Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 166, do 30 de agosto de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 47406, no primeiro parágrafo, onde di:
«2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10».
Debe dicir:
«2. De conformidade co establecido no artigo 3.3 do Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan Galicia durante o verán de 2025, e tendo en conta a natureza destas axudas, que se conceden por razón da existencia dunha emerxencia excepcional e por razóns de interese público, social e humanitario, exceptúanse as persoas beneficiarias das axudas do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 10 e 28.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».
Na páxina 47408, onde di:
«c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Declaración responsable de contar coa plena dispoñibilidade sobre as infraestruturas e instalacións sobre as que se pretenden realizar as actuacións obxecto de subvención».
Debe dicir:
«c) Declaración responsable de contar coa plena dispoñibilidade sobre as infraestruturas e instalacións sobre as que se pretenden realizar as actuacións obxecto de subvención».
Na páx. 47411, onde di:
«c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de concesión de subvencións ou axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para a obtención de subvencións e axudas».
Debe dicir:
«c) Consulta de concesión de subvencións ou axudas».
Na páx. 47421, no anexo I (continuación), onde di:
«3. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
6. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Que a entidade solicitante é titular das infraestruturas e instalacións sobre as que se pretenden realizar as actuacións obxecto de subvención”.
Debe dicir:
«3 Que a entidade solicitante é titular das infraestruturas e instalacións sobre as que se pretenden realizar as actuacións obxecto de subvención».
Na páxina 47422, no anexo I (continuación), na epígrafe de comprobación de datos, onde di:
«DNI/NIE da persoa representante
Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social
Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma concesións de subvencións e axudas.
Inhabilitacións para obter subvencións e axudas».
Debe dicir:
«DNI/NIE da persoa representante
Concesións de subvencións e axudas».
Na páx. 47422, no anexo I (continuación), na epígrafe de consentimento para a comprobación de datos, onde di:
«NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT».
Debe dicir:
«NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante».
