BDNS (Identif.): 853537.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/853537
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as organizacións de persoas consumidoras, tanto asociacións como federacións, que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Segundo. Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto establecer as bases para a concesión de axudas co fin de organizaren as asociacións ou as federacións de persoas consumidoras inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia congresos internacionais e encontros en materia de consumo de carácter presencial que se desenvolvan na nosa Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025, coas especificidades que se establecen no artigo 2 das bases.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 19 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, ás organizacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para organizar congresos internacionais e encontros en materia de consumo (código de procedemento CO400G).
Cuarto. Importe
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederá axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 35.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 14.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2025.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase no décimo día natural contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ao mes desde a apertura do devandito prazo. A sede electrónica para a presentación da solicitude abrirase ás 9.00 horas e a finalización do prazo será ás 14.00 horas do dia de vencemento.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
