O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Calvos (Fornelos de Montes) e Moscoso (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 26.9.2022 o presidente da CMVMC de Calvos presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Calvos (Fornelos de Montes) e a CMVMC de Moscoso (Pazos de Borbén).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Calvos (ID: 2761) da CMVMC de Calvos.
– MVMC de Moscoso (ID: 2940) da CMVMC de Moscoso.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 16.5.2022.
– Acta de conciliación do Xulgado de Paz de Fornelos de Montes do 29.11.2022.
– Certificado do 9.7.2024 do secretario da CMVMC de Calvos coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 12.6.2022.
– Certificado do 9.7.2024 do secretario da CMVMC de Moscoso coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 25.6.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 5.8.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 482 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral parcial con CSV: ASFVMD10CD4PECFV e 9HH0F18EXSP25X6Q.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.337 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Número |
X |
Y |
|
Punto 1 |
539.241,9 |
4.686.557,2 |
|
Punto 2 |
539.576,9 |
4.686.380,8 |
|
Punto 3 |
539.796,6 |
4.686.260,1 |
|
Punto 4 |
539.990,1 |
4.686.279,8 |
|
Punto 5 |
540.068,7 |
4.686.287,6 |
|
Punto 6 |
540.284,9 |
4.686.325,9 |
|
Punto 7 |
540.425,8 |
4.686.302,3 |
|
Punto 8 |
540.496,3 |
4.686.287,4 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existe de lindes entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas neste.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Moscoso presenta un axuste para pechar a liña de deslindamento co resto do esbozo. O axuste invade o esbozo orixinal do monte veciñal da CMVMC da Ermida, polo que, achegan o certificado do 13.7.2024 do secretario da CMVMC da Ermida de aprobación na Asemblea Xeral do 13.7.2024 de que o monte veciñal da CMVMC de Calvos, da CMVMC de Moscoso e da CMVMC da Ermida converxen no punto 1.
– CMVMC de Calvos presenta un axuste para pechar a liña de deslindamento co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevera, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Calvos (Fornelos de Montes) e Moscoso (Pazos de Borbén), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
