Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 206/2025, interposto polas persoas con DNI 36120204S e 53187919M contra a Resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 14 de abril de 2025 que estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2022, expediente POL/27/2020, no sentido de sinalar o importe de 1.371,58 euros como límite da contía das multas coercitivas que se impoñan, de ser o caso; e de excluír a persoa con DNI 35934884Y da orde de reposición da legalidade ao constar o seu pasamento.Confírmanse en todo o demais a resolución impugnada, e dicir, a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, polo que se debe proceder á completa demolición da edificación residencial con soportal, alpendre e valado perimetral de peche de parcela no lugar da Roza, praia da Mourisca, Beluso, no concello de Bueu (parcela catastral L201114300NG18E0001GZ), dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no prazo de tres meses. Esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a persoa con DNI 35975910T para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
