En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 7 de xullo de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal, nos concellos de San Amaro e Cenlle, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 10 de xullo de 2023 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Rosa María Bello Vázquez e outra persoa, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Barazal.
Segundo. Con data do 9 de setembro de 2024, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Barazal.
Superficie: 36,53 ha.
Pertenza: veciños/as de Navío (San Fiz).
Parroquia: Navío (San Fiz) e (unha parte residual de) Osmo (San Fiz).
Concello: San Amaro e (unha parte residual de) Cenlle.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados pola estrada correspondente á R.C. 32075A09709002 (estrada provincial OU-0301, San Clodio-Cenlle) e mais polo camiño correspondente á R.C. 32075A09709011.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32026A00400121 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32026A00400123 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32075A09700103 32075A09700111 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32075A09700112 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32075A09700233 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32075A09700234 32075A09700247 32075A09709012 (parte situada no T.M. de San Amaro) 32075A09709013 |
norte |
32075A09709010 32075A09700104 32075A09700105 32075A09700107 32075A09700109 32075A09700110 32075A09700170 32075A09700171 32075A09700172 32075A09700240 32075A09700191 32075A09700193 32075A09700209 32075A09700210 32075A09700239 32075A09700208 32075A09700205 32075A09700219 32075A09700220 32075A09700221 |
|
leste |
32075A09700223 32075A09700227 32075A09700229 32075A09709001 32075A09700242 32075A09700245 32075A09700244 32075A09700246 32075A09709008 |
|
|
sur |
32026A00409008 32075A09709002 32026A00400121 (parte situada no T.M. de Cenlle) 32075A09700233 (parte situada no T.M. de Cenlle) |
|
|
oeste |
32075A09700112 (parte situada no T.M. de Cenlle) 32075A09709011 32026A00400123 (parte situada no T.M. de Cenlle) 2075A09709012 (parte situada no T.M. de Cenlle) 32075A09700111 (parte situada no T.M. de Cenlle) |
|
A práctica totalidade dos terreos solicitados están poboados por unha masa adulta continua de piñeiro do país procedente de rexenarado, predominando o latizal baixo e mais o fustal dentro das clases de idades observadas. Cómpre salientar, ademais, a evidencia dunha mínima xestión forestal, demostrada na presenza xeralizada, dentro da masa situada ladeira arriba da estrada OU-0301 (é dicir, nas R.C. 32026A00400121, 32075A09700111, 32075A09700112 e 32075A09700233), de rúas aperturadas mecanizadamente, ademais de na existencia dunhas 2 ha de piñeiral procedente de repoboación (situadas entre as R.C. 32075A09700111 e 32075A09700112).
Por outra parte, cómpre sinalar que aproximadamente a metade N da R.C. 32075A09700247 parece formar parte dun recinto pechado perimetralmente con postes e arame, dotado cun portalón metálico de acceso, e no que estaría integrada ademais a parcela (non incluída nos terreos propostos) coa R.C. 32075A09700242. O dito recinto atópase a raso e aparentemente destinado ao almacenamento ao aire libre de material diverso sen determinar.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Barazal, nos concellos de San Amaro e Cenlle, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 10 de setembro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
