A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 11.6.2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente, de conformidade co establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o Plan especial de infraestruturas e dotacións para cemiterio en Portanova-Coeses, formulado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lamablanca, Lagoa e Paramelo, na parroquia de Coeses, redactado pola arquitecta Gloria María Trigo Mayor, con suxeición ás seguintes condicións:
– A altura máxima das edificacións e construcións non excederá os 3,35 metros.
– Os cerramentos de fábrica non poderán exceder os 1,5 metros de altura.
– Deberá grafarse nos planos de ordenación a zona de aparcadoiro (mínimo: 27 prazas).
– Deberán corrixirse os planos INF-13 e INF-14 de modo que se presenten en formato horizontal e se indique que son planos de ordenación.
– Para poder obter o título habilitante municipal de natureza urbanística deberán quedar garantidos os servizos e infraestruturas nos termos e condicións sinalados nos artigos 39.a) LSG e 59.a) do RLSG e no plan especial. Estas solucións deberán ser asumidas como custo a cargo exclusivo do promotor ou promotora da actividade.
– Deberá fixarse o prazo para a execución do plan especial.
Segundo. Someter o expediente ao trámite de información pública, polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinalo e presentar as alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos.
Simultaneamente ao trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.
Terceiro. Notificarlle individualmente este acordo á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lamablanca, Lagoa e Paramelo, na parroquia de Coeses, na súa condición de única titular catastral dos terreos afectados.
Cuarto. Este acordo de aprobación inicial do plan especial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de edificación no ámbito do territorio obxecto do plan especial, consonte o disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.
Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://concellodelugo.gal/es/actuaciones/normativa-urbanistica
(+info)
Lugo, 26 de agosto de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto número 2730/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Concelleiro delegado de Urbanismo, Deportes e Xuventude
