DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50583

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2025, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante a Resolución conxunta do 15 de maio de 2025 (DOG núm. 104, do 3 de xuño), convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar deserta a categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria).

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «A nosa imaxinación é a única arma contra a realidade», realizado polo Colexio Rial Mouzo, S.L.

Terceiro. Declarar deserta a categoria C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas).

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén Castro
Director xeral do Instituto Galego de Consumo e da Competencia