BDNS (Identif.): 855881.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/855881
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/855864
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta resolución os organismos de investigación e empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia que realicen proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria VInnovate Galicia. A través dela articúlase o financiamento dos axentes galegos participantes na segunda convocatoria do Mecanismo interrexional Vinnovate.
Estas axudas teñen como obxectivo potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do sistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D. A participación nestes proxectos internacionais estratéxicos contribúe ao impulso e a consolidación da Marca Galicia, definida no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Así mesmo, mediante esta resolución, convócanse ditas axudas para o ano 2025, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Importe
O importe total da convocatoria é de 1.000.000,00 euros, coa seguinte distribución por anos:
|
Aplicación |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023-00007) |
100.000 € |
300.000 € |
400.000 € |
200.000 € |
1.000.000 € |
|
Total |
100.000 € |
300.000 € |
400.000 € |
200.000 € |
1.000.000 € |
A distribución de fondos entre as anualidades e entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sendo posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.
As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación, na prioridade P1.A «Transición dixital e intelixente», obxectivo específico RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas»; tipo de acción, 1.1.7 «Articulación de diferentes apoios para fomentar as sinerxías e complementariedades con axudas de outras administracións: nacional e europea», e subtipo de acción 1.1.7.4 «proxectos de I+D+i de cooperación internacional».
Esta convocatoria é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. A taxa susceptible de cofinanciamento pola Unión Europea é do 60 %, e o 40 % restante compútase como investimento privado ou público, segundo o caso, elixible das entidades beneficiarias.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de outubro de 2025, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.
Sexto. Intensidade das axudas e concorrencia
As axudas concederanse en forma de subvencións en réxime de concorrencia competitiva. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o orzamento subvencionable de cada entidade beneficiaria, e será conforme aos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento UE nº 651/2014 (RGEC), de acordo coa seguinte táboa:
|
Categoría da participación galega no proxecto (aplícase de xeito individual a cada membro da agrupación galega) |
Pequena empresa2 |
Mediana empresa2 |
Grande empresa2 |
Organismos de investigación sen actividade económica3 ou para o financiamento de actividades non económicas |
|
Desenvolvemento experimental con colaboración entre empresas (unha delas unha peme)1 |
50 % |
40 % |
30 % |
60 % |
|
Desenvolvemento experimental con colaboración entre empresa/s (unha peme sempre como mínimo), e un ou varios organismos de investigación1 |
50 % |
40 % |
30 % |
60 % |
|
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme, e un ou varios organismos de investigación, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación |
60 % |
50 % |
40 % |
60 % |
|
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme, e que ningunha empresa corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables |
60 % |
50 % |
40 % |
60 % |
1 Ao ser Galicia unha rexión asistida que cumpre as condicións do artigo 107, apartado 3, letra c), do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
2 Na medida en que as actividades solicitadas polos organismos de investigación teñan natureza económica, seranlles de aplicación estas mesmas intensidades máximas ao ter a consideración de empresas.
Por outra banda, no caso de organismos de investigación que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, e non sexa posible distinguir entre ambos tipos de actividades, o organismo tamén terá a consideración de empresa aos efectos destas axudas e aplicaráselle as intensidades máximas da táboa.
3 Segundo as definicións contidas no Anexo II desta resolución. Neste caso a axuda concedida non terá a consideración de axuda de Estado.
As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación aos centros ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
O importe máximo de subvención por proxecto galego será de 500.000 euros.
Sétimo. Actividades subvencionables
Será subvencionable a participación dos axentes galegos nos proxectos VInnovate interrexionais no marco da segunda convocatoria do mecanismo VInnovate da Vanguard Initiative.
Esta participación incluirá actividades de desenvolvemento experimental de TRL 6, 7 e 8, e deberá desenvolverse sempre en colaboración a través dunha agrupación que integra todas as entidades galegas no proxecto.
Tamén poderán ser elixibles as actividades de investigación aplicada en TRL5, pero será preciso que se cumpran os seguintes requisitos:
a) que unha parte substancial do resto das actividades da participación galega, que supoñan máis da metade do orzamento da agrupación galega, correspondan a actividades de TRL 7 e 8; e ademais
b) que esta mesma condición se cumpra no proxecto VInnovate interrexional no seu conxunto. É dicir, as actividades do plan de traballo de TRL superiores a 6 de todos o membros do consorcio interrexional deben ter aparellado máis da metade do orzamento total do proxecto.
Oitavo. Outros datos
Poderán realizarse pagamentos anticipados e a conta das subvencións recollidas nesta resolución de acordo co estipulado no artigo 62.4 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia. Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías, de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, conforme á autorización do Consello da Xunta de Galicia.
As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:
− Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.
− Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.
En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida. Ademais, suma dos pagamentos anticipados e a conta non poderá superar o 90 % da subvención total concedida.
Todos os proxectos financiados deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo al ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm), en cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
