A instalación denominada LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 5 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de outubro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Meis.
As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, informándoas de que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Vigo, 27 de agosto de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón |
|||||||
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
ml sub. |
m2 sub. |
|
1 |
36028C503003010000FB |
Lantañón |
José Ramón Muñiz Saavedra Mª Beatriz Busto Martínez |
CT |
14,86 |
2,17 |
8,94 |
|
2 |
36028C503003990000FG |
Lantañón |
Dolores Núñez Cousido |
0,98 |
0,90 |
||
|
3 |
36028C503003980000FY |
Lantañón |
José Silva Janza |
1 |
1,21 |
0,86 |
1,93 |
