Expediente: IN407A 2022/377-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: LMTS, CT e RBT Osedo.
Concello: Sada.
Feitos:
1. O día 9.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O 13.7.2023 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación ditou resolución pola que se concedeu autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública do proxecto LMTS, CT e RBTS Osedo.
3. O 3.6.2024 a empresa promotora presenta solicitude de modificación da declaración de utilidade pública ao detectarse un erro na superficie necesaria de acceso á nova instalación eléctrica cuxa construción foi autorizada. A empresa promotora achegou, coa documentación da solicitude de modificación da declaración da utilidade pública, unha nova relación de bens e dereitos afectados.
4. O 8.5.2025 o Departamento Territorial da Coruña acorda someter a información pública a modificación da declaración de utilidade pública da instalación autorizada o 13.7.2023, que foi publicado nos seguintes medios:
– Portal da Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Innovación do 20.6.2025 ata o 5.8.2025.
– DOG do 19.6.2025.
– BOP do 14.5.2025.
– Xornal La Voz de Galicia do 26.5.2025.
– Taboleiro de anuncios do concello, segundo certificado municipal do 22.8.2025.
5. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
6. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o 8.5.2025 solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Sada sen que se recibise resposta deste organismo.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
Modificar a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica segundo os datos que constan no anexo a esta resolución.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 26 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 2022/377-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: LMTS, CT e RBT Osedo.
Concello: Sada.
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
José Manuel Riveiro Pérez |
8291806NH5989N0001SY |
Lg. Osedo |
CT |
24.93 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
