DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51086

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda e Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.631.667,00

27.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Asociación Galega de Xogadores Anónimos (Agaja) para o apoio de accións en materia de xogo responsable, durante o ano 2025.

7.000,00

5.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Asociación Galega de Ludópatas en rehabilitación (Agalure) para o apoio de accións en materia de xogo responsable, durante o ano 2025.

7.000,00

5.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para as actividades editoriais da Revista Galega de Economía no ano 2025.

15.000,00

11.6.2025