convocatoria

Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, destinadas á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos a explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios (código de procedemento MR616A), de acordo coas bases do capítulo I desta orde, así como co establecido neste capítulo.

Artigo 35. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas poderán destinarse:

a) Á perda de ingresos ocasionada pola destrución total ou parcial da produción agrícola.

b) Aos danos materiais a activos como edificios agrarios, equipamento e maquinaria, existencias e medios de produción.

2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concesión en concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito, segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 36. Liñas de axuda

1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:

a) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña I-G).

b) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña II-G).

c) Axuda pola morte de gando ou pola destrución ou afectación de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña III-G).

d) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña IV-G).

2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro do artigo 37 do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícolas e forestais e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Artigo 37. Persoas beneficiarias

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

2. Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda. O expediente de axudas será único.

Artigo 38. Contía da axuda

1. A contía da axuda calcularase con base no establecido nas liñas seguintes:

a) Liña I-G: no caso de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, o 100 % do investimento elixible, cun límite máximo de 200.000 euros.

No caso da superficie de viñedo afectada, o valor do investimento elixible determinarase como o importe máis baixo entre o orzamento presentado e os módulos establecidos na Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viña en Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR446A).

No caso de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción danados, o valor do investimento elixible determinarase como o importe máis baixo entre o orzamento presentado e os límites e módulos establecidos na Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

b) Liña II-G: no caso de danos derivados da perda total ou parcial da produción agrícola, a axuda será do 100 %, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 75.000 euros.

No caso de viñedo, a perda de ingresos cífrase en 12.743,90 €/ha, segundo se establece na Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viña en Galicia e se convocan para o ano 2025. No caso de castaña, a perda de ingresos cífrase en 1,22 €/kg. No caso de forraxes conservadas, calcularanse con base nos prezos do anexo V. Para o resto da produción agrícola calcularanse con base nos valores dos prezos establecidos na liña de seguros agrarios para cada un dos produtos. No caso de que o produto non estea incluído en ningunha liña de seguros vixente, a axuda calcularase en función dos prezos medios deste produto segundo os índices de prezos dos organismos públicos na última campaña dispoñible.

c) Liña III-G: no caso de morte de gando, ou de destrución ou afectación de colmeas, os importes correspondentes aos baremos que figuran no anexo VI desta orde, sen que exista nesta liña ningún límite máximo por persoa beneficiaria.

d) Liña IV-G: no caso de adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas, o 100 % do custo calculado deste para un máximo de seis meses, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros. En todo caso, para o cálculo deste valor teranse en conta as necesidades diarias de alimentación para cada especie animal e categoría de animais sinaladas no anexo VII desta orde.

2. Como requisito para as liñas de axuda I-G e IV-G deberanse presentar tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detalladamente e se cuantifiquen os custos das actuacións que se van realizar, coa excepción de que concorran as excepcións previstas no artigo 29.E da Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 39. Conceptos subvencionables

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Liña I-G: os gastos de reparación dos danos causados nos edificios agrarios, maquinaria, equipamentos e medios de produción das explotacións agrícolas e gandeiras. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).

A maquinaria agrícola ten que cumprir co Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola.

b) Liña II-G: a perda de ingresos ocasionada pola destrución total ou parcial da produción agrícola.

c) Liña III-G: o valor dos animais mortos ou das colmeas destruídas e queimadas ou afectadas pola perda do enxame, como consecuencia dos incendios forestais nas zonas afectadas.

d) Liña IV-G: o valor da alimentación complementaria que hai que subministrarlles aos animais e colmeas superviventes nas zonas afectadas, para un período máximo de seis meses, calculado en función do número de animais, e a súa categoría ou idade, ou colmeas. Consideraranse tamén subvencionables os gastos de urxencia realizados polas persoas interesadas para adquirir alimento complementario para os animais ou as colmeas tras o inicio do incendio forestal que lles afectase, e antes da publicación desta orde.

2. O IVE non é subvencionable.

Artigo 40. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-G), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e consonte o que establece o artigo 11 desta orde.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular do departamento territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.

3. A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616A):

a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I-G).

b) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas (anexo I-G).

Artigo 41. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I-G) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

b) Orzamento do custo de reparación ou de adquisición (se for o caso). Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000 euros para obras ou de 15.000 euros para subministración, presentaranse tres orzamentos de diferentes provedores.

c) Póliza de seguros (se for o caso).

d) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita na cal deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os cales se solicita a axuda de forma desagregada para os anos 2025 e 2026. Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican continuación:

i. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

ii. Para as solicitudes da liña III-G, gando e colmeas destruídas ou afectadas: detalle dos animais ou das colmeas afectadas, coa súa identificación, idades e/ou categoría dos animais, así como código de identificación da explotación rexistrada. De ser o caso, documento de recollida do cadáver por parte da empresa autorizada, ou calquera outra documentación que acredite a morte dos animais. No caso da existencia de cadáveres de animais calcinados ou desaparecidos que non puidesen ser localizados e retirados, ou de perdas do enxame das colmeas, o persoal técnico da Consellería do Medio Rural realizará o estudo das declaracións de mortes ou afeccións efectuadas, co apoio da documentación presentada e as bases de datos oficiais, para coa súa valoración aprobar a súa veracidade.

iii. Para as solicitudes da liña IV-G.

Alimentación complementaria de gando ou colmeas: descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, coas súas categorías e/ou idades, así como da súa localización; xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria; cálculo desagregado do volume de alimento necesario, en función do número de animais ou colmeas, para un período de seis meses.

e) No caso de persoas solicitantes ás cales lles sexa de aplicación o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):

– As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar unha conta de perdas e ganancias abreviada, certificación asinada pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder suficiente de representación, en que aleguen que acadan o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderase substituír pola documentación prevista na liña seguinte.

– Persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación expedida por un auditor de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha desagregación da información de pagamento descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando consta que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinada nesta epígrafe, a partir da información exixida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non for posible expedir o certificado a que se refire a epígrafe anterior, «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, quen, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento aos provedores da empresa nunha data de referencia, conclúa sen que se detecten excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detecten, non impidan acadar o nivel de cumprimento exixido.

O requisito establecido nesta epígrafe entenderase cumprido cando o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, liña d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

f) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela ou das edificacións danadas (se for o caso). No caso de que a persoa beneficiaria sexa a mesma que posúe a titularidade catastral, non será necesario xustificar a propiedade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública<s, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 42. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

1. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o/a interesado/a será requirido/a para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 43. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).

e) Datos catastrais.

f) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 44. Tramitación e resolución das axudas

1. Os departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural instruirán os expedientes, realizarán de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, para o cal distribuirán as solicitudes de cada liña de axudas entre os servizos territoriais competentes. Ademais, proporán a resolución das solicitudes e o pagamento das axudas concedidas.

2. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias ditará, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a correspondente resolución de concesión da axuda e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nestas bases, no prazo de dous meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e se notificase a correspondente resolución, o/a interesado/a poderá entender rexeitada a súa solicitude.

Artigo 45. Inspección previa

O persoal funcionario da Consellería do Medio Rural poderá realizar unha inspección para comprobar o estado das infraestruturas, bens, maquinaria, equipamentos ou medios de produción que figuren na solicitude de axuda, ou ben para comprobar as perdas de produción ou as necesidades de alimentación, que se poderá realizar antes da resolución de aprobación. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicados aos beneficiarios das axudas.

Artigo 46. Xustificación dos traballos subvencionables

1. O prazo para executar os investimentos e solicitar o pagamento remata o 31 de novembro de 2026.

2. Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións subvencionadas ao longo de diferentes anualidades, para as actuacións finalizadas antes do 15 de novembro de 2025 o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 31 de novembro de 2025.

3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e se con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución.

Tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

En todo caso, o prazo de xustificación, incluía a ampliación, deberá permitirlle ao órgano outorgante a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nestas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o/a beneficiario/a das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. Só serán subvencionables os gastos elixibles que se realicen e en que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) desde a data de inicio do incendio e, como límite, na data de xustificación das axudas.

6. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da axuda.

b) Unha memoria económica xustificativa, que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas, cando proceda.

– Contía da axuda calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo V, cando proceda.

c) Facturas e xustificantes de gasto. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a. Número e, se é o caso, serie.

b. A data da súa expedición.

c. Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto da persoa obrigada a expedir factura como do/da destinatario/a das operacións.

d. Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea co cal realizase a operación da persoa obrigada a expedir a factura.

e. Domicilio, tanto da persoa obrigada a expedir factura como da destinataria das operacións.

f. Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g. O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h. A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

i. A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j. No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k. Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.

l. Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m. Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na citada partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento; non se admitirán pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a. Xustificante bancario do pagamento por parte da persoa beneficiaria (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da beneficiaria que paga e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do/da beneficiario/a, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do/da beneficiario/a dentro do prazo de xustificación.

c. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

d. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou as facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f. No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g. Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por parte de terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

d) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos polas distintas administracións públicas polos cales se aprobou a axuda.

e) As obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística. No caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial, tamén deberán dispor del.

7. No caso de perdas de produción agrícola, será suficiente para tramitar o pagamento o informe favorable do departamento territorial correspondente, tras as comprobacións oportunas.

8. No caso do gando morto ou das colmeas destruídas, non será necesario presentar ningún documento xustificativo; será suficiente para tramitar o pagamento o informe favorable do departamento territorial correspondente, tras as comprobacións oportunas.

9. No caso de alimentación complementaria ao gando ou ás colmeas, para a xustificación será suficiente presentar as facturas e xustificantes de gasto.

Artigo 47. Certificación dos traballos

1. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final in situ, cando proceda, realizada polo persoal funcionario da Consellería do Medio Rural.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Artigo 48. Crédito

1. As axudas reguladas neste capítulo financiaranse, nos exercicios 2025 e 2026, con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

– Liñas I-G, II-G, III-G e IV-G: 15.04.712B.772..25 CP 2025.00191.

2. De conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, existe a posibilidade de ampliación de crédito; neste caso, o órgano concedente publicaraa nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Igualmente, de existiren remanentes nalgunha das axudas obxecto desta orde, poderanse destinar a incrementar o crédito naqueloutras cuxo crédito se esgotase.

4. A determinación do importe total das axudas efectuarase unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao seu carácter extraordinario e á súa natureza de concesión directa e non competitiva.

Disposición adicional primeira. Publicidade na Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional segunda. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitacións

1. Habilítase o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal para ditar as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria no que respecta ás axudas á reposición de explotacións forestais.

2. Habilítase o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nas bases desta convocatoria, no que respecta ás axudas á reposición de explotacións agrícolas e gandeiras.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Liña

Investimento

Cantidade

Ud.

I-F

Arranxo de pista forestal

3.192,56

€/km

Captacións de augas (caseta de toma e instalación de distribución)

2.160,00

€/km

Peches (colocación de postes, malla, pasos do gando)

8.186,40

€/km

Bebedoiros e comedeiros portátiles

1.296,00

€/ud.

Bebedoiros e comedeiros obra civil

540,00

€/ud.

II-F

Tractor

16.200,00

€/ud.

Fresadora e arado

4.320,00

€/ud.

Rolo

1.944,00

€/ud.

Grade de discos

7.560,00

€/ud.

Rozadora

5.400,00

€/ud.

Rozadora de man

540,00

€/ud.

Cisterna de xurro

6.480,00

€/ud.

III-F

Eliminación de madeira non comercial afectada polo incendio (abatemento, tronzado, amoreamento e estelado)

1.080,00

€/ha

Extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada afectada por incendio forestal

21,60

€/m3

Traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial

0,15

€/m3

IV-F

Preparación manual do solo

Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm

1,34

€/ud.

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm

1,42

€/ud.

Implantación vexetal

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume a raíz núa

0,51

€/ud.

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume en contedor

0,30

€/ud.

Plantación de planta en contedor e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,59

€/ud.

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,81

€/ud.

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldózer

0,81

€/ud.

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con escavadora ou manual

0,85

€/ud.

Unidade de planta

Ud. Pinus pinaster categoría controlada 1 zume a raíz núa

0,17

€/ud.

Ud. Pinus pinaster categoría controlada de 2 zumes a raíz núa

0,21

€/ud.

Ud. Pinus pinaster categoría controlada, 1 zume con terrón

0,31

€/ud.

Ud. Pinus pinaster categoría distinta da controlada, 1 zume a raíz núa

0,13

€/ud.

Ud. Pinus pinaster categoría distinta da controlada, 2 zumes a raíz núa

0,17

€/ud.

Ud. Pinus pinaster categoría distinta da controlada, 1 zume con terrón

0,24

€/ud.

Ud. conífera distinta de Pinus pinaster e Pseudotsuga, 1 zume a raíz núa*

0,17

€/ud.

Ud. conífera distinta de Pinus pinaster e Pseudotsuga, 2 zumes a raíz núa*

0,21

€/ud.

Ud. conífera distinta de Pinus pinaster e Pseudotsuga, 1 zume con terrón*

0,31

€/ud.

Ud. Pseudotsuga 2 zumes a raíz núa

0,39

€/ud.

Ud. Pseudotsuga 2 zumes con terrón

0,45

€/ud.

Ud. frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm

0,46

€/ud.

Ud. frondosa 1 zume maior de 30 cm con terrón

0,55

€/ud.

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm

1,11

€/ud.

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm

1,62

€/ud.

Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm

2,12

€/ud.

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 1 zume

2,74

€/ud.

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume

4,12

€/ud.

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes

4,11

€/ud.

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes

5,46

€/ud.

Ud. Castanea sativa Mill. (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades**

15,00

€/ud.

Ud. Castanea X hybrida (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades**

20,00

€/ud.

Outras accións incluíbles na forestación

Hectárea de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

293,06

€/ha

Unidade de protector de planta, mesmo colocado

1,97

€/ud.

*As plantacións de Pinus Taeda (en substitución do Pinus radiata) serán consideradas para os efectos económicos igual que o Pinus pinaster e deberán empregar material forestal de orixe francesa (hortos de semente: Poussignac-VG, Brouqueyran-VG, Beillon-VG, Domaine de Blagon-VG, rexión de procedencia PTA 311 Façade Atlantique (Fachada Atlántica Francesa) e a plantación deberá cumprir cos requisitos fitosanitarios vixentes para a comercialización de material forestal de reprodución.

**Variedades establecidas no anexo VII da Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG número 93, do 14 de maio).

ANEXO V
Módulos da liña II-G

Forraxe

Sen recoller (€/100 kg)

Pacas rectangulares
ou cilíndricas (€/m3)

Ensilado (€/bóla)

Herba seca

6

23

-

Herbáceo verde

2

-

50

Palla de cereais

5

17

-

Millo forraxeiro

4

-

110

ANEXO VI
Baremos de compensación por morte de gando ou destrución
ou afección de colmeas

Especie

Categoría/idade

Importe

Bovino

Menor de 4 meses

400 €

Maior ou igual a 4 meses, e menor de 18 meses

900 €

Maior ou igual a 18 meses, e menor de 120 meses

1.600 €

120 meses ou máis

1.000 €

Equino

Menor de 4 meses

300 €

Maior ou igual a 4 meses e menor de 18 meses

600 €

Maior ou igual a 18 meses e menor de 120 meses

850 €

120 meses ou máis

700 €

Ovino e cabrún

Menor de 12 meses

100 €

Maior ou igual a 12 meses e menor de 72 meses

170 €

Maior ou igual a 72 meses

40 €

Coellos

Reprodutores

50 €

Femias de recría

19 €

Cazapos lactantes

1,50 €

Cazapos de engorda

4 €

Porcino

Os importes establecidos no anexo II da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR553C)

Aves

Os importes establecidos no artigo 5 da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR553C)

Apicultura

Destrución de colmea completa (enxame e caixa)

135

Só morte do enxame

90

ANEXO VII
Necesidades diarias de alimentación

Especie

Categoría/idade

Ración diaria de palla ou herba seca

Ración diaria de concentrado/gran/alimento de abellas

Bovino

Menos de 6 meses

2 kg

1 kg

Entre 6 e 24 meses

6 kg

1 kg

Máis de 24 meses

10 kg

1 kg

Equino

Menos de 6 meses

4 kg

1 kg

Entre 6 e 12 meses

6 kg

1 kg

Máis de 12 meses

9 kg

1 kg

Ovino e cabrún

Menos de 4 meses

1 kg

0,25 kg

Entre 4 e 12 meses

2 kg

0,25 kg

Rep. macho

3 kg

0,50 kg

Rep. femia

2 kg

0,50 kg

Coellos

250 g

Porcino

Ata 12 semanas

1 kg

Ata 24 semanas

2 kg

> 24 semanas

3 kg

Aves

Poñedoras

180 g

Engorda

95 g

Apicultura

Azucres

150 g

Proteínas

20 g