BDNS (Identif.): 854027.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/854027
Primeiro. Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se produzan os danos derivados dos incendios ou da súa extinción.
Segundo. Obxecto
Regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios que afectan a Galicia durante o verán de 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria (código de procedemento IG100A).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.770.25 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
A determinación do importe total das axudas se efectuará unha vez que sexan resoltas as solicitudes presentadas atendendo ao carácter extraordinario das mesmas e a súa natureza de concesión directa e non competitiva.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
