Na sesión que tivo lugar o 12 de agosto de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), modificada pola Resolución do 29 de xullo de 2025 (DOG núm. 149, do 6 de agosto), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía,
ACORDOU:
Primeiro. Modificar a lista de puntuacións do primeiro exercicio, tras a aceptación da alegación relacionada co exame codificado co número 127.
Segundo. Desestimar na súa totalidade o resto das alegacións recibidas, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria.
Terceiro. Na base II.1.1.1 da convocatoria establécese que «no acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes». A primeira parte do primeiro exercicio consta de 140 preguntas, polo que é preciso dispor de 70 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, de conformidade coa base II.1.1.1 da convocatoria. A segunda parte do primeiro exercicio consta de 39 preguntas, de conformidade coa Resolución do 12 de xuño de 2025 e tras a anulación de determinadas preguntas, polo que é preciso dispor de 19,5 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, de conformidade coa base II.1.1.1 da convocatoria.
Cuarto. Pola quenda de acceso libre superan o exercicio cincuenta e seis (56) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, fixándose en 89,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1. da convocatoria.
Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025
José Antonio Fernández Bouzas
Presidente do tribunal
