DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 2025 Páx. 50102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 29 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Valadouro (expediente IN407A 2024/25 ATE).

O 20 de agosto de 2024 a Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria ditou a resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica Novo CS derivación CT Turberas Buyo L/ Martiño no concello do Valadouro.

A beneficiaria Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con data do 16 de setembro de 2024, achega a solicitude de declaración de utilidade pública da instalación de referencia e a solicitude de declaración de prevalencia sobre o MVMC afectado pola dita instalación eléctrica.

Por isto, co obxecto de declarar a utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e, se é o caso, a prevalencia sobre o MVMC afectado, cómpre que o Departamento Territorial de Lugo, para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, someta a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Novo CS derivación CT Turberas Buyo L/ Martiño.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, polígono industrial As Gándaras, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV S. Martiño dirección CT Turberas del Buyo, con orixe no apoio proxectado tipo C-3000/16 e final no apoio existente A54229, cunha lonxitude de 3.110 metros, en condutor LA-30 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV en triplo circuíto, con orixe no PAS instalado no apoio existente A58859 e final no novo CS Turberas Buyo prefabricado, cunha lonxitude de 130 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de seccionamento Turberas Buyo prefabricado, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de alimentación a servizos auxiliares.

• Desmontaxe de 13 metros de condutor tipo LA-30, un apoio metálico e un seccionador.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que considere oportunas no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste departamento territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello do Valadouro. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/ovaladouro

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de agosto de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto
de Novo CS derivación CT Turberas Buyo L/ Martiño

Concello: O Valadouro.

Expediente: IN407A 2024/25 ATE.

Nº predio

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (nº)

Apoio sup. oc. perm. (m²)

LATA sup. afectada por voo m²

LATS sup.

ocupación

permanente m²

CT sup. oc. perm. m²

Accesos sup.

oc. temporal

1

27063A00200126

2

126

Carballo

Monte baixo

Fernando Rey Méndez/MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro MVMC (ID 1150) (CMVMC Vilacampa)

1

16

19

150

2

27063A00200125

2

125

Carballas

Monte baixo

Hros. de Antonio Díaz Díaz/MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro MVMC (ID 1150) (CMVMC Vilacampa)

59

11

510

3

27063A00200170

2

170

S. Cruces

Monte baixo

Telefónica, S.A./MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro MVMC (ID 1150) (CMVMC Vilacampa)

11

1.490