Na sesión que tivo lugar o 1 de setembro de 2025, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliar da Administración xeral e do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 26 de decembro),
ACORDOU:
Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test, feitas públicas pola Resolución do 11 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 19 de xuño).
Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/convocatorias
Consonte o recollido na base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado como apto ou non apto, e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.
Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación, ante a propia comisión de funcionarización, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025
Rubén Plaza Martínez
Presidente da Comisión
