DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49824

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento e execución de microcredenciais, no marco do compoñente 21, investimento 6, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

2.649.216,00 €

2.5.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para subvencionar o funcionamento do Centro Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2025/26.

490.096,50 €

8.5.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para subvencionar o funcionamento do Centro de Formación Profesional Rosalía Mera durante o curso escolar 2025/26.

106.925,61 €

8.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Liga Reumatolóxica Galega Loita contra o Reumatismo (Lirega).

Sen custo

8.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Autismo Ourense.

Sen custo

23.5.2025

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Sociedade de Pediatría de Galicia en materia de benestar e saúde dixital.

Sen custo

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro.

Sen custo

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Galicia Sustentable para o desenvolvemento de actividades educativas na senda litoral de Galicia.

72.000,00 €

27.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade en tres centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

32.296,32 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Amicos, Asociación para a Atención e Integración de Persoas con Discapacidade Intelectual, Autismo, Parálise-Dano Cerebral e as súas Familias para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.379,20 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Ourense.

5.126,40 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral (Aspace) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

18.455,04 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) da Provincia da Coruña (Aspanaes) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade en catro centros educativos radicados na provincia da Coruña.

68.750,72 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

38.448,00 €

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

5.126,40 €

30.5.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Lenda Educativa, Sociedade Cooperativa Galega para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

8.202,24 €

30.5.2025

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a empresa Lonza Biologics Porriño, S.L. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional especialmente nas da familia Química.

Sen custo

30.5.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Asociación Gallega de Tratamiento de Vehículos (Travega) para a utilización de vehículos fóra de uso nas prácticas do alumnado de formación profesional da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.

Sen custo

30.5.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Aceesca, Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

17.942,40 €

2.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

11.790,72 €

2.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (Asteavi).

Sen custo

2.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) para completar as axudas dos programas Grants do Consello Europeo de Investigación (ERC).

975.000,00 €

3.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para realizar prácticas académicas externas do estudantado do mestrado universitario en Lingüística Aplicada (MILA) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Sen custo

3.6.2025

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

5.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Menela para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

21.530,88 €

6.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

11.278,08 €

10.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Centro Juan María-Asociación Esperanza Valle Miñor para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

17.942,40 €

10.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

5.126,40 €

11.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para completar as axudas ao persoal investigador do programa Cofund destinado no Centro de Investigación en Nanoterapia e Biomedicina (Cinbio).

362.040,00 €

13.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Compostela para a continuidade dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia.

Sen custo

13.6.2025

Addenda cuarta ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Deputación Provincial de Pontevedra en relación coa prestación do servizo de comedor escolar ao Centro de Educación Especial Pontevedra, en Pontevedra.

23.923,00 €

16.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva e das axudas Ramón y Cajal (convocatorias do Ministerio de Ciencia e Innovación de 2023).

833.250,00 €

17.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga).

Sen custo

23.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesiona e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia para a continuidade dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia.

Sen custo

24.6.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Asociación Gallega del Hidrógeno-AGH2 para a difusión, a información e a orientación do procedemento de avaliación e recoñecemento da cualificación profesional adquirida pola experiencia laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

18.000,00 €

26.6.2025

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a inclusión no sistema da Seguridade Social do alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial no período de formación en empresa ou organismo equiparado.

1.246.733,00 €

30.6.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Carballo para a impartición de ensinanzas de formación profesional das familias de Hostalaría e Turismo e de Fabricación Mecánica.

Sen custo

2.7.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela para a difusión, a información e a orientación do procedemento de avaliación e recoñecemento da cualificación profesional adquirida pola experiencia laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

18.000,00 €

2.7.2025

Primeira addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comision Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2025/26.

488.592,00 €

4.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña (ABAC).

Sen custo

8.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello do Porriño para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional básica da familia de imaxe persoal.

Sen custo

8.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastorno Específico da Linguaxe de Galicia (Atelga).

Sen custo

9.7.2025

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para a realización da fase de prácticum do máster universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos.

Sen custo

9.7.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Cegasal para a difusión, a información e a orientación do procedemento de avaliación e recoñecemento da cualificación profesional adquirida pola experiencia laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

18.000,00 €

9.7.2025

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do proxecto Campus Vida seleccionado mediante o procedemento previsto no capítulo IV da Orde PRE/1996/2009, do 20 de xullo.

Sen custo

16.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo polo que se formaliza a colaboración para o exercicio de determinadas accións (vixilancia, disciplina, denuncia e sanción) en materia de tráfico e seguridade viaria.

Sen custo

18.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Sarria para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

42.055,20 €

21.7.2025

Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello da Laracha para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de Comercio e Márketing.

Sen custo

21.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Daniel y Nina Carasso para a implantación da Rede Planea na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen custo

21.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Mugardos para a xestión do servizo de comedor escolar en dous centros educativos do concello.

63.861,60 €

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Instituto Teolóxico Compostelán de Santiago de Compostela para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e UGT-Servizos Públicos de Galicia para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Sindicato Independiente y de Funcionarios (CSIF) para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

22.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Betanzos para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

143.971,80 €

23.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Ames para a xestión do servizo de comedor escolar en sete centros educativos do concello.

301.785,00 €

24.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Barreiros para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

14.602,50 €

24.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de charlas de concienciación do programa Navega con Rumbo.

Sen custo

24.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

24.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e ANPE Sindicato Independente de Galicia para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

24.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino) para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

24.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Lugo para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros educativos do concello.

195.478,80 €

28.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Muíños para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

22.390,50 €

29.7.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Sada para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

54.516,00 €

29.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia).

Sen custo

30.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Asertividade, Unión, Resilencia, Empatía, Grazas, Armonía (Áurega).

Sen custo

1.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Socio Cultural ASCM.

Sen custo

1.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia para a colaboración e compartición de coñecemento no marco do proxecto XenIAGalFP.

Sen custo

1.8.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Ferrol para a xestión do servizo de comedor escolar en dez centros educativos do concello.

154.202,40 €

5.8.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Santiago de Compostela para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros educativos do concello.

219.037,50 €

5.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Escola Viva para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

7.8.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento e execución de microcredenciais, no marco do compoñente 21, investimento 6, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Sen custo

11.8.2025

Addenda segunda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Cangas para a xestión do servizo de comedor escolar en catro centros educativos do concello.

105.138,00 €

14.8.2025

Addenda terceira ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Meaño para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

46.728,00 €

18.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de accións de colaboración e compartición de coñecemento no marco do programa XenIAGalFP.

Sen custo

18.8.2025

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Fundación María José Jove e a Fundación Ingada para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade.

Sen custo

26.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Federación de Ensino do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora.

Sen custo

28.8.2025