De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1608-2025) Resolución de inicio O.E. do 5.8.2025 |
36043A009002360000JK (Polígono 9-parcela 236) |
A Fraga-Caritel Ponte Caldelas |
Amelia Adán Vilanova |
|
Orde de execución (exp. 1610-2025) Resolución de inicio O.E. do 7.8.2025 |
36043A009001010000JP (Polígono 9-parcela 101) |
A Fraga-Caritel Ponte Caldelas |
José Amoedo |
|
Orde de execución (exp. 1627-2025) Resolución de inicio O.E. do 20.8.2025 |
36043A030003820000JZ (Polígono 30-parcela 382) |
Caritel Ponte Caldelas |
José Troiteiro Pérez |
|
Orde de execución (exp. 1619-2025) Resolución de inicio O.E. do 20.8.2025 |
36043A007002830000JM (Polígono 7-parcela 283) |
A Fraga-Caritel Ponte Caldelas |
María Cal Piñeiro |
|
Orde de execución (exp. 1735-2025) Resolución de inicio O.E. do 20.8.2025 |
36043A012007690000JQ (Polígono 12-parcela 769) |
Paradela Ponte Caldelas |
María Trinidad Corbacho Franco |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 27 de agosto de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
