No Diario Oficial de Galicia número 46, do 7 de marzo de 2025, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 25 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221A).
De conformidade co artigo 13 da antedita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 12.
Así mesmo, e de conformidade co previsto no artigo 15 da orde da convocatoria e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento deben ser obxecto de publicación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 11 de setembro a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de setembro de 2025, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 25 de febreiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221A), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 11 de setembro de 2025, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 11 de setembro de 2025 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT221A)
Antecedentes de feito:
1. O día 7 de marzo de 2025 publicouse no DOG núm. 46, a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, código de procedemento CT221A.
2. A finalidade da dita orde é subvencionar os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro, de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros, estadías creativas e eventos de similar natureza.
3. Unha vez que o órgano instrutor comprobou que o crédito dispoñible era insuficiente para atender o elevado número de solicitudes que cumprían os requisitos establecidos nas bases reguladoras da Orde do 25 de febreiro de 2025, procedeuse á ampliación do crédito e a súa publicación no DOG núm. 163, do 27 de agosto, mediante a Orde do 19 de agosto de 2025 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro (código de procedemento CT221A).
4. Finalmente, procedeuse a repartición económica do orzamento total, tendo en conta que todo o proceso se desenvolveu de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.
Fundamentos xurídicos:
1. De acordo co disposto no artigo 2.3 da orde de convocatoria, o procedemento para a concesión das subvencións tramitouse en réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Pola súa parte, o artigo 12.1 da dita orde atribúe á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do procedemento de concesión das subvencións.
2. O artigo 3 recolle os requisitos para poder ser beneficiarios das subvencións, referidos a que as persoas físicas –sexan autónomas ou non– ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras, deberán acreditar esta condición ademais do desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ter publicada obra en Galicia, polo menos unha obra, nos cinco anos anteriores á publicación da orde de convocatoria, e finalmente, terse inscrito, asistido ou participado nas ditas actividades no prazo establecido na orde que regula as bases e a convocatoria.
3. O orzamento das axudas, segundo o disposto no artigo 4 da dita orde, era de 30.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. Ante a insuficiencia do crédito dispoñible procedeuse a súa ampliación por importe de 28.900,00 €, facendo un total de 58.900,00 €, cantidade suficiente para poder atender a totalidade das solicitudes recibidas que cumpren os requisitos para poder ser beneficiarios.
Ademais, o dito artigo establece no punto 2 como gastos obxecto de subvención o aloxamento e o transporte, cun importe da subvención variable segundo o ámbito xeográfico de destino:
• España, agás a Comunidade Autónoma galega: 500,00 €.
• Resto de Europa ou países ribeiregos do Mediterráneo: 900,00 €.
• Resto do mundo: 1.600,00 €.
4. De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, rematada a tramitación do expediente, a proposta de concesión formularaa ao órgano concedente directamente o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos para conceder a subvención. Feita esta comprobación, a concesión das axudas efectuarase tendo en conta a data de presentación de cada unha das solicitudes, segundo o disposto no artigo 2.4 da orde de convocatoria, e asignaráselle a cantidade correspondente ao ámbito xeográfico para o que se solicita a actividade, segundo o disposto no artigo 12.2 da dita orde. Tamén hai que ter en conta que só se pode recibir axuda para a asistencia ata un máximo de dúas actividades por solicitante. Non obstante, as empresas editoras poderán designar un máximo de dúas persoas do seu cadro de persoal para que asistan a un evento cada unha, un único traballador para que asista a un máximo de dous eventos ou a dous traballadores para que asistan ao mesmo evento.
5. Unha vez realizada a repartición do orzamento, o artigo 13 sinala que a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo de quince (15) días desde a elevación da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro.
6. Tendo en conta todo o anteriormente exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e conceder as axudas aos beneficiarios que se relacionan no anexo I, cos importes correspondentes a cada un.
Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que os beneficiarios a acepten.
Terceiro. Non conceder as axudas aos solicitantes que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos previstos na orde e que figuran no anexo II.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 25.2.2025, DOG núm. 46, do 7 de marzo). Anxo Manuel Lorenzo Suárez. Director xeral de Cultura.
ANEXO I
|
Beneficiario/a |
Ámbito xeográfico e importe |
Importe total |
|
María Jesús Rojo Otero |
Italia-900,00 € Vitoria-Gasteiz-500,00 € |
1.400,00 € |
|
Edicións Embora, S.L. |
Italia-900,00 € Alemaña-900,00 € |
1.800,00 € |
|
Fausto Deseño Asociados |
Italia-900,00 € Polonia-900,00 € |
1.800,00 € |
|
Ricardo Rozas Abella |
Arxentina-1.600,00 € |
1.600,00 € |
|
Francisco Javier Alcalá Navarro |
Arxentina-1.600,00 € |
1.600,00 € |
|
Roberto Carlos López Cagiao |
Madrid-500,00 € Murcia-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Rodrigo Costoya Santos |
Madrid-500,00 € La Orotava-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Sarai Lorenzo Broullón |
Reino Unido-900,00 € Suíza-900,00 € |
1.800,00 € |
|
Mónica Prego Franqueira |
Madrid-500,00 € Arxentina-1.600,00 € |
2.100,00 € |
|
María Obdulia Luis Gamallo |
Francia-900,00 € |
900,00 € |
|
Javier Fernández Pérez de Lis |
Granada-500,00 € |
500,00 € |
|
Augusto Martínez Zamudio |
México-1.600,00 € |
1.600,00 € |
|
Baia Edicións A Coruña |
Italia-900,00 € Italia-900,00 € |
1.800,00 € |
|
Editorial Galaxia |
Arxentina-1.600,00 € |
1.600,00 € |
|
Edicións Laiovento |
Madrid-500,00 € México-1.600,00 € |
2.100,00 € |
|
Paula Lago Pereira |
Valencia-500,00 € Bilbao-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Patasdepeixe editora |
Italia-900,00 € Estados Unidos-1.600,00 € |
2.500,00 € |
|
Blanca Mª Riestra Rodríguez Losada |
Madrid-500,00 € |
500,00 € |
|
Elena Andrés Rodríguez |
Barcelona-500,00 € |
500,00 € |
|
Manuel Pena Villar |
Barcelona-500,00 € Italia-900,00 € |
1.400,00 € |
|
Santiago Gutiérrez Gómez |
Barcelona-500,00 € Italia-900,00 € |
1.400,00 € |
|
Alvarellos Editora, S.L |
Madrid-500,00 € |
500,00 € |
|
Carlos Ignacio Labraña Barrero |
Portugal-900,00 € Madrid-500,00 € |
1.400,00 € |
|
Carmen Marina Vidal Valiña |
Alemaña-900,00 € Austria-900,00 € |
1.800,00 € |
|
Francisca Raquel Castro Martínez |
Portugal-900,00 € |
900,00 € |
|
Kalandraka Editora |
Alemaña-900,00 € México-1.600,00 € |
2.500,00 € |
|
Kenia Quintáns Portas |
Barakaldo-500,00 € Bilbao-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Luis Sendón Cedrón |
Barcelona-500,00 € Italia-900,00 € |
1.400,00 € |
|
Nuria Díaz Berride |
Madrid-500,00 € |
500,00 € |
|
Creotz Ediciones, S.L. |
Alemaña-900,00 € México-1.600,00 € |
2.500,00 € |
|
Eva María Agra García |
Vitoria-Gasteiz-500,00 € Málaga-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Bunker Books, S.L. |
Barcelona-500,00 € Granada-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Ana Lorenzo Fontenla |
Arxentina-1.600,00 € Arxentina-1.600,00 € |
3.200,00 € |
|
Celina María Fernández González |
Arxentina-1.600,00 € Arxentina-1.600,00 € |
3.200,00 € |
|
María Estíbaliz Espinosa Río |
Barcelona-500,00 € Huelva-500,00 € |
1.000,00 € |
|
Ediciones del Viento, S.L. |
Barcelona-500,00 € |
500,00 € |
|
Uxía Larrosa Villanueva |
Xapón-1.600,00 € Grecia-900,00 € |
2.500,00 € |
|
Siqi Luis Yang |
Xapón-1.600,00 € Valencia-500,00 € |
2.100,00 € |
|
Hércules Ediciones |
Madrid-500,00 € 2 persoas |
1.000,00 € |
ANEXO II
|
Solicitante |
Ámbito xeográfico |
Motivo de non concesión |
Normativa |
|
María Blanca Vilela Fernández |
México Córdoba |
Desistencia |
Non contesta o requirimento de acordo co disposto no artigo 11 da Orde do 25 de febreiro de 2025 (DOG núm.46, do 7 de marzo) |
|
Marta Seoane Pazos |
Valencia Granada |
Denegación |
Incumpre o disposto no artigo 1 e 3.1.c) da Orde do 25 de febreiro de 2025 (DOG núm. 46, do 7 de marzo) |
|
Javier Peleteiro Nieto |
Barcelona Madrid |
Denegación |
Incumpre o disposto no artigo 1 e 3.1.b) e 3.1.c) da Orde do 25 de febreiro de 2025 (DOG núm. 46, do 7 de marzo) |
