DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 2025 Páx. 48970

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, na súa condición de entidade pública instrumental do sector público, ten, entre as súas funcións, favorecer un contexto dixital en que a cidadanía poida alcanzar, actualizar e mellorar as súas competencias dixitais, en liña cos cambios e os usos tecnolóxicos que se integren na sociedade.

Para tal fin, e tendo como referente o Marco europeo de competencias dixitais na súa versión DigComp 2.2, o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, regulou o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, de acordo co establecido na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, co obxectivo de alcanzar unha cidadanía dixitalmente responsable nunha contorna en que, cada vez máis, se require o uso da tecnoloxía case a diario.

O artigo 3 do citado Decreto 123/2021 establece que o desenvolvemento específico das dimensións e especializacións do marco en función dos grupos destinatarios se incluirá no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

O 11 de setembro de 2023 aprobouse unha primeira versión deste documento no que se identifica como unha das vías de obtención do certificado galego en competencias dixitais (ComDix) a realización dunha proba de certificación específica que permita demostrar ter os coñecementos, as habilidades e as aptitudes propias das devanditas competencias. Actualmente, na súa terceira versión, aprobada o 30 de xuño de 2025 polo Consello Reitor da Amtega, mantense esta vía de obtención.

Esta proba de certificación compleméntase coa posta ao dispor das persoas interesadas de contidos en liña en réxime de autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, as habilidades e as aptitudes dixitais, e que servirán de referencia antes de presentarse á proba de certificación.

Así mesmo, establece no seu artigo 13 que a propia Amtega, a través das aulas da Rede de centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica (Rede CeMIT), cooperará, no seu ámbito de competencia, na execución das actuacións para a xestión da certificación en competencias dixitais, estando habilitada e autorizada para a formación e avaliación para a súa obtención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Convocar as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais-nivel iniciación (en diante, ComDix-Iniciación), que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I e o calendario que figura no anexo II.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Probas de certificación para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación)

Bases

Primeira. Datas e realización das probas

1. As probas desenvolveranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025.

2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Segunda. Itinerario formativo

1. Para a preparación das probas de certificación de nivel iniciación ponse ao dispor do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 7 cursos.

Curso

• Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.

• ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.

• ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre a man; buscar, seleccionar e gardar.

• ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.

• ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.

• ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.

• ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital: tecnoloxía con «sentido».

2. O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

3. A realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.

4. Cada persoa determinará libremente as actividades formativas nas que quere inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

5. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obrigación de presentarse ás probas de certificación reguladas nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

Terceira. Solicitudes de participación e prazo de inscrición

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.

4. O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

5. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario.

6. Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

Cuarta. Criterios de selección

1. Se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse entre as persoas prerexistradas en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición.

2. Para elaborar a listaxe tomarase a data e a hora de rexistro no sistema e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

3. Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a lista de solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, á hora e ao minuto concreto en que se realizou a preinscrición.

4. As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da lista previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

5. Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.

6. Os resultados do sorteo publicaranse na web da Rede CeMIT para a súa consulta pública (https://cemit.xunta.gal).

Quinta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de certificación en cada unha das localidades, días e horarios de realización, publicarase na páxina web https://cemit.xunta.gal unha relación provisional de persoas admitidas e excluídas, así como un número adecuado de reservas, de conformidade co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia para participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar na proba de certificación para a cal foi admitida provisionalmente.

3. Así mesmo, as persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días naturais desde a devandita publicación para presentar alegacións, de conformidade co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Tras vencer estes prazos de presentación, publicarase na web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/es) a listaxe definitiva de persoas admitidas nas probas, que finalmente obtiveron praza logo da renuncia daquelas seleccionadas provisionalmente. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes desde a devandita publicación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Procedemento de asignación de prazas non cubertas

1. Logo de vencer os prazos sinalados na base quinta e no caso de que existisen prazas vacantes para realizar as probas, logo da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas, abrirase un período extraordinario para a adxudicación destas prazas, que serán publicadas na web CeMIT (https://cemit.xunta.gal) e que poderán ser solicitadas unicamente polos interesados que figuren nas listaxes de espera e que non obtiveron praza definitiva.

2. O prazo máximo para presentar a solicitude de participación nesta fase será de dúas (2) días hábiles, contados desde o día da publicación na web CeMIT da listaxe de prazas dispoñibles, a través do correo electrónico dirixido a formacion-cemit@xunta.gal. Na devandita comunicación os solicitantes deberán indicar os seus datos identificables (nome, apelidos e o número do DNI), así como a localidade ou as localidades con prazas vacantes nas que están interesados en realizar a proba por orde de prioridade.

3. Só se permitirá unha solicitude por persoa, no caso de recibir máis dunha, só se terá en conta a primeira recibida. Transcorrido o tempo de presentación, as prazas vacantes adxudicaranse por estrita orde de chegada de solicitudes.

4. A listaxe coa adxudicación definitiva das prazas vacantes publicarase na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/).

Sétima. Exención do pagamento de taxas de exame

1. Segundo o establecido no artigo 23.10 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 240, do 11 de decembro), referente ás exencións de taxa por servizos administrativos, a matriculación nesta convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

Oitava. Penalizacións

1. Unha vez publicadas as listaxes definitivas dos participantes nas probas, as ausencias que houbese deben ser formalmente comunicadas e xustificadas mediante un correo electrónico a formacion-cemit@xunta.gal

2. Todas as ausencias á proba que non presenten xustificación suporán a condición de non presentado da persoa participante e estará suxeita ás penalizacións indicadas no apartado 5 desta base.

3. Se o motivo da non presentación é xustificado, deberá presentar o comprobante correspondente a través do correo electrónico para que poida inscribirse na próxima convocatoria.

4. Consideraranse causas xustificadas: accidente, hospitalización, nacemento ou adopción, falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou primeiro de afinidade, obrigacións públicas ineludibles e outras de carácter igualmente excepcional.

5. O usuario non poderá inscribirse nunha nova proba no prazo de doce meses no caso de non presentación sen xustificación ou de incumprimento grave das normas, calquera que sexa o tipo de certificación. Considéranse infraccións graves das normas as seguintes:

• Uso de material de estudo, acceso a páxinas web non permitidas ou uso doutros recursos que representen unha axuda non permitida á hora de responder as preguntas do exame.

• Anotación ou captura de preguntas do exame que logo poidan filtrarse a outras persoas.

• Calquera conduta sospeitosa que supoña un intento de copia ou fraude identificada polo responsable da proba.

Novena. Desenvolvemento das probas de certificación

1. A proba de certificación para a obtención do certificado ComDix realizarase na plataforma habilitada para o efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. A estrutura desta proba será a seguinte:

• Estará dispoñible tanto en galego como en castelán, para que a persoa usuaria poida seleccionar o idioma no momento de realizar a proba.

• Constará dun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego ComDix.

• Tipoloxía de preguntas: pregunta simple, múltiple, arrastrar, relacionar...

• Non haberá penalización por preguntas incorrectas.

• Durante a realización da proba está permitido o acceso e consulta á Internet e aos programas instalados no equipo usado para realizar a proba (navegador, solución ofimática e lector de PDF), de feito, para algunhas preguntas será necesario utilizalos.

• Dispoñerase dun tempo máximo de 90 minutos para realizar a proba.

• Serán considerados aptos/as aqueles/as que superen o 60 % das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas e o 70 % do total das preguntas.

• Se algún candidato non finaliza a proba no tempo establecido, o exame darase por concluído e enviarase automaticamente para a súa corrección.

• Unha vez que cada candidato complete a súa proba, poderá coñecer a súa puntuación, o seu resultado (apto/a ou non apto/a) e o número de preguntas incorrectas.

3. As persoas con discapacidade legalmente recoñecida poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para realizar a proba. Esta adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xounta.gal

4. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos ou calquera outro material adicional durante o desenvolvemento das probas de certificación.

Décima. Corrección e revisión das probas

1. Inmediatamente despois de finalizar a proba, na mesma plataforma de certificación, os participantes poderán realizar observacións e/ou solicitar a revisión dalgunha pregunta na que estean en desacordo.

2. Posteriormente, levarase a cabo unha análise das preguntas obxecto de revisión para determinar a admisión, a anulación ou a posibilidade de modificación desas.

3. As preguntas que resulten anuladas poden supoñer un cambio nos resultados dos participantes non aptos. Estas anulacións non afectarán negativamente as cualificacións obtidas por aquelas persoas que xa obtivesen a puntuación de apto/a.

4. A modificación dos resultados finais tras a revisión de preguntas realizaraas de oficio a Administración e será notificada aos participantes afectados.

Décimo primeira. Publicación da relación dos resultados finais

1. Finalizado todo o proceso de corrección e revisión das preguntas, publicarase na páxina web https://cemit.xunta.gal un anuncio coas preguntas anuladas que puidesen afectar os resultados iniciais dos participantes na convocatoria e a listaxe final de persoas aptas con dereito a certificación.

2. As persoas que resulten aptas recibirán un correo electrónico no que se confirmará o seu resultado e se indicarán os seus datos persoais e a información relacionada coa realización da proba, como xustificante provisional ata a emisión do certificado final.

Décimo segundo. Emisión da certificación ComDix

1. Esta certificación será emitida de oficio conforme os procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e de acordo co que se recolle no documento «Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais».

2. Esta acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da expedición. 

Décimo terceira. Notificacións

1. As persoas que superen as probas de certificación serán notificadas preferentemente por medios electrónicos, e poderán decidir e comunicar en calquera momento que as sucesivas notificacións se realicen ou se deixen de realizar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/). Este sistema enviará ás persoas interesadas avisos da dispoñibilidade das notificacións mediante un correo electrónico dirixido ao enderezo de correo electrónico incluído na solicitude para os efectos de notificación.

3. As notificacións realizadas por medios electrónicos consideraranse realizadas no momento de acceder ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa obrigatoria, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, considerarase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde que se puxo á disposición a notificación sen acceder ao seu contido.

4. Se por problemas técnicos non fose posible o envío da notificación electrónica, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa que regula o procedemento administrativo común.

Décimo cuarta. Facultades da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

1. Resolver aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e de certificación. Así mesmo, na correspóndelle dispoñer o necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. Expedir a certificación galega de competencias dixitais a todas aquelas persoas que superen con éxito a proba de certificación, segundo o disposto no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula esta certificación.

Décimo quinta. Información sobre protección de datos persoais

1. Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados na súa calidade de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa finalidade de levar a cabo a inscrición, a selección e a xestión xeral desta convocatoria de probas de certificación.

2. O tratamento de datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, de conformidade co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a Certificación galega en competencias dixitais, nesta convocatoria e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

3. Os datos poderán ser comunicados a terceiros colaboradores para a titorización da acción formativa e a expedición do certificado de competencias dixitais, coa finalidade de informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento e xestionar a súa expedición e arquivamento. Determinados datos tamén poderán ser comunicados a entidades que colaboren na supervisión e na xestión de probas de coñecementos ou de avaliación, para que non se cometan irregularidades.

4. Para dar a publicidade requirida ao procedemento, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os datos identificables das persoas interesadas publicaranse de conformidade co que se describe nesta resolución a través dos distintos medios de comunicación institucional de que dispón a Xunta de Galicia, tales como xornais oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderán solicitar ao responsable o acceso, a rectificación e a supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, persoalmente ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explícita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

6. Información adicional e contacto co delegado de protección de datos en: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

ANEXO II

Lugares e datas de realización das probas para a obtención do certificado

Primeira. Calendario das probas

As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e nas horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.

As localizacións físicas de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros

– Convocatoria de outubro: días 29, 30 e 31.

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Ames

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

13

Boborás

Ourense

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

12

Carballedo

Lugo

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

8

Castrelo de Miño

Ourense

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

9

Celanova

Ourense

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

12

Coruña, A

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

16

Estrada, A

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

10

Lugo

Lugo

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

12

Marín

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

15

Moaña

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

14

Monforte

Lugo

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

16

Porriño, O

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

12

Ribeira

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

10

Sada

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

10

Santiago de Compostela

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

16

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

9

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

10.00 h

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

10

Boborás

Ourense

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

12

Carballo

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

20

Castrelo de Miño

Ourense

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

9

Coruña, A

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

16

Leiro

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

7

Lugo

Lugo

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

12

Moaña

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

14

Ribeira

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

10

Sada

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

10

Santiago de Compostela

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

16

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

12

Vigo

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

12

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

12.00 h

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

A Cañiza

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

18

Celanova

Ourense

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

12

Cerceda

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

10

Leiro

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

7

Moaña

Pontevedra

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

14

Santa Comba

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

19

Santiago de Compostela

Coruña, A

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

16

Vilar de Santos

Ourense

Mércores, 29 de outubro

16.30 h

6

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Boborás

Ourense

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

12

Boiro

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

11

Castrelo de Miño

Ourense

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

9

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

16

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

10

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

10

Lugo

Lugo

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

14

Oroso

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

14

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

20

Porriño, O

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

12

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

10

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

16

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

9

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

10.00 h

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Barco, O

Ourense

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

12

Boborás

Ourense

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

12

Castrelo de Miño

Ourense

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

9

Lugo

Lugo

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

14

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

10

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

10

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

16

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

12

Vigo

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

12

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

12.00 h

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

A Cañiza

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

18

Campo Lameiro

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

16

Marín

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

15

Moaña

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

14

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

10

Poio

Pontevedra

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

6

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

16

Sarreaus

Ourense

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

7

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

6

Vilar de Santos

Ourense

Xoves, 30 de outubro

16.30 h

6

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

A Cañiza

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

18

Ames

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

10.00 h

13

Barreiros

Lugo

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Boborás

Ourense

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Boiro

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

10.00 h

11

Celanova

Ourense

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Chantada

Lugo

Venres, 31 de outubro

10.00 h

20

Lugo

Lugo

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Moaña

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

14

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

10.00 h

10

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

20

Porriño, O

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Tomiño

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

9

Valga

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

10.00 h

12

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

A Cañiza

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

12.00 h

18

Boborás

Ourense

Venres, 31 de outubro

12.00 h

12

Brión

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

12.00 h

10

Carballo

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

12.00 h

20

Cuntis

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

12.00 h

9

Leiro

Ourense

Venres, 31 de outubro

12.00 h

7

Lugo

Lugo

Venres, 31 de outubro

12.00 h

12

Moaña

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

12.00 h

14

Tomiño

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

12.00 h

9

Vigo

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

12.00 h

12

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 31 de outubro

12.00 h

15

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

A Cañiza

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

16.30 h

18

Leiro

Ourense

Venres, 31 de outubro

16.30 h

7

Moaña

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

16.30 h

14

Poio

Pontevedra

Venres, 31 de outubro

16.30 h

6