No Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 12 de maio de 2025, publícase a Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215C).
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
De conformidade co artigo 11 da orde, a persoa titular da Dirección Xeral resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, e ditará a resolución de concesión de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 1/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nesta resolución incluirase a relación de persoas beneficiarias e as cantidades concedidas por solicitude e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, farase pública na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria esta resolución notificarase aos interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude https://www.cultura.gal
En consecuencia,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 27 de agosto de 2025 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde de 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215C).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 27 de agosto de 2025, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Terceiro. Comunicar que a resolución de concesión das subvencións será notificada mediante esta publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2025
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO I
Resolución do 27 de agosto de 2025 pola que se conceden as axudas ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215C)
O 12 de maio de 2025 publícase no DOG núm. 89 a Orde do 30 de abril pola que se establecen as subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (procedemento CT215C)
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2025 fóra da comunidade.
O procedemento de concesión tramítase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, con base no disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.
Así mesmo, a concesión destas axudas efectúase tendo en conta a data de presentación de cada unha das solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos para poder ser beneficiario, e condicionada á existencia de crédito orzamentario de acordo co establecido no artigo 2.4 da Orde do 30 de abril,.
A suma total das axudas concedidas ascende a cento catro mil euros (104.000 €), que se librarán con cargo á aplicación 13.03.432B.770.0 (cp 2015 00374) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15.12.2023, serie L) en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante calquera período dos tres anos previos. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido. En virtude do anterior, as entidades declararon no momento de presentar a solicitude o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis durante os tres anos previos.
Con base no exposto e de acordo co artigo 11 da Orde de 30 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras, e a vista da proposta de resolución do Servizo de Promoción da Cultura,
RESOLVO:
Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 30 de abril pola que se establecen as subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (procedemento CT215C).
As galerías subvencionadas ás cales fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o contencioso-administrativo.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 30.4.2025; DOG núm. 89, do 12 de maio). Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.
Relación de galerías por orde de entrada de solicitude (acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico):
|
Solicitante |
CIF/NIF |
Orde de entrada no rexistro |
Feiras ou mercados de arte |
Data |
Importe concedido |
|
María Luisa Pita Díaz (Galería Luisa Pita) |
32****36C |
1 |
Miami Art 2024 |
3.12.2024 |
8.000,00 € |
|
Art Madrid 2025 |
5.3.2025 |
4.000,00 € |
|||
|
Galeria PM8, S.L. |
B36961779 |
2 |
Frieze London 2025 (Gran Bretaña) |
15.10.2025 |
8.000,00 € |
|
Paris+Art Basel (Francia) |
24.10.2025 |
8.000,00 € |
|||
|
María Alba López Porto (Galería Néboa) |
33****54H |
3 |
ArteSantander |
11.7.2025 |
4.000,00 € |
|
Swab Barcelona |
2.10.2025 |
4.000,00 € |
|||
|
Cristián Balsa Gavilanes (Art Cuestion) |
44****04J |
4 |
Bank Art Fair (Seoul) |
7.8.2025 |
8.000,00 € |
|
Art3F Mónaco |
19.9.2025 |
8.000,00 € |
|||
|
(MC Proxectos de Arte, S.L. (Galería Metro) |
B15613086 |
5 |
Art Madrid 2025 |
5.3.2025 |
4.000,00 € |
|
María Jesús Villar Iglesias |
33****46J |
6 |
Arco Madrid |
5.3.2025 |
4.000,00 € |
|
Paris Photo 25 |
13.11.2025 |
8.000,00 € |
|||
|
M. Rodríguez y Cía., S.L. |
B15006299 |
7 |
Art Madrid 25 |
5.3.2025 |
4.000,00 € |
|
Arte Anaga, S.L. |
B27830363 |
8 |
Antik Almoneda |
22.3.2025 |
4.000,00 € |
|
Galería Vilaseco |
B70580410 |
9 |
ArtsLibris-Arco Madrid |
5.3.2025 |
4.000,00 € |
|
María Asunción Rodríguez Rodríguez (Galería Trinta) |
36****14B |
10 |
Pinta Miami |
6.12.2024 |
8.000,00 € |
|
Drawing Room Lisboa |
23.10.2025 |
8.000,00 € |
|||
|
Prolar Arte, S.L. |
B36939395 |
11 |
Sam Salón Arte Moderno |
4.3.2025 |
4.000,00 € |
|
Feriarte |
18.10.2025 |
4.000,00 € |
